Miofibrila: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31:
[[Ficheiro:Muskelfibrille_(Sarkomer).PNG|miniatura|Tres sarcómeros seguidos.]]
[[Ficheiro:Gray375.png|miniatura|250px|'''A.''' Porción dunha [[fibra muscular]] estriada esquelética humana de tamaño mediano ampliada case 800 veces. '''B.''' Paquetes separados de miofibrilas ampliados.]]
Como exemplo de [[fibra muscular]] describiremos os compoñentes da fibra muscular '''estriada esquelética''', típica dos músculos unidos ao esqueleto, responsables da locomoción e movementos. A "fibra muscular" é a célula muscular ([[miocito]]). Estas células teñen forma cilíndrica moi longa e reúnense en fascículos, formando os [[músculo]]s esqueléticos. A súa membrana chámase [[sarcolema]] e a súa matriz citoplasmática sarcoplasma. Son células multinucleadas, con ata centos de núcleos, situados en zonas periféricas e superficiais da célula. No sarcoplasma hai gránulos de [[glicóxeno]], [[encima]]s, moléculas enerxéticas como o [[Adenosín trifosfato|ATP]] e a [[fosfocreatina]], [[mioglobina]] e outros metabolitos.
 
O sarcoplasma contén os orgánulos ordinarios, pero hai un orgánulo característico da fibra muscular estriada chamado [[retículo sarcoplásmico]], formado por túbulos membranosos lonxitudinais e cisternas transversais, que se estende por todo o sarcoplasma e rodea as miofibrilas, e que non é outra cousa que un [[retículo endoplasmático]] especializado. A membrana ou sarcolema ten unhas invaxinacións tubulares profundas transversais chamadas túbulos T. Os túbulos T xunto cos túbulos lonxitudinais do retículo sarcoplásmico regulan a cantidade de Ca<sup>2+</sup> na célula e facilitan a despolarización, o que é fundamental na contracción.