Diferenzas entre revisións de «Reinado de Isabel II de España»

m
Desfixéronse as edicións de 81.33.236.136 (conversa); cambiado á última versión feita por Sobreira
(tr)
m (Desfixéronse as edicións de 81.33.236.136 (conversa); cambiado á última versión feita por Sobreira)
Etiqueta: Reversión
 
|notas = <sup>1</sup>Entre 1833 e 1843, dada a [[minoría de idade de Isabel II]], a [[Rexencia do Reino de España|Rexencia do Reino]] foi asumida por [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias]] ([[Rexencia de María Cristina de Borbón|1833-1840]]) e polo xeneral [[Baldomero Espartero]] ([[Rexencia de Espartero|1840-1843]]).
}}
[[Ficheiro:Portrait of Isabella II of Spain.png|miniatura|dereita|250px|Isabel II de España]]
O '''reinado de Isabel II''' é o período da [[historia contemporánea de España]] comprendido entre a morte de [[Fernando VII de España|Fernando VII]] en 1833 e o triunfo da [[Revolución de 1868]], que obrigou á raíña a marchar ao exilio. O seu reinado está dividido en dúas grandes etapas: a [[minoría de idade de Isabel II|minoría de idade]] (1833-1843) durante a que asumiron a [[Rexencia do Reino de España|rexencia]], primeiro a súa nai [[Rexencia de María Cristina de Borbón|María Cristina de Borbón]] e, despois, o xeneral [[Rexencia de Espartero|Baldomero Espartero]]; e o reinado efectivo que comeza coa declaración polas Cortes en [[1843]] da maioría de idade da raíña adiantada aos trece anos. Ao longo do seu reinado produciuse a configuración do [[Estado liberal]] en [[España]].
 
Tras a morte de [[Fernando VII de España|Fernando VII]] o [[29 de setembro]] de [[1833]], a súa dona [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias]] asumiu a rexencia co apoio dos liberais, en nome da súa filla e futura raíña, [[Isabel II de España|Isabel II]]. O conflito co seu cuñado, [[Carlos María Isidro de Borbón]], que aspiraba ao trono en virtude dunha pretendida vixencia da [[Lei Sálica]] —xa derogada por [[Carlos IV de España|Carlos IV]] e o propio Fernando VII— levaron ao país á [[Primeira Guerra Carlista]].