Conquistadores casteláns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica)
m →‎Factores: Pobos indíxenas de América
Liña 46:
No primeiro momento da conquista as armas de fogo e en especial os [[Arcabuz|arcabuces]] causaron grande impresión debido ao estrondo. Pero o seu efecto militar foi escaso. As espadas de aceiro e de ferro, os coitelos e as armaduras demostraron ser moito máis efectivos militarmente. Por esta razón, cando alcanzaban o dominio dalgunha nación, os españois prohibían o acceso ás armas de ferro por parte dos poboadores sometidos.
 
Os animais foron outro factor militar. Por unha banda, a introdución do [[cabalo]] por parte dos españois, permitiulles nalgúns casos moverse con rapidez e lanzar rápidos ataques. Con todo nas zonas montañosas e selváticas, os españois mostráronse menos adaptados tecnoloxicamente que as culturas [[AmerindioPobos indíxenas de América|amerindias]], que utilizaban a [[llama]] e técnicas especiais para construír camiños e pontes adaptadas a ese tipo de terreos. Nalgúns casos os pobos orixinarios, principalmente en [[Norteamérica]], a [[Pampa, Suramérica|pampa]] e a [[Patagonia]], apropiáronse do cabalo e desenvolveron técnicas de adestramento e monta superiores ás que tiñan os españois{{Cómpre referencia}}, e volvéronse un factor decisivo para rexeitar aos conquistadores. Os españois utilizaron tamén [[can]]s para rastrexar e atacar indíxenas e escravos na selva e nos bosques.<ref>Bethany Aram, op. cit., p. 51</ref>
 
A forma de facer guerra dos españois, como a da maioría dos europeos era máis sanguenta e involucraba máis guerreiros que os que os indíxenas americanos estaban afeitos utilizar. As armas de ferro e aceiro producían lesións tan evidentes como as das frechas envelenadas. Ademais, algúns pobos orixinarios non tiñan o costume de matar xente no campo de batalla, senón que os capturaban e mantíñanos para ocasións de sacrificios rituais{{Cómpre referencia}}, ou comelos en festivos banquetes. Por iso é polo que as prácticas europeas na guerra adquirisen un carácter máis brutal.