Pazo de Lóngora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Vilachan (conversa | contribucións)
m →‎Historia: Pequena corrección toponímica
Liña 25:
 
== Historia ==
A historia do pazo de Lóngora remóntase a finais do [[século XVIII]], cando o adiñeirado comerciante de orixe [[A Rioxa|rioxana]], Marcial Francisco del Adalid, mandou levantar na parroquia de Santa[[Liáns, EulaliaOleiros|Santaia de Liáns]] un pazo para convertelo na súa segunda residencia, pasando a ser ocupado con posterioridade polos seus fillos. Pero, sen dúbida, o inquilino máis ilustre da familia foi o seu neto Marcial del Adalid.<ref name=HP/>
 
[[Ficheiro:Marcialdeladalid-y-esposa (cropped).jpg|miniatura|160px|esquerda|[[Fanny Garrido]] e [[Marcial del Adalid]].]]
Liña 40:
Sería no ano [[1962]], da man dun empresario e comerciante [[A Coruña|coruñés]] natural da localidade [[Ponteceso|pontecesá]] de [[Corme Porto, Ponteceso|Corme]], cando Lóngora volveu a recuperar parte do esplendor e a riqueza característicos dos seus inicios. Aurelio Ruenes Blanco, concelleiro coruñés e promotor do polígono de [[Pocomaco]], devolveríalle o encanto señorial coa realización de numerosas obras de restauración, sobre todo no tellado, o cruceiro, as murallas e os xardíns. Pero logo do seu falecemento e o da súa muller, o pazo caerá no esquecemento, até que o consistorio oleirense comece os trámites para a súa conservación como elemento patrimonial e de uso público.<ref name=HP/>
 
Na década de [[1980]], a familia Mateo de Arenaza vende a propiedade a uns empresarios de [[Lugo]], que no ano [[1989]] deciden formalizar un convenio urbanístico co concello de Oleiros mediante o que o consistorio pasou a adquirir a titularidade da zona nobre da propiedade (casa, cortes para o gando e xardíns), procedendo a súa recuperación. O ano [[1994]] o goberno local adquiriu, mediante un convenio urbanístico, un terreo limítrofe ao parque da [[Liáns, Oleiros|Igrexaigrexa de Santa EulaliaSantaia de Liáns]], a horta amurallada e a casa de Lóngora, co ánimo de preservar o patrimonio municipal destinándoo a fins educativos e culturais. Importantes obras de rehabilitación, mediante as que se pretendeu unha harmonía dos espazos respectuosa coa elegancia do edificio e a beleza dos seus xardíns deron paso a un uso municipal e público de gran transcendencia social: o centro de día de atención á terceira idade. O consistorio acometeu diversas obras no seu interior para unha mellor adaptación ás novas necesidades, coa finalidade de convertelo en residencia permanente para os maiores. O centro, xestionado directa e integramente polo concello de Oleiros até o ano [[2006]], púxose a disposición da [[Xunta de Galicia]] en para a súa xestión e financiamento.<ref name=HP/>
 
O seguinte paso na historia de Lóngora produciuse cando o concello de Oleiros, titular da propiedade, ofreceu o uso da horta e a casa, co seu xardín, á [[Universidade da Coruña]] para que instalara alí o Instituto Universitario de Medio Ambiente, coa condición de dedicalo a dita actividade durante un prazo mínimo de 30 anos e co compromiso firme de asumir a restauración do edificio e da zona amurallada, respectando os valores da antiga edificación.<ref name=HP>[http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=0991e96d-b2f2-40c1-be67-719e135a68d5&groupId=12702 A Herdanzado Pobo. Concello de Oleiros. Pazo de Lóngora]. Consultada o 8 de setembro de 2018.</ref>