Manuel Díaz y Díaz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazón externa movida a control de autoridades
Liña 6:
 
== Traxectoria ==
Licenciado en [[Filoloxía Clásica]] pola Universidade de Madrid en [[1945]]. Doutorado [[1949]], obtivo praza de catedrático de instituto e, despois, de catedrático de [[Filoloxía Latina]] nas Universidades de [[Valencia]] (1953-1956), [[Universidade de Salamanca|Salamanca]] (1956-1968) e finalmente na [[Universidade de Santiago de Compostela]] dende [[1968]]. Entre 1971 e 1974 foi director do Colexio Universitario de Lugo. Membro da sección de Patrimonio Histórico do [[Consello da Cultura Galega]] polo [[Instituto de Estudos Xacobeos]] dende 1991, investigou sobre todo o [[latín medieval]]. Era especialista en lingua e literatura latinas e en numerosos aspectos do mundo medieval (literatura, [[Cristianismo]], [[Codicoloxía]] o [[Paleografía]], entre outros). Casou con Joaquina de Bustamante e tivo cinco fillos, entre eles o filólogo [[José Manuel Díaz de Bustamante]].
 
Os seus traballos abarcan todas as materias relacionadas coa Idade Media española: desde o estudo da cultura libresca visigoda, ata os inicios da cronística do Reino de Asturias. Foi mestre e mentor de toda unha xeración de historiadores e filólogos. Entre os seus discípulos figuran [[Santiago Jiménez]], [[Fernando López Alsina]] e [[Mercedes Brea]].