Diferenzas entre revisións de «Wii»

sen resumo de edición
(Algunhas palabriñas)
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
{{Sen referencias|data=maio de 2020}}
{{desactualizado}}
[[Ficheiro:Wii Wiimotea.png|miniatura|200px|dereita|Wii]]
'''Wii (ウィー)''' é unha [[videoconsola]] de sétima xeración de [[Nintendo]], quelanzada en [[2006]] e descontinuada en [[2014]]. Wii é a sucesora de [[Nintendo GameCube]]. Cómpre destacar que Wii foi a primeira consola de sobremesa de Nintendo que non levou a palabra "Nintendo" no nome senón que se chamou unicamente Wii. Foi desenvolvida en colaboración entre [[IBM]] e ATI. A Wii é a sucesora da [[Nintendo GameCube]] e compite na actualidade contra a [[Playstation 3]] de [[Sony]] e a [[Xbox 360]] de [[Microsoft]] como parte das videoconsolas de sétima xeración.
 
A videoconsola foi concibida no ano [[2001]], xunto ao comezo da venda ao público da Nintendo GameCube. Acorde a unha entrevista con [[Shigeru Miyamoto]], o concepto centrábase nunha nova forma de interacción co videoxogo.
Dous anos máis tarde, enxeñeiros e deseñadores reuníronse para desenvolver o concepto en profundidade. Para o ano [[2005]], o controlador tomara forma, para presentarse no público na E3 dese ano, mais foi retirado por problemas técnicos. Miyamoto mencionou que "na Revolución (así era como se chamaba daquela )había que facerlle algúns axustes. Así que decidimos non relevar o controlador e mostrar soamente a consola". O propio presidente de Nintendo, [[Satoru Iwata]], mostrou ao mundo o ''Control Remoto Wii'' na Tokio Game Show de setembro.
 
A [[Nintendo DS]] serveuserviu de guía para o deseño da ''Wii''. O deseñador Kenichiro Ashida sinalou que "tivemos a DS nas nosas mentes mentres traballábamos en Wii. Pensamos en copiar a pantalla táctil da DS e mesmo chegamos a deseñar un prototipo". A idea foi finalmente rexeitada, coa idea de que os dous sistemas de xogo serían idénticos".
 
Nintendo atribuíu o éxito da Wii a ideas presentadas no libro de estratexia de negocios ''Blue Ocean Strategy''. Dentro do contexto de análise de Blue Ocean Strategy, os factores chave da Wii reflíctense en seis puntos que están descritos no libro. Aínda que Nintendo non revelou publicamente os factores utilizados, crese que incluíron "prezo", "xogar no filme", "gráficos", "físico", "divertido", "librería de xogos" e "variña máxica".
 
=== Lanzamento ===
[[Ficheiro:Wii Blockbuster Display.jpg|miniatura|220px|Caixas de Wii expostas nunha tenda.]]
As datas oficiais de lanzamento déronse a coñecer o [[14 de setembro]] de [[2006]] no [[sitio web]] de Nintendo; así como o seu prezo e os vinte e sete títulos dispoñibles que acompañarían á consola á súa estrea.
 
=== Demografía ===
 
[[Nintendo]] espera orientar a súa consola cara a unha maior audiencia cá dos seus competidores nesta xeración. Nunha conferencia de prensa sobre o futuro xogo de [[Nintendo DS]], [[Dragon Quest IX]], [[Satoru Iwata]] insistiu en que "non estamos pensando en loitar contra [[Sony]], senón nas persoas ás que podemos chegar para que xoguen. Non estamos pensando en novos sistemas portátisportátiles, consolas, e así sucesivamente, senón que queremos que a xente xogue a xogos novos".
 
== Hardware ==
A consola pesa 1,2 kg, o que fai dela a máis lixeira das 3 principais consolas da sétima xeración. A consola pode ser colocada ou en posición vertical ou en horizontal. O prefixo para o esquema de numeración do sistema e as súas partes e accesorios é "RVL-", xa que o nome en chave do proxecto era "Revolution". Wii ten un detalle que se repite no deseño da consola, nas tarxetas SD, na fonte de alimentación e todos os enchufes teñen unha das súas esquinas recortada.
 
A parte frontal da consola conta cunha fenda de iluminación incorporada que acepta discos tanto Wii Optical de 12 cm como G.O.D. A luz azul na fenda do disco ilumínase brevemente cando a consola está acendida e escintila cando recibe datos a través de [[WiiConnect24]]. Despois da actualización do [[firmware]] 3.0, a fenda de luz do disco actívase cada vez cun disco insírese o expúlsase. Cando non hai información de WiiConnect24, a luz permanece apagada. A fenda de luz sempre aparece apagada cando se está xogando a un xogo ou cando se utilizan outras funcións. Os dous portos USB atópanse na parte posterior. A fenda para tarxetas SD agóchase detrás dunha tapa na parte frontal da Wii. As tarxetas SD poden ser utilizadas para subir fotografías, así como copias de seguridade dos datos gardados dos xogos e descarregardescargar xogos da Consola Virtual. Ao utilizar a fenda SD para transferir os xogos gardados, débese instalar unha actualización. Ben a poder descarregardescargar dende as opcións do menú de inicio de Wii, a través de Internet, ou mediante a inserción dun disco de xogo que teña unha actualización do firmware. A Consola Virtual é un sistema dixital de descargas cuxos xogos non poden ser usados en ningún outro sistema a excepción do sistema de orixe. As tarxetas SD tamén poden ser utilizadas para engadir música personalizada a un xogo, sempre que esta tarxeta teña ficheiros en formato .mp3. Esta utilidade aparecía en xogos como [[Excite Truk]], ademais de poder utilizarse como música de fondo para a presentación de diapositivas do Canal Fotos.
 
Nintendo mostrou a Wii e o Control Remoto Wii en branco, negro, prata, verde lima e vermello, mais só está dispoñible en branco. [[Shigeru Miyamoto]] afirmou que as outras cores estarían dispoñibles ao público en canto se superen as dificultades no abastecemento de consolas. En Europa lánzase a consola en cor negra o 20 de novembro de 2009. O día 7 de novembro de 2010 foi lanzada a varios mercados en edición limitada en cor "vermella Mario" para celebrar o 25 aniversario de dito personaxe que inclúe un novo Wiimote Plus, que, ao igual que o resto de accesorios, son de cor vermella, así como o xogo de New Super Mario Bros Wii.
 
=== Wii Remote ===
[[Ficheiro:Wii_Remote_Image.jpg|miniatura|250px|Control Remoto Wii ou Mando de Wii]]
Wii Remote é o mando principal da Wii. Utiliza unha combinación de acelerómetros incorporados na detección por sinais en bluetooth e sentido a súa posición no espazo 3D, en referencia aos IREDs (LEDs infravermellos) da Barra de Sensores. Este deseño permite aos usuarios controlar o xogo mediante xestos físicos tradicionais, así como premer un botón. O controlador conéctase á consola mediante Bluetooth, pode vibrar, e ten un altofalante interno. O Control Remoto Wii pode conectarse a outros dispositivos a través dun porto propietario na base do controlador. O dispositivo que vén inclusive co paquete da consola Wii polo miúdo é o Nunchuk, o cal conta cun acelerómetro e un tradicional control analóxico con dous botóns de activación. Ademais, dispón dunha correa de pulso para impedir que o xogador tire accidentalmente o Control Remoto Wii. Debido a que a correa orixinal provocou varios incidentes de roturas, Nintendo está ofrecendo unha correa gratis de substitución máis forte. Nintendo tamén ofreceu ao Control Remoto Wii unha correa para proporcionar protección e agarre extra, esta correa foise perfeccionando debido a que algúns usuarios experimentaron o desprendemento desta por un uso excesivo ou incorrecto.
 
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
{{Commons|Category:Wii}}
=== Outros artigos ===
* [[Nintendo 64]].
* [[Nintendo 64]].
* [[Gamecube]].
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.gamesforwii.net Wii Games]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Consolas de videoxogos]]
[[Categoría:Nintendo]]
204.110

edicións