Diferenzas entre revisións de «Rubia galega»

m
Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética
m (→‎Rubias e marelas: Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/> (2))
m (Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética)
[[Ficheiro:Gallaecia petrea 01-30c.JPG|miniatura|300px|Baixorrelevo de Vilarín (Becerreá, Lugo), do século I-II. Hoxe exposto no Museo Provincial de Lugo]]
 
En calquera caso, a raza foi estendéndose por toda Galicia e os antigos gandeiros galegos souberon seleccionar as súas mellores cualidades co paso dos séculos, construíndo unha vaca que, sen destacar nunca en ningunha das tres aptitudes clásicas (carne, leite e traballo) si reunía as suficientes capacidades nas tres para converterse nun animal que satisfacía perfectamente as necesidades do gandeiro: suficiente cantidade de leite, e rica en graxa, suficiente cantidade de carne de calidade, e notable capacidade de traballo para tirar do carro e do arado. [[Xosé Ramón Mariño Ferro|Mariño Ferro]] <ref>''Antropoloxía de Galicia''. Xerais, Vigo 2000; 82.</ref> resumíao así:
{{cita|''A rubia galega obtida responde ós intereses que prevalecen no agro galego ata os anos setenta: ara, tira do carro, produce esterco, dá leite e cría xatos para a venda.''}}
 
E, segundo o MAGRAMA:
{{cita|''A raza Rubia Galega é tan identificativa de Galicia como a paisaxe, os costumes ou o idioma. Perfectamente adaptada e vinculada coa xeografía e a orografía galega forma parte da súa paisaxe, estando representada na cultura galega tanto pictórica como literaria, así como na cerámica típica galega como é a de Sargadelos.''|Ministerio de Alimentación, Agricultura e Medio Ambiente<ref>[http://www.magrama.gob.es/es/ganaderia/temas/zootecnia/razas-ganaderas/razas/catalogo/autoctona-fomento/bovino/rubia-gallega/usos_sistema.aspx Importancia Medioambiental y Social] {{Es}} tradución: Galipedia.</ref>}}
 
 
=== Historia recente ===
En [[1896]], Suárez Casas publica o primeiro estudo que se coñece con propostas científicas para a mellora do gando vacún galego: ''Soluciones para el mejoramiento de la raza bovina y riqueza agrícola industrial en la región noroeste de España''. Alí propón medidas como a selección dos reprodutores, mellorar a alimentación e mellorar as condicións hixiénicas do manexo e aloxamento do gando, á vez que recomenda cruzamentos mellorantes a curto prazo.
[[Ficheiro:44º EMAPA (simental)- 140309 REFON 3.JPG|miniatura|300px|Boi Simmental.]]
En realidade, estes xa se viñan realizando desde, polo menos, [[1888]] cos cruzamentos con sementais de razas [[Simmental]] e Frisoa na Granxa Agrícola-Experimental da [[A Coruña|Coruña]], fundada nese ano. A partir de [[1892]] organízanse os primeiros concursos de gando, nos que se conceden premios ós mellores exemplares e se estimula ós gandeiros a introducir melloras nas súas explotacións. No concurso da Coruña de [[1905]] introdúcese a valoración do gando por puntos, mediante criterios obxectivos, sistema que se aplicará xa sempre no futuro. En [[1906]] celébrase en Lugo o ''Primeiro Concurso Regional de Ganado Vacuno del Pais'', no que xa só se premian os exemplares da raza marela mentres que ó gando estranxeiro ou mestizo só se lle conceden diplomas. En [[1914]] créase o primeiro Sindicato Agrícola (en [[Muras]], Lugo), que se marca, entre outros, o obxectivo de loitar por "''a mellora da gandería, que as nosas reses alcancen o seu xusto valor, a celebración de concursos de gando, a velar pola hixiene e sanidade pecuaria das reses que aquí explotamos...''".
 
[[Ficheiro:Mosteiro 1 Feira Labrega becerro rubio 04.jpg|miniatura|300px|Becerros rubios á venda na I Feira Labrega de Mosteiro (Meis). Nótense as tres capas típicas: marela en primeiro plano, rubia no centro e teixa ó fondo.]]
Pero todo acabou en 1897, cando unha suposta epidemia en Galicia fixo que os ingleses cortasen as importacións. En realidade, segundo Carmona Badía, a verdadeira razón foi comercial, pola entrada no mercado da carne inglesa dos produtores norteamericanos, capaces de subministrar a mellores prezos tanto gando vivo como, sobre todo, carne conxelada. ''[[El Eco de Galicia (Buenos Aires)|El Eco de Galicia]]'', unha revista arxentina da emigración galega en SudaméricaSuramérica, queixábase en [[1893]] de que en Galicia non se aprendese nada desta experiencia, e que se seguise transportando o gando vivo en [[tren]] desde Galicia a Barcelona ou a Madrid, coas conseguintes perdas de peso e mortalidade ocasional, en vez de implantar o transporte de canais en vagóns frigoríficos. A revista cubana ''[[Follas Novas (A Habana)|Follas Novas]]'' denunciaba o mesmo en [[1900]], puntualizando que no transporte a Barcelona se producía ata un 50% de mortalidade. Rof Codina, en [[1914]], volvía incidir en que este sistema de transporte representaba unhas perdas que calculaba nunhas medias de 50&nbsp;kg de peso vivo en animais adultos e de 15&nbsp;kg en animais novos, aínda que recollera casos de perdas moi superiores. Non foi ata despois de [[1928]], coa construción do primeiro matadoiro frigorífico en Galicia, no [[O Porriño|Porriño]], cando se puido comezar co transporte de canais refrixeradas e conxeladas.
 
Todo isto non quere dicir que aí se acabase a exportación de gando desde Galicia, nin moito menos. [[Francisco Crespo Rivas|Crespo Rivas]] (quen en [[1915]] fora promotor dun Sindicato Agrícola Católico) escribe que "o ''gando galego foi comido nas trincheras dos aliados ou, cando menos, en Francia''" e que "''saíron de Galicia con tal fin'' [abastecer os mercados de Barcelona, Zaragoza, Madrid etc.], ''nos seis anos que van de 1907 a 1912, 130.390 vacas e bois, 460.448 tenreiros e tenreiras, como así resulta da estatística que publica o Ministerio de Fomento en 1918''" .<ref>''Defensa de la ganadería gallega'', [[Ponteareas]], 1939.</ref>
 
=== Refraneiro ===
* ''A vaca marela non hai quen poida con ela''.
* ''Boi marelo escuro, ara polo mol, ara polo duro''.
* ''Boi marelo lourado, primeiro morto que ampeado''.<ref>''Ampeado'' significa esgotado polo traballo, aniquilado.</ref>
* ''Herba pallarega non a quer a marela''.<ref>A herba seca sempre lles gusta menos que a herba fresca.</ref>
* ''Mal lle vai á corte onde o boi teixo non tuse''.<ref>Debe entenderse aquí a ''tose'' como símbolo de autoridade e non signo de enfermidade. Tose quen pode, quen ten poder para facelo. Existe outro refrán que o corrobora: ''Onde o home tose, a fame foxe''.</ref>.
* ''Marela que anda maronda, abéirase cas outras''.<ref>''Maronda'', en celo.</ref>
* ''Marela que anda maronda, móntase nas outras''.
* ''Mariquiña do terbelledoiro, o teu pai ten un boi loiro''.<ref>Aínda que se recolle como refrán semella máis un fragmento dunha cantiga, e de feito coñecemos esta: ''Mariquiña do terbelledoiro,/ a teu pai morreulle o boi louro;/ agora non ten quen lle turre do carro,/ filla de cángalle os bois no arado''. Sorprense a palabra ''terbelledoiro'', que non recolle ningún dicionario. Lembra as palabras ''terbello'', como trampa para raposos, ratos ou paxaros; ''trebello'', aparello que se emprega nunha determinada actividade; ''¡Dálle ó terbello!'' equivale á orde ¡móvete, traballa!; Sarmiento escribiu que "''o verbo 'trebellar' en galego, de 'tripudiare', sempre significa 'in malam partem' e dista cen leguas do honesto verbo 'traballar'''", e lembra o caso dun crego castelán que, cando as mulleres lle confesaban que ''trebellaran'' tantas veces, e crendo que se referían a que ''traballaran'', tranquilizábaas dicindo que nos días laborables podían traballar 'ad laudes et per horas', e que os días santos podían facelo sen pecar durante unha hora. Vese que descoñecía a cantiga que di que ''O crego e maila criada/ andan ós terberetiños;/ A criada cai de costas,/ o crego cai de fuciños''.</ref>
* ''Miña marela gallarda, ara, carreta e non cansa''.<ref>Neste paralelo: ''Miña vaquiña gallarda, ara, carreta e non cansa'' compróbase o tratamento de ''marela'' e ''vaquiña'' como se fosen sinónimas.</ref>
* ''Nin bo Pedro nin boi marelo, nin boa herba por riba do rego, nin boa mula que faga 'gin' nin boa muller que fale latín''.<ref>Outros refráns substitúen ''boi marelo'' por ''bo lameiro'' (como tal, ''Nin bo Pedro, nin bo burro negro, nin bo lameiro por riba do rego''), e quizais sexan estes máis coherentes e terminaran deturpando nos que aquí se recollen aplicados a bois marelos, porque si ten lóxica que non poida haber bos prados por riba do rego, non se alcanza a entender que problema pode haber para que un bo boi marelo non poida estar nun ou noutro lado do rego. Canto á desconfianza da muller sabida, ''que fale latín'', trátase dun pensamento estendido no refraneiro: ''Da muller que sabe latín e da mula que fai 'in', arrenega hasta o fin''; ou ''Gárdeme Dios de can lebrel, de casa de torre e de muller sabidora''.</ref>
* ''Nin bo porco, nin bo marelo, nin boa herba por riba do rego, nin boa mula que faga xin nin boa muller que fale latín''.<ref>Uns colectores escriben ''bo marelo'', outros ''bon marelo''.</ref>
* ''Nin bo Xan, nin bo Pedro, nin boi marelo enriba do rego''.
* ''Nin bo Xan, nin bo Pedro, nin boi marelo por riba do rego''.<ref>Tamén, ''Nin bo Xan, nin bo Pedro, nin boi morto por riba do rego''.</ref>
* ''Non hai mal que por mal non veña, morreume a sogra e pareume a vermella''.<ref>O refrán expresa que convén buscar a forma de compensar as perdas, porque no fondo, non hai mal que por ben non veña. O colector, [[Enrique Gippini|Gippini Escoda]], puido confundir ''mal por ben'' ó escribir ''mal por mal'', pero así o transcribe. [[Xesús Alonso Montero|Alonso Montero]] recolleu unha cantiga que lamenta a situación contraria: ''A miña sogra sanou/ i en troques morreume a vaca:/ tras dun probe xempre a morte/ anda ca fouce amolada''.</ref>
* ''O boi marelo, lapón ou zoupeiro''.
* ''O boi marelo, zoupo ou larpeiro''.
* ''O que non munxe marela, non fai queixo nin manteiga''.
* ''Presa de palleira non lle peta á marela''.<ref>''Presa de palleira'' é a man de herba que se retira do palleiro dunha vez para botarlla ás vacas na corte.</ref>
 
No seguinte grupo achéganse as cantigas recollidas, mesturadas con outras fórmulas semellantes como ensalmos, coplas ou panxoliñas.
 
* ''A miña vaca marela/ vai na eira do Cotónhe/ se ma vedes por aló/ carghareisma sablón''.
* ''A novia ten bo mantelo/ que llo fixo o señor novio/ cos collóns dun boi vermello''.
* ''Agora que estou baleira/ queres vir á miña herba;/ vai buscar a comedeira,/ ponte ó lado da Marela''.
* ''Bátete, leite/ de vaca marela;/ pace no monte/ e bebe na serra''.<ref>Estes versos marcan o ritmo da parafusa ó maza-lo leite.</ref>
* ''Bon é ter moitos amigos/ e que por de ben a un teñan,/ pro, cando chega un aperto,/ val máis sempre unha marela''.<ref>Nesta cantiga, recollida por [[Leiras Pulpeiro]] identifícase na palabra ''marela'' o significado de vaca rubia (ter gando sempre foi signo de riqueza) e o de moeda de ouro.</ref>
* ''Dios che mande o sol/ que che hei dar o boi millor/ e a vaca marela/ e a filla con ela/ e o porco ruzo/ que anda no puzo/ e o porco blanco/ que anda no campo/ e a galiña curupeluda/ que pon os ovos prá seitura''.<ref>Semella un ensalmo para pedir bo tempo</ref>.
* ''Faite, natiña,/ de vaca marela;/ faite, natiña,/ se te has de facer;/ faite, natiña,/ faite, natiña,/ que os frades de Meira/ non te han de comer''.<ref>Recollida na Terra Cha e referida ó mosteiro de [[Mosteiro de Santa María de Meira|Santa María de Meira]], en Lugo. Corre tamén como refrán: ''Faite, natiña, se t’has de facer, qu’os frades de Meira non t’han de comer'' ([[Juan Antonio Saco y Arce|Saco y Arce]]).</ref>
* ''Fun alá enriba/ onda o boi vermello,/ o demo da cabra/ fuxeu do cortello''.
* ''Heiche de dar o boi blanco/ e maila vaca marela/ e maila filla máis nova/ se te non quer a máis vella''.
* ''Heiche de dar o boi louro/ e maila vaca marela/ a maila filla máis nova/ se non queres a máis vella''.
* ''Heiche de dar o boi pardo/ e maila vaca marela/ a maila filla máis nova/ si non queres a máis vella''.
* ''Heiche de dar o boi blanco/ a mais a vaca marela,/ dareiche a filla máis nova/ si non queres a máis vella''.
* ''Heiche de dar o boi blanco/ e mais a vaca marela,/ e mais a filla máis nova/ si queres casar con ela''.
* ''Heiche de dar o boi blanco,/ fillo da vaca marela,/ e maila filla máis nova/ se non queres a máis vella''.
* ''Heiche de dar o boi branco/ e mais a vaca marela/ e mais a filla máis nova/ pra que te cases con ela''.
* ''Heiche de dar un boi branco/ fillo da vaca marela;/ heiche de da-la máis nova/ pra que te cases con ela''.
* ''Heiche de dar un boi roxo,/ e mais a vaca marela,/ e mais a nena máis nova,/ si non queres a máis vella''.
* ''Iheiche de dar o boi blanco/ a maila vaca marela/ a maila filla máis nova/ si non queres a máis vella''.
* ''Ios collois do cura vello/ van nun carro cara o inferno/ i a criada vai detrás/ ¡tó, Castaño, vente ó rego!''
* ''Louvado san Breixe,/ vou munxir a marela,/ adepárame bo leite''.<ref>Esta oración recolleuse en [[Palas de Rei]]. San Breixo consídérase avogoso para o leite, tanto do gando como das mulleres lactantes.</ref>
* ''Miña mai e maila túa/ van na feira en Lousadela,/ vender o becerro pardo,/ fillo da vaca marela.''
* ''Miña nai e maila túa/ ámbalas dúas van na feira,/ levan un cuxiño roxo/ fillo da vaca marela''.
* ''Miña nai e maila túa/ ambas van en Paradela/ vender a becerra pinta,/ filla da vaca marela''.
* ''Miña nai e maila túa/ as dúas van á taberna;/ levan a cuxiña branca/ e mais tamén a marela''.
* ''Miña nai e maila túa/ van á feira a Paradela/ vender o becerro branco/ fillo da vaca marela''.
* ''Miña nai e maila túa/ van na feira da Portela/ vender o becerro teixo/ ai, fillo da vaca marela''.
* ''Miña nai e maila túa/ van na feira en Paradela,/ van vender a xata roxa,/ filla da vaca marela''.
* ''Miña nai e maila túa/ van xuntas a Paradela/ vender o becerro blanco/ fillo da vaca marela''.
* ''Miña nai e mais a túa/ ambas iban á taberna,/ levan a xatiña branca/ e mais tamén a marela''.
* ''Miña soghra e maila túa/ van na feira da Bandeira/ vender o becerro blanco/ fillo da vaca marela''.
* ''Miña soghra e maila túa/ van na feira da Portela/ vender o becerro neghro/ fillo da vaca marela''.
* ''Nena que levas o gando,/ lévame a miña marela;/ queda na corte berrando/ por unha pouquiña de herba''.
* ''Nenas que ides co ganado/ levai a miña marela/ queda na corte berrando/ por unha gavela de herba''.
* ''Nenas que ides co ganado/ levaime a miña marela/ queda na corte berrando/ por unha gavela de herba''.
* ''Neniña que vas co gando,/ lévame a miña marela,/ que está berrando na corte,/ por unha gavela de herba''.
* ''O Campo de Badernado./ Unha fala, duas falas:/ -“¡Ponte, Marela, no carro!”''.
* ''Para a sumana que vén/ hei de arar a miña roza/ regho abaixo, regho arriba/ ca miña vaquiña roxa''.
* ''Pariu a rubia, pariu a rubia,/ pariu a rubia, ¡vaia por Dios!/ Pariu a rubia, pariu a rubia,/ pariu a rubia, ¡cagou pra vós''.
* ''Rapaza que estás na horta,/ collendo un manto de verzas;/ bótallas ó boi marelo/ e olvida cousas que pensas''.
* ''Rapaza que vas coas vacas/ lévame a miña marela/ que ta berrando na corte/ por unha gavela de herba''.
* ''San Antonio garde o gando/ e mais a vaca marela,/ e mais a filla máis nova/ se non quer gardar a vella''.
* ''Se tes unha cagadela/ chama a túa nai/ que muxa o leite/ da vaca marela''.
* ''Sei arar cun bo arado,/ poñer direita a rabela,/ atrás Roxa, máis un pouco,/ báixate ó regho, Marela''.
* ''Tarabela, tarabela,/ dálle pouco/ á vaca marela''.
* ''Tira ben polo arado,/ miña vaquiña marela,/ para ir ó neno Dios,/ que está pretiño da veigha''.
* ''Tira ben polo arado,/ miña vaquiña marela,/ que imos ver ó Neno Dios/ que está cerquiña da veiga''.
* ''Un veciño do lugar/ ten unha vaca marela/ que mercou na Feira Nova/ por seis pesetas e media''.
* ''Xa me daban o boi pinto/ fillo da vaca marela,/ se me caso cunha filla/ nacida na nosa terra''.
 
 
Ás veces, os rapaces que andan alindando o gando aproveitan este feito para adiantar a hora de regresar a casa. Para conseguir que as vacas comecen o camiño de regreso e aceleren a marcha imitan o zunido das moscas, e para iso utilizan estes versos:
* ''Pica, tabán,/ no tempo de vran;/ pica, tabela,/ na vaca marela''.
* ''Vaca marela, pica na vela/ boi mariñán, pica tabán/ que aí vén o verán''.
 
* ''Á vaca marela/ do corno virado/ pícalle a mosca/ debaixo do rabo''.
 
Outro accidente, que pode ser moi grave, consiste na obstrución esofáxica producida pola inxestión dunha pataca, unha mazá, a cachola dun nabo, ou calquera outro alimento de certo volume. [[Eduardo Lence-Santar|Lence Santar]] recolleu en [[Mondoñedo]] <ref>"Folklore gallego (1). Os médicos y os manciñeiros", en ''Mondoñedo 1842-1942'', 1942.</ref> o uso do seguinte ensalmo polos [[menciñeiro]]s daquelas terras:
:''A vaca Marela''
:''ten unha pataca na gorxa''.
393.002

edicións