Joseph Conrad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética
Liña 8:
Foi fillo dun aristócrata, de quen herdaría o seu amor pola literatura. Seu pai, de ideoloxía nacionalista e liberal, sería arrestado en [[Varsovia]] polo seu apoio á insurrección polaca de [[1863]] e condenado a traballos forzados en [[Siberia]] polas autoridades [[Rusia|rusas]]. Morta a súa nai de tuberculose en [[1865]] e o seu pai en [[1869]], un tío materno de Cracovia encargarase do pequeno Conrad ata que en [[1874]] viaxe a [[Marsella]] onde se embarcará como mariñeiro.
 
Ata [[1878]] navegará en mercantes franceses por SudaméricaSuramérica, India, Arquipélago Malaio, África, Australia e Inglaterra, onde finalmente ingresará na Mariña Real, da que chegará a ser capitán. Adoptou a nacionalidade británica en 1886, mudando o seu nome polaco polo máis simple de Joseph Conrad.
 
Logo dunha tentativa de suicido fanado por unha historia de amor, e de servir durante dezaseis anos na mariña mercante británica, abandonará a súa vida de mariño e comezará a escribir. Viviu por temporadas en [[Londres]], en Lowestoft, en [[Suffolk]] e Bishopsbourne, preto de [[Canterbury]]. Coñeceu e mantivo relacións de amizade con John Galsworthy, [[Rudyard Kipling]], [[Henry James]], [[Bernard Shaw]] e [[Bertrand Russell]].
Liña 17:
A súa obra narrativa, escrita toda en [[Lingua inglesa|inglés]], sitúase entre o realismo literario, na tradición de [[Charles Dickens]] e [[Fiódor Dostoievski]], e o modernismo, sendo en boa medida a síntese dunha reelaboración autobiográfica. O mar e as aventuras da vida mariña narradas cun dominio lingüístico pouco usual calaron fondo nun pobo marítimo como o inglés. Bertrand Russell, que sentía verdadeira admiración pola obra de Conrad, bautizaría un dos seus fillos co seu nome.
 
A súa primeira novela, ''Almayer's Folly'' (1895), sitúa a acción na costa leste de [[Borneo]]. ''Nostromo'' (1904) é un estudo panorámico da revolución en SudaméricaSuramérica, mentres ''The Secret Agent'' e ''Under Western Eyes'' foron das primeiras novelas modernas en tratar do terrorismo e a espionaxe. O tránsito da mocidade ó mundo dos adultos e das súas responsabilidades é narrado co pano de fondo do mar e da vida a bordo en ''[[A liña de sombra]]''. As operacións de tráfico de armas e as conspiracións políticas en que se viu envolto o Conrad mozo terían o seu reflexo na súa novela tardía, ''A frecha de ouro'' (''The Arrow of Gold'').
 
A novela máis coñecida é ''Corazón da escuridade'' (''Heart of Darkness''). Baseada na viaxe que fixera en [[1890]] polo [[río Congo]], considérase un alegado contra do [[colonialismo]] europeo en África, pero é tamén unha historia de nobres ideais que se transforman en barbarie e perversión.
Liña 23:
== Listaxe de obras ==
=== Novelas ===
* ''[[Almayer's Folly]]'' ([[1895]])
* ''[[An Outcast of the Islands]]'' ([[1896]])
* ''[[The Nigger of the 'Narcissus']]'' ([[1897]])
* ''[[Corazón da escuridade]]'' (''Heart of Darkness'') ([[1899]]) (tradución ó galego de [[Manuel Outeiriño]], 1997), tamén coma ''[[O corazón do negror]]'' (en tradución de [[Eva Almazán]], 2009)
* ''[[Lord Jim]]'' ([[1900]])
* ''[[The Inheritors]]'' ([[1901]])
* ''[[Tifón (novela)|Tifón]]'' (''Typhoon'') [[1899]] (tradución ó galego de [[Xavier Queipo]], 1999)
* ''[[Romance (novela)|Romance]]'' ([[1903]])
* ''[[Nostromo]]'' ([[1904]])
* ''[[The Secret Agent]]'' ([[1907]])
* ''[[Under Western Eyes]]'' ([[1911]])
* ''[[A Personal Record]]'' ([[1912]])
* ''[[Chance (novela)|Chance]]'' ([[1913]])
* ''[[Victory]]'' ([[1915]])
* ''[[A liña de sombra]]'' (''The Shadow Line'') ([[1916]]) (tradución ó galego de Ana Iglesias Francos e Benigno F. Salgado, 2000)
* ''[[The Arrow of Gold]]'' ([[1919]])
* ''[[The Rescue]]'' ([[1920]])
* ''[[The Nature of a Crime]]'' ([[1923]])
* ''The Rover'' ([[1923]])
 
=== Relatos curtos ===
Liña 69:
* [https://web.archive.org/web/20060220083428/http://www2.hn.psu.edu/faculty/jmanis/josephconrad.htm Joseph Conrad at Penn State's Electronic Classics]
* [https://web.archive.org/web/20050403045231/http://www.ifrance.com/dossierscinemaetcie/CONRAD%20JOSEPH.htm Páxina persoal sobre adaptacións cinematográficas da obra de Conrad]
* [http://www.biblioweb.org/-CONRAD-Joseph Biblioweb Biografía e resumos de varias obras en francés]{{Ligazón morta|data=setembro de 2018 }}
* [http://www.literaryhistory.com/20thC/Conrad.htm Páxina de Conrad no Literary Journal.com] Artigos de investigación sobre a obra de Conrad.
 
Liña 75:
 
{{ORDENAR:Conrad, Joseph}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua inglesa]]
[[Categoría:Escritores de Inglaterra]]