Canle de Panamá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética
m →‎O proxecto francés: Independencia de Panamá
Liña 237:
A pesar destes reveses, en 1886, durante a súa inspección, [[Ferdinand de Lesseps]] estaba moi satisfeito coa marcha dos traballos. O feito de pasar a unha canle de esclusas permitiu á empresa aforrarse moito diñeiro e xa que logo, o éxito era case seguro. Con todo, desde 1886, os opositores de Lesseps non lle deixaron en paz e, durante este tempo, en París as intrigas contra a empresa foron cada vez máis abertas e afectaron á [[opinión pública]], o que resultou nefasto porque o diñeiro terminouse e en 1888 as arcas estaban baleiras. Lesseps viuse obrigado a parar todos os traballos e abandonar o proxecto, o que representou o final da «Canle francesa».
 
Caída en quebra o 4 de febreiro de 1889, a compañía de Lesseps foi asumida polo enxeñeiro xefe da obra de construción da canle, [[Philippe-Jean Bunau-Varilla]], que estaba levando a cabo novos traballos segundo o proxecto de ''Eiffel''. Sen apoio financeiro, Bunau-Varilla diríxese ao goberno dos [[Estados Unidos de América|EE.UU.]], ao que decide ceder os dereitos de explotación e construción da Canle de Panamá e o control da zona en torno desta. O ''Tratado Hay-Bunau-Varilla'' validou esta operación e asinouse o 18 de novembro de 1903, logo da revolución que provocou a [[Independencia de Panamá|Separación de Panamá de Colombia]].
 
== Administración de EE.UU. e cesión a Panamá ==