Rubia galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética
Zaosbot (conversa | contribucións)
m cambios ligazóns internas tras fusión veterinario/veterinaria (via JWB)
Liña 45:
En realidade, estes xa se viñan realizando desde, polo menos, [[1888]] cos cruzamentos con sementais de razas [[Simmental]] e Frisoa na Granxa Agrícola-Experimental da [[A Coruña|Coruña]], fundada nese ano. A partir de [[1892]] organízanse os primeiros concursos de gando, nos que se conceden premios ós mellores exemplares e se estimula ós gandeiros a introducir melloras nas súas explotacións. No concurso da Coruña de [[1905]] introdúcese a valoración do gando por puntos, mediante criterios obxectivos, sistema que se aplicará xa sempre no futuro. En [[1906]] celébrase en Lugo o ''Primeiro Concurso Regional de Ganado Vacuno del Pais'', no que xa só se premian os exemplares da raza marela mentres que ó gando estranxeiro ou mestizo só se lle conceden diplomas. En [[1914]] créase o primeiro Sindicato Agrícola (en [[Muras]], Lugo), que se marca, entre outros, o obxectivo de loitar por "''a mellora da gandería, que as nosas reses alcancen o seu xusto valor, a celebración de concursos de gando, a velar pola hixiene e sanidade pecuaria das reses que aquí explotamos...''".
 
Foi o [[Veterinaria|veterinario]] [[Juan Rof Codina]], en [[1916]], quen fixo a primeira descrición formal das características raciais e produtivas <ref>{{Diciopedia|Rof Codina, Juan|3|1826}}</ref>. Establecía a diferenza entre as subrazas dos vales e da montaña, en canto ó desenvolvemento, a finura do esqueleto e o tamaño dos cornos (maiores na variedade de montaña). En [[1933]], a ''Dirección General de Ganadería'' publicou o primeiro libro [[xenealoxía|xenealóxico]] da raza, xa por fin coa consideración de raza propia, e fixou o estándar racial. Aínda que a morfoloxía que describe se centra moito nas aptitudes dun animal de traballo, pois ese era o aspecto máis valorado daquela, as características da raza pretendían recoller as tres aptitudes: "''Cualidades leiteiras aceptables, con boa riqueza en materia graxa. Aptitude ó engorde e de bo rendemento no matadoiro. Facultade para o traballo agrícola''".<ref>Luciano Sánchez, p. 63.</ref>
 
Entre as dúas liñas posibles para mellorar a raza: importación de sementais doutras razas presuntamente mellorantes da aptitude cárnica fronte á selección dos mellores exemplares e o seu aproveitamento como reprodutores, optouse pola primeira, en contra do criterio veterinarioVeterinaria de expertos como Rof Codina, [[Xavier Prado Rodríguez|Prado ‘’Lameiro’’]] ou [[Félix Gordón Ordás]], que defendían a necesidade de comezar cun labor de selección e mellora gandeira baseado na selección dos mellores exemplares. De feito, os dous primeiros xa destacaran polas súas publicacións recomendando ós gandeiros esta liña de mellora, para o que impulsaron as feiras de gando (como a xa mencionada de Lugo de 1906) como tribuna para expoñer, valorar e premiar sementais e vacas rubias de alta calidade.
 
Comezaron así as importacións de sementais de razas cárnicas, como as inglesas [[Aberdeen (vaca)|Aberdeen]], [[Hereford (vaca)|Hereford]] e [[Durham (vaca)|Durham]], ou as suízas [[pardo alpina]] e, sobre todo, a Simmental, raza que reunía as tres aptitudes, como a rubia. A mellora inmediata das crías obtidas foi evidente, pero iso levou á substitución das vacas rubias do país polas mestizas obtidas destes cruces, o que só podía levar á dexeneración e desaparición da raza galega a corto ou medio prazo. Afortunadamente, a partir de [[1944]] suspendéronse estes cruzamentos e comezou un labor de selección do gando rubio polas súas cualidades cárnica e láctea.