Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Categorías»

m
m
 
Se a pertenza lóxica dunha categoría implica a pertenza lóxica dunha segunda, entón a primeira categoría debe ser unha subcategoría (directa ou indirecta) da segunda. Por exemplo, [[:Categoría:Marsella]] é unha subcategoría de [[:Categoría:Cidades de Francia]], que a súa vez é subcategoría de [[:Categoría:Xeografía de Francia]].
 
Moitas subcategorías poden ter dúas ou máis categorías nai. Por exemplo, [[:Categoría:Xeografía de Portugal]] é unha subcategoría de [[:Categoría:Xeografía por paísespaís]] e de [[:Categoría:Portugal]]. Á hora de incluír unha categoría como subcategoría doutra, cómpre asegurarse de que os membros da subcategoría realmente deberían pertencer á categoría nai tamén. As cadeas de categorías formadas polas relacións de nai-filla non deben formar nunca bucles pechados, isto é, ningunha categoría debe estar contida como subcategoría dunha das súas propias subcategorías. Se dúas categorías teñen moita relación, pero non forman unha relación directa de subconxunto, as ligazóns entre elas poden incluírse no propio texto da páxina da categoría (por exemplo, empregando o modelo {{m|Véxase tamén}}).
 
En xeral os artigos deben categorizarse na parte máis baixa da xerarquía de categorías como sexa posible, sen duplicarse en categorías nais de niveles superiores. Noutras palabras, unha páxina ou categoría, por norma xeral, non debe incluírse nunha categoría e nunha subcategoría ou supercategoría desta. Por exemplo, [[París]] só debe ir na categoría [[:Categoría:París]], e non en [[:Categoría:París]] e [[:CategoryCategoría:Cidades de Francia]].
 
Aínda que algúns marcadores de mantemento inclúen os artigos de forma automática nalgunhas categorías de mantemento, isto non conta como categorización para o propósito da Wikipedia. Un artigo que xa estea dentro de unha ou máis categorías de mantemento debe incluírse tamén dentro das categorías de contido máis axeitadas que apliquen en cada caso.