Sacrificio humano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Retiro o aviso de falta de ligazóns internas
m Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética
Liña 5:
Un '''sacrificio humano''' é a oferta dun [[ser humano]] a unha divindade en homenaxe ou expiación. Nun sentido amplo, é toda morte ritual dunha ou varias persoas nas mans dun terceiro ou unha institución nun contexto relixioso.
 
Os sacrificios humanos foron practicados en moitas [[Cultura|culturascultura]]s antigas en todo o planeta con diversos roles, desde o de agradar aos deuses ata o de adiviñar o futuro. Así mesmo o sacrificio humano serviu como propaganda entre [[Relixión|relixiónsrelixión]]s: xa na [[Biblia]] demonizaron as relixións veciñas e logo os membros da [[igrexa católica]] lexitimaron a [[evanxelización]] forzosa da Europa báltica, acusándoos de sacrificios humanos sen probas. Incluso actualmente as igrexas protestantes fan o mesmo para obter adeptos na [[India]] e [[África]] atacando as súas relixións tradicionais {{cómpre referencia}}.
 
== Sacrificios humanos en Europa ==
[[Ficheiro:Tollundmannen.jpg|miniatura|O "Home de Tollund" un corpo atopado nas turbeiras sacrificado na [[Idade de Bronce]].]]
 
Quedou constancia de sacrificios humanos tanto en fontes arqueolóxicas coma literarias en toda [[Europa]], desde os [[Celta|celtascelta]]s ata os [[Roma antiga|romanos]] ao longo da súa historia. Os chamados corpos das [[Turbeira|turbeirasturbeira]]s son sacrificios humanos da [[idade de bronce|Idade de Bronce]] executados de diversas formas que debían estar relacionados cun culto inherente a unha divindade en concreto. Antes da [[República Romana|república romana]] soíanse efectuar sacrificios humanos: aínda que as súas fontes literarias silenciaron este feito ou o esqueceron, atopáronse restos de sacrificios nos cementos de varios edificios en [[Roma]]. No "Comentario á guerra das Galias" [[Xulio César]] afirmou que os [[galos]] adoitaban sacrificar humanos aos seus deuses e nos xacigos arqueolóxicos atopáronse evidencias destas prácticas culturais en lugares sagrados. Entre os [[Pobos xermánicos|xermanos]] adoitábanse ofrecer sacrificios humanos pedindo éxito nas [[Guerra|guerrasguerra]]s así como obter boas colleitas, este costume mantívose até a cristianización da [[Europa do leste|Europa do Leste]] polas tropas de [[Carlomagno]], así como os misioneiros medievais e bautismos dos líderes eslavos ao longo da [[Idade Media]].
 
Nos "Anais" de [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] este autor afirma que os [[lusitanos]] e [[galaicos]] facían sacrificios humanos antes da guerra como oráculos. Segundo algúns [[Etnografía|etnógrafos]] certas supersticións galegas, como ofrecer pan aos ríos e ó mar ou matar unha [[galiña]] para soterrala nos cementos dunha casa nova, son tradicións provenientes de sacrificios humanos.
Liña 16:
Na [[Idade Media]] seguíronse a efectuar sacrificos humanos na zona de influencia [[Viquingo|viquinga]]. Segundo [[Saxo Grammaticus]], facíanse sacrificios humanos aos deuses unha vez cada catro anos.
 
== Sacrificios humanos en Oriente Medio ==
En [[Antigo Exipto|Exipto]] e [[Mesopotamia]] atopáronse restos de sacrificios humanos nas tumbas dalgunhas autoridades, en concreto nas tumbas reais de [[Ur]], mentres que en Exipto se atoparon evidencias de tumbas faraónicas con sacrificios humanos de concubinas e funcionarios, na [[Dinastía XVIII de Exipto|Dinastía XVIII]]. A Biblia menciona, aínda que non hai probas, que os cananitas e [[fenicios]] facían sacrificios humanos de nenos e algúns arqueólogos aceptaron este feito e mencionan o caso do Tofet de [[Cartago]] no que apareceu unha [[necrópole]] con restos de nenos sen saber se son sacrificios ou simples tumbas, xa que hai que ter en conta que os [[Escriba|escribasescriba]]s xudeus falaban pexorativamente da relixión [[Politeísmo|politeísta]] dos seus veciños cos que estaban en conflito.
 
== Sacrificios humanos en Asia ==
En [[China]] houbo sacrificos humanos para acompañar o emperador na súa tumba, incluso na tumba da emperatriz xeneral Fu Hao (1200 a.C.) atopáronse restos de sacrificios humanos.
 
En [[Xapón]] soían sacrificarse voluntariamente [[Samurai|samuraissamurai]]s para soterralos vivos debaixo de construcións públicas, desde [[Castelo (fortificación)|castelos]] ata [[Dique (construción)|diques]] e [[Ponte|pontesponte]]s para aplacar os deuses.
 
Na [[India]] chegou a estar ben visto que as [[Viuvez|viúvas]] se suicidasen na pira funeraria do seu marido e na prensa sensacionalista afírmase que aínda se segue a facer coas mulleres drogadas {{cómpre referencia}} ou no culto á deusa Cali.
 
== Sacrificios humanos en América ==
[[Ficheiro:Kodeks tudela 21.jpg|miniatura|esquerda|Códice Tudela con escenas de sacrificios humanos aztecas.]]
 
Déronse casos de sacrifios humanos en toda [[América]], desde [[Texas]] ata o [[Perú]], desde pequenas [[Tribo|tribostribo]]s que sacrificaban persoas para coidar as súas colleitas ata as avanzadas civilizacións do sur, desde olmecas, teotihuacanos, [[Pobos maias|maias]], [[Azteca|aztecasazteca]]s e [[Imperio Inca|incas]], como se a influencia cultural das primeiras civilizacións alcanzase ata as derradeiras culturas prehispánicas ata a conquista de América polos europeos no [[século XV]].
 
Os primeiros datos sobre sacrificos huamnos aparecen nas civilizacións teotihuacán e maia, neles sacrificaban prisioneiros de guerra e nenos arrincándolles o [[corazón]], escenas de sacrifico apareceron en [[Estatua|estatuasestatua]]s e na [[cerámica]]. Os aztecas ou [[mexicas]] foron os que levaron a fama dado que os seus costumes foron observados polos conquistadores españois na [[Idade Media]], con sacrificios de tribos vasalas onde eran ofrecidos a diferentes deuses en diferentes execucións, dende mulleres ou nenos ata prisioneiros e escravos. En [[América do Sur|SudaméricaSuramérica]] tamén houbo sacrificios, entre os mochicas había de dous tipos, mediante sacrificio e por combate ritual. Ata hai pouco non se sabía con certeza pero finalmente descubriuse que os incas tamén sacrificaban, se ben dunha forma máis sutil e ofrecendo [[Neno|nenosneno]]s ou [[Adolescencia|adolescentes]] da [[nobreza]] que eran drogados antes de morreren. En [[América do Norte|Norteamérica]] algunhas tribos [[Pobos indíxenas de América|indias]] parcticaron o sacrificio de homes durante épocas de fame ou para promover as súas colleitas.
 
== Sacrificios humanos en Oceanía ==
Nas illas de [[Oceanía]] existiu o sacrificio humano para agradar aos deuses, desde o sacrificio sanguento ata precipitar mulleres nos [[Volcán|volcánsvolcán]]s, pasando pola cacería de cabezas dos daiaks de [[Malasia]]. Este costume soía ir acompañado do [[canibalismo]].
 
{{control de autoridades}}