Diferenzas entre revisións de «Tiburón tigre»

m
Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica)
(Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0)
m (Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica))
O tiburón tigre encóntrase a miúdo preto da costa, principalmente en augas tropicais e subtropicais de todo o mundo.<ref name=flmnh/> O seu comportamento é principalmente [[nómade]], pero é guiado por correntes cálidas e permanece próximo ao ecuador nos meses máis fríos. Adoita permanecer en augas profundas ao longo de arrecifes, pero móvese por canles para perseguir presas en augas pouco profundas. Na parte occidental do océano [[Pacífico]], estes tiburóns atópanse tan ao norte como [[Xapón]] e tan ao sur como [[Nova Zelandia]].<ref name=FroesePauly/> Un tiburón tigre etiquetado no [[mar Caribe]] foi rastreado facendo unha migración ao [[cabo Cod]]; aínda que son especies tropicais, as augas cálidas da [[corrente do Golfo]] chegan ao cabo Cod en verán. A súa presenza tamén foi rexistrada no [[Mediterráneo]] pero só en dúas ocasións, en costas de España e de [[Sicilia]].<ref name = ciesm>{{Cita web | url = http://www.ciesm.org/atlas/Galeocerdocuvier.php | title = Galeocer''do cuvier'' | accessdate = 15 January 2017 | publisher = CIESM|work = CIESM Atlas of Exotic Fishes in the Mediterranean Sea}}</ref>
 
Os tiburóns tigres poden verse no [[golfo de México]], praias de Norteamérica e partes de SudaméricaSuramérica. Tamén se observan habitualmente no mar Caribe. Outras localizacións onde foron detectados son as costas de África, China, [[Hong Kong]], [[India]], [[Australia]] e [[Indonesia]].<ref name=SharkInfo/>
 
Certos tiburóns tigres foron rexistrados a profundidades de 900 m,<ref name=flmnh/> pero algunhas fontes manteñen que se moven a augas pouco profundas que normalmente se consideran demasiado pouco profundas para unha especie do seu tamaño.<ref name=SharkInfo/> Un estudo recente mostrou que como media o tiburón tigre se rexistra a profundidades de 350 m, o que fai que sexa moi pouco común que apareza en augas pouco profundas. Porén, os tiburóns tigres en [[Hawai]] foron observados en profundidades de tan só 3 m e observados regularmente en augas costeiras a profundidades de 6 a 12 m.
393.002

edicións