Real Club Celta de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
desambiguación
Liña 219:
Na primeira delas, sexto clasificado, o ascenso escapouse finalmente por un só punto: campión o [[Real Madrid B|Castela]] da ''Quinta del Buitre'' e subcampión o [[Bilbao Athletic]] do pichihi [[Julio Salinas]], ambos os filiais do [[Real Madrid]] e o [[Athletic Club]], respectivamente, e imposibilitados para o ascenso, polo que subiron o 3º, 4º e 5º clasificados, [[Hércules Club de Fútbol|Hércules CF]], [[Racing de Santander]] e [[Elche CF]], con 3, 2 e 1 puntos máis que os vigueses.
[[Ficheiro:Gilberto Yearwood.JPG|miniatura|150px|[[Gilberto Yearwood|Gilberto]].]]
Na tempada seguinte, o equipo adestrado por [[Félix Carnero]], xogador fundamental nos [[1970|anos 1970]] e Director Técnico imprescindíbel do gran Celta do [[século XXI]], logrou o seu obxectivo nunha liga que puido malograrse polos convulsos acontecementos das primeiras xornadas, cando unha folga de xogadores a nivel estatal obrigou aos clubs a aliñar a xogadores xuvenís durante primeiras xornadas. Superadas todas as dificultades, aquel Celta de Félix, comandado por [[Javier Maté]], [[José Lemos Rodríguez|Lemos]], [[Atilano Vecino Escuadra|Atilano]], [[José Manuel Alvelo|Alvelo]], [[José Antonio Cortés Carretero|Cortés]], [[Pichi Lucas]] e a solvencia do ''libero'' mundialista [[Honduras|hondureño]] [[Gilberto Yearwood|Gilberto]], recuperou unha vez máis a praza na máxima categoría.
 
A tempada [[Primeira división española 1985/86|1985-86]] supuxo un novo fracaso. A contratación do brasileiro [[Baltazar Maria de Morais Júnior|Baltazar]] non foi suficiente para fortalecer un equipo gafado, que empezou a fraguar a súa desgraza no encontro inaugural do campionato; a pesar de arrincar un valioso empate a domicilio fronte á [[Real Sociedad]] dos [[Luis Miguel Arconada|Arconada]], [[Jesús María Satrústegui|Satrústegui]], [[Jesús María Zamora|Zamora]] ou [[Roberto López Ufarte|López Ufarte]], en [[Estadio de Atotxa|Atotxa]] caeu lesionado de gravidade o porteiro céltico [[Javier Maté]], unha das grandes estrelas do equipo, que dixo adeus á tempada. Aquela lesión coincidiu co servizo militar do seu substituto, a gran promesa navarra [[Patxi Villanueva]], polo que a responsabilidade de cubrir a portería celeste recaeu no terceiro porteiro do equipo, [[Chuco]]. Durante bastantes encontros da primeira volta o centrocampista Vicente tivo que ser o designado para aliñarse no acta como porteiro suplente. Cando se reabriu o mercado de fichaxes, o Celta fíxose cos servizos do galego [[Carlos Santiago Pereira|Pereira]], procedente do [[Atlético de Madrid]], pero o seu concurso non puido contrarrestar a dinámica negativa, e o descenso consumouse con moitas xornadas de anticipación. Nesta tempada comezou a relación con [[Citroën]] como principal empresa patrocinadora do club, debido á relación da empresa automobilística coa cidade a través da súa [[Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën|fábrica de Vigo]].