Ediciós do Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Ediciós do Castro nace en 1963 como parte do conxunto de proxectos do Laboratorio de Formas. Esta editorial foi creada como canle para reconstruír a memoria e rexenerar a [[Identidade Galega|identidade galega]]. Supón un medio de edición escrita no que plasmar o ideario do Laboratorio de Formas, os documentos da [[memoria histórica]] e difundir con ela traballos que seguramente doutro xeito non se verían publicados dada a situación política nos anos 60. O grupo de escritores que conforman o catálogo de Ediciós do Castro son autores que xa están asentados no mundo da creación literaria, integrantes ou colaboradores do [[Seminario de Estudos Galegos]] e da revista [[revistaNós (revista)|Nós]], escritores que están a comezar a súa carreira, autores que escriben dende o [[Exilio galego de 1936|exilio]] e [[Franquismo|antifranquistas]] estabelecidos na península. Os máis destacábeis son [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Manuel Curros Enríquez|Curros]], [[Ramón Cabanillas|Cabanillas]] e [[Eduardo Pondal|Pondal]] entre outros.
 
Para levar a cabo esta nova dimensión editorial crean o [[Laboratorio de Industria e Comunicación]] que funcionaba como unha galería dos produtos de [[Cerámica de Sargadelos|Sargadelos]] e integran a imprenta [[Moret]] da Coruña que se encargaba da impresión das publicacións de Ediciós do Castro.
Liña 14:
 
*'''Narrativa''': podemos distinguir unha narrativa dirixida a adultos, en que cabe destacar obras como ''[[Cousas]]'' de Castelao, ''[[Memorias dun neno labrego|Memorias dun Neno Labrego]]'' de [[Xosé Neira Vilas]] e unha narrativa infantil e xuvenil, da que este último autor pode considerarse un impulsor, con obras como ''Cartas a Lelo'' e ''Cabaliño do Buxo''. Nas obras de narrativa abunda a crítica da sociedade do momento e a caracterización de Galicia e o [[pobo galego]].
*'''Ensaio''': os temas de referencia no período de 1963-1978 son o impulso da cultura e a lingua galega (''Catón Galego'' de [[Xosé Ramón Fernandez Fernández-Oxea]] e ''A Vontade de Estilo na Fala Popular'' de [[Rafael Dieste]] son algúns exemplos disto) e a recuperación da memoria histórica, que é un dos principais puntos da súa liña editorial. Tamén teñen cabida os ensaios sobre arte, ''A pintura como comunicación'' de [[Domingo García-Sabell]] e os que amparan o [[Feminismo|movemento feminista]], dos cales un exemplo sería ''A muller en Galicia. A muller na sociedade galega'' de [[María Xosé Queizán]].
*'''Arte''': neste xénero encontramos obras relacionadas coa pintura, tanto de carácter didáctico -como ''Procesos abstractivos da arte contemporánea'' de [[Tomás Barros]]- como de carácter puramente artístico, nos que están presentes a [[xilografía]] e os [[gravado]]s. Desta segunda categoría podemos destacar [[''O Toro Jubilo'']] e [[''O Meco'']], ambas as dúas de [[Luís Seoane]], que tamén contribúen á crítica social.
 
Están presentes tamén, aínda que gozan de menor protagonismo, as obras dramáticas, entre as que podemos destacar ''Farsas Para Títeres'' de [[Eduardo Blanco Amor]] e ''Os Irmandiños'' de [[Daniel Cortezón]], que xorde da súa propia iniciativa por cubrir o déficit do teatro histórico en galego; as obras historiográficas como ''Bajo las Luces de la Ilustración'' e ''El Alba Flor de Lis''. ''Galicia en los Reinados de Felipe V, Luis I y Fernando VI'' de [[Emilio González López]]; e, por último, as obras etnográficas como ''Ribadeo Antigo'' de [[Francisco Lanza Álvarez]] e ''Mariscos de Galicia'' de [[Luís Villaverde]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
{{Refempeza}}
* {{Cita publicación periódica |ligazónautor=Charo Portela Yáñez |apelidos=Portela |nome=M.ª Rosario |título=A recuperación da memoria histórica: Guerra Civil, represión e exilio en Ediciós do Castro |revista=[[Madrygal. Revista de estudios gallegos|Madrygal]] |ano=2015 |número=18, Núm. Especial |páxinas=509-516 |issn=1138-9664 |doi=10.5209/rev_MADR.2015.v18.48573 |ref=harv }}
{{Reftermina}}
=== Outros artigos ===
* [[Distribución editorial galega]]
* ''[[Diciopedia do século 21]]''
* ''[[Madrygal. Revista de estudios gallegos]]''
 
=== Ligazóns externas ===