Luz Pozo Garza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 62.117.231.33 (conversa); cambiado á última versión feita por Zaosbot
Etiqueta: Reversión
Liña 6:
|fillos= [[Gonzalo Vázquez Pozo|Gonzalo]], Mónica e Luz Vázquez Pozo
}}
'''Luz Pozo Garza''', nada en [[Ribadeo]] o [[21 de xullo]] de [[1922]] e finada na [[A Coruña|Coruña]] o [[20 de abril]] de [[2020]], foi unha comercianteescritora, crítica literaria e [[poesía|poeta]] galega, unha das máis destacadas da [[Literatura galega do século XX|literatura galega da segunda metade do século XX]], renovadora tanto na forma como na temática abordada. ''[[Códice Calixtino (Luz Pozo Garza)|Códice Calixtino]]'' (1986, [[Sotelo Blanco Edicións]]) é unha das súas obras máis destacadas. En [[1995]] foi recoñecida coa [[Medalla Castelao]]. Dende [[1996]] foi membro numerario da [[Real Academia Galega]], ocupando o cargo de vicesecretaria de [[1997]] a [[2001]]. En [[2007]] foi proposta pola [[Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega|Asociación de Escritores en Lingua Galega]] para o [[Premio Nobel de Literatura]]. Os seus poemas foron traducidos ao [[lingua castelá|castelán]], [[lingua portuguesa|portugués]], [[lingua catalá|catalán]], [[lingua francesa|francés]], [[lingua inglesa|inglés]], [[lingua alemá|alemán]], [[lingua húngara|húngaro]], [[lingua rusa|ruso]] e [[lingua xaponesa|xaponés]].
 
== Traxectoria ==
Filla de Gonzalo Pozo y Pozo, inspector [[Veterinaria|veterinario]] e militante de [[Izquierda Republicana]] e Luz Garza Feijoo, mestra políglota, ata os sete anos de idade ([[1929]]) viviu en Ribadeo, onde comezou a estudar con [[Benito Prieto Coussent|Prieto Coussent]]<ref>{{Cita novas |nome=Pilar |apelidos=Otero Cabarcos |título=Luz Pozo Garza, filla predilecta de Ribadeo |url=https://webcache.googleusercontent.com/search?q=cache:4FlC-sUyjYwJ:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/ribadeo/2020/01/17/luz-pozo-garza-filla-predilecta-ribadeo/00031579294746210793724.htm+&cd=2&hl=gl&ct=clnk&gl=es |xornal=La Voz de Galicia |data=18/1/2020 |lingua=es}}</ref>, posteriormente residiu en [[Viveiro]] ata o [[verán]] de [[1936]].{{Sfn|Blanco García|2006|p=505}} Con catorce anos de idade, por mor da [[Guerra civil española]] e da [[Represión franquista en Galicia|persecución]] da que foi obxecto seu [[pai]], cofundador en Viveiro do [[Partido Republicano Radical Socialista]], detido e preso na cadea dos sotos do edificio da emisora local de [[Radio (medio de comunicación)|radio]] de [[Lugo]], trasladouse coa súa nai e irmáns a vivir nunha fonda da [[rúa]] Bispo Aguirre desa [[cidade]] ata finais de [[1938]].<ref group="lower-alpha">No mesmo edificio no que vivía o poeta [[Luís Pimentel]].</ref>{{Sfn|Blanco García|2002|p=29-30}} Aos 15 anos de idade comezou a colaborar con [[Radio Lugo]].<ref>{{Cita novas |data=2/5/2020 |título=A vida non hai que ferial |data-acceso=3/5/2020 |apelidos=Jaureguízar |ligazónautor=Santiago Jaureguízar |revista=[[La Comarca del Eo]] |número=5224}}</ref> Xa co pai liberado, e coa axuda do tío Román del Pozo y del Pozo, funcionario de facenda en [[Tetuán]],<ref>{{Cita publicación periódica |nome=Roberto |apelidos=Pascual Rodríguez |ligazónautor=Roberto Pascual |título=O harmónico cosmos de Luz Pozo Garza |revista=[[Madrygal. Revista de estudios gallegos|Madrygal]] |url=https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/MADR0707110211A/33055 |ano=2007 |número=10 |páxinas=211-216 |doi= |issn=1138-9664 }}</ref> foron a vivir a [[Larache]] ([[Protectorado Español de Marrocos]]). O seu único irmán varón, Gonzalo, mobilizado polo [[bando nacional]], morreu no Hospital Militar de [[Jaca]] en [[1939]], aos vinte anos de idade.