Diferenzas entre revisións de «San Xulián, A Rúa»

m
Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica)
m (Actualizo o dato de poboación)
m (Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica))
A parroquia está a uns 900 metros de altitude, augas arriba do regueiro de Alzapernas, cuxas augas foron aproveitadas polos romanos para a extracción de ouro. O testemuño máis evidente é o depósito aurífero da Pala, onde se aprecia claramente unha erosión artificial, con grandes anacos de pedra desprendidos xunto á fonte das Pinguelas, erosión provocada polo método da ''ruina montium'', algo moi similar ao que realizaron nas [[As Médulas|Médulas]], movendo grandes cantidades de terra pola forza das augas. O destacamento romano que traballou nesa explotación ben puido asentarse na veciña Somoza (''sub Montium''), e levantar a esquecida ponte de Pérez para facilitar o trasfego de carros e materiais na zona onde existe máis desnivel no citado regueiro, enlazando con Cotillón ou camiño de subida a San Xulián.
 
No censo de 1755 tiña 25 fogares. Na colleita da xurisdición de Valdeorras de 1775 aparecen once contribuíntes, que achegan 13 porcos. Nos censos posteriores os habitantes de San Xulián aparecen englobados cos de Santo Estevo, e xa no de 1906 aparecen no concello da Rúa, con 136 habitantes. En 1917 a poboación diminúe un pouco pola [[emigración]] en masa cara a SudaméricaSuramérica logo dos estragos da [[filoxera]], e hai 131 habitantes. Na década de 1940 acádase a poboación máxima, con 150 habitantes, que caen de novo por mor da emigración cara a Francia nas dúas décadas seguintes.
 
O santo patrón é san Xulián, e a súa festividade celébrase o 9 de xaneiro. Porén, a imaxe da igrexa parroquial mestura por unha banda o báculo e a mitra, tiara, libro aberto e manto vermello de san Xulián Bispo, cuxa festividade se celebra o 28 de xaneiro, e por outra banda a espada de san Xulián mártir, cuxa festividade se celebra o 9 de xaneiro e santo patrón de remeiros, barqueiros, peregrinos e hoteleiros.
393.002

edicións