Diferenzas entre revisións de «Xosé Velo»

m
Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética
m (Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética)
En 1948 fuxiu a [[Portugal]], onde o detivo a [[PIDE]], a policía política portuguesa, e trala súa posta en liberdade conseguiu saír cara [[Venezuela]], onde chegou o [[9 de outubro]] de [[1948]]. Ao ano seguinte uníuselle a súa familia, que mantivo traballando como profesor en academias e colexios privados, e mesmo en 1959 foi profesor na Escola de Suboficiais do Exército venezolano. Xosé Velo foi presidente do [[Lar Gallego]] (1956) e participou no primeiro [[Congreso da Emigración Galega]] que se celebrou entre o [[24 de xullo|24]] e o [[31 de xullo]] de 1956 en [[Bos Aires, Arxentina|Bos Aires]].
 
Entrou en contacto co grupo da oposición española que dirixía [[Alberto Bayo]] dende [[Cuba]], e participou na súa emisora de radio, ''Radio Claridad''. Pero, descontento coa actuación deste grupo, organizou con membros da oposición portuguesa ao réxime de [[António de Oliveira Salazar|Salazar]] exiliados en SudaméricaSuramérica, como [[Humberto Delgado]] e [[Henrique Galvão]], e con outros galegos como [[José Fernando Fernández Vázquez]] (''Comandante Sotomayor''), o [[Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación]] en 1959. Velo foi o cosecretario xeral xunto a Humberto Delgado dende xaneiro de 1960, e participou con outros membros galegos e portugueses desta organización na toma do navío portugués ''Santa María'' o [[22 de xaneiro]] de [[1961]], en ruta entre [[Curaçao]] e [[San Xoán, Porto Rico|San Xoán de Porto Rico]], na coñecida como [[Operación Dulcinea]], co obxectivo de dirixirse a África e iniciar unha revolta antisalazarista, ao tempo que pretendía chamar a atención internacional sobre os réximes ditatoriais da [[Península Ibérica]]. Fracasada a operación por diversos motivos, o [[4 de febreiro]] de [[1961]] acordouse co goberno brasileiro recoñecer a Velo e ao resto dos secuestradores como refuxiados políticos. Asentouse co seu fillo Víctor, que tamén participou na toma do navío, na cidade de [[São Paulo]].
 
En 1962 estableceu en São Paulo a librería Nós, e en 1966 a Editora Nós, que tan só publicou unha tradución de [[Rosalía de Castro]]. En 1971 fundou a revista mensual ''Paraíso 7 días'', que só publicou 5 números. O 31 de xaneiro dese mesmo ano morreu de [[cancro de pulmón]].
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |artigo=Velo Mosquera, Xosé |título=[[Dicionario biográfico de Galicia]] |ano=2010-2011 |volume=3 |páxina=303 |editorial=[[Ir Indo|Ir Indo Edicións]] }}
* {{Cita enciclopedia |nome=Xosé |apelidos=González Martínez |ligazónautor=Xosé González Martínez |artigo=Xosé Velo Mosquera |enciclopedia=[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|Gran Enciclopedia Galega]] |tipo=[[DVD]] |editorial=[[Grupo El Progreso|El Progreso]] |ano=2005 |isbn=84-87804-88-8 }}
* {{Cita libro |apelidos={{Versaleta|Fernández del Riego}} |nome=F. |ligazónautor=Francisco Fernández del Riego |edición=2ª |título=[[Diccionario de escritores en lingua galega]] |editorial= [[Ediciós do Castro|Do Castro]] |ano=1992 |ano-orixinal=1990 |páxina=456 |isbn=84-7492-465-0 |ref=harv }}
* {{Cita libro |ligazónautor=Xosé Luís Méndez Ferrín |ano=[[1984]] |apelidos={{Versaleta|Méndez Ferrín}} |nome=Xosé Luis |título=[[De Pondal a Novoneyra]] |editorial=[[Edicións Xerais de Galicia]] |páxina= |páxinas= |isbn=84-7507-139-2 }}
* {{Cita libro |título= Pepe Velo. Pensador, soñador e mestre revolucionario |nome= Antonio |apelidos={{Versaleta|Piñeiro}} |ligazónautor= |ano= 2000 |editorial= Xerais |lugar= Vigo |isbn= 84-8302-507-8 }}
 
=== Ligazóns externas ===
* [https://web.archive.org/web/20160130050300/http://www.centenariovelo.org/ Páxina web da Comisión Pro Centenario Xosé Velo Mosquera]
 
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Velo Mosquera, Xose}}
 
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Galegos de Venezuela]]
393.002

edicións