Francisco de Goya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 106:
Pódense distinguir dous grupos de encargas cuxo tema é a representación de diversións populares, xeralmente de lecer campestre, como correspondía á situación do Palacio. É por isto, polo que se insiste en localizar as escenas na ribeira do Manzanares. Os executados entre 1776 e 1778, destinados ó comedor dos Príncipes no Palacio de ''El Pardo'', e os realizados en 1778 e 1780 para o dormitorio do devandito palacio.
 
[[Ficheiro:El Quitasol (Goya).jpg|220px|miniatura|esquerda|''[[O parasol]]'', 1777.]]
 
O primeiro grupo comeza co' ''[[A merenda nas beiras do Manzanares]]'' entregado en outubro de 1776 e inspirado no sainete homónimo de [[Ramón de la Cruz]]. Ségueno ''[[Paseo por Andalucía]]'' (tamén coñecido coma ''A bela e máis os embozados''), ''[[Baile nas beiras do Manzanares]]'' e, se cadra a súa obra máis lograda desta serie, ''[[O parasol]]'', un cadro que logra un magnífico equilibrio entre a composición de raizame neoclásica en pirámide e os efectos cromáticos propios da pintura galante.