Rally da Coruña de 1992: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
 
== Resumo ==
Dos 74 pilotos que tomaron a saída na [[praza de María Pita]], 42 conseguiron completar o rally. O peruano Ramón Ferreyros colocouse líder no primeiro treito e foi o máis rápido en catro dos seis primeiros tramos, ata que rompeu o motor na segunda pasada por [[Aranga]].<ref name=":1">{{Cita novas|data=6 de setembro de 1992|título=Ferreyros dejó en cabeza a Rial|url=|data-acceso=11 de maio de 2020|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=56|apelidos=Arévalo|nome=Fernando}}</ref> O noiés [[Arturo Rial]] púxose entón en cabeza e mantívose así ata o primeiro paso por [[Soandres, A Laracha|Soandres]], na sección nocturna, onde tivo que abandonar ao romper un [[palier]] do seu [[Citroën AX|Citroën AX Sport]]. A súa praza foi ocupada temporalmente polo ponferradino [[Antonio Garrido (piloto)|Antonio Garrido]], cunha escaso marxe sobre [[Germán Castrillón]]. Os dous pilotos repartíronse os restantes treitos ([[Meirama, Cerceda|Meirama]], [[Monte Xalo|Xalo]] e Soandres) e chegaron ao decisivo treito final con Castrillón liderando por só catro segundos. Os 10,2 km da terceira pasada por Soandres decidiron a carreira a favor de Castrillón, que marcou o mellor tempo e rematou o rally con 13 segundos sobre Aguirre. O coruñés [[Roberto Blach]], cun [[Peugeot 309|Peugeot 309 GTI]], subiu ao terceiro caixón do podio.<ref name=":0" />
 
Igual que Rial, [[Manolo Senra]] viuse obrigado a abandonar pola rotura dun palier, no segundo paso polo treito de [[Doroña, Vilarmaior|Doroña]], aínda que xa na primeira pasada tivera unha saída de pista que o apartara dos primeiros postos. Tamén en Doroña tiveron que abandonar [[Ricardo Vidal]] e [[Miguel Dopico]].<ref name=":1" />