Anxiospermas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de unha > dunha
m Bot: Substitución automática de texto (-Sudamérica +Suramérica); cambios estética
Liña 50:
 
* Como en todas as traqueófitas, hai dúas xeracións multicelulares alternadas, chamadas gametófito e esporófito, sendo o gametófito taloide, e o esporófito organizado en tecidos e órganos. Como en todas as espermatófitas, a [[alternancia de xeracións]] gametofítica e esporofítica dáse de xeito enmascarado, xa que o [[gametófito]] se desenvolve por completo dentro das estruturas do [[esporófito]].
* Como en todas as traqueófitas, o esporófito é un "cormo" (con [[sistema vascular]], raíz e vástago). Como en todas as [[eufilófitas]], o vástago do esporófito medra grazas ó seu [[meristema]] apical, e ramifícase coma un talo principal con ramas laterais, e ademais ten follas ("eufilos").
* Como todas as espermatófitas, teñen un ciclo de vida heterospórico e o gametófito desenvólvese de xeito endospórico (isto quere dicir que o esporófito dá esporas femininas dentro das que se desenvolve o gametófito feminino, e esporas masculinas dentro das que se desenvolve o gametófito masculino), os esporanxios nacen sempre nas follas ("follas fértiles", os estames e os carpelos), e as follas fértiles sempre fican nunha estrutura chamada flor (aquí definida como unha rama de crecemento limitado portadora de follas fértiles). Como en todas as espermatófitas, o macrosporanxio (presente no carpelo) produce unha única [[macróspora]] que nunca o abandona (macrosporanxio + macróspora + gametófito feminino + gameta feminina = óvulo). Como en todas as espermatófitas, o microsporanxio (o saco polínico, presente no estame) produce no seu interior "grans de pole" ([[micróspora]]s cun único gametófito masculino dentro) que son ceibadas ó exterior agardando que os axentes externos os transporten a carón do óvulo. Como en todas as espermatófitas, o gran de pole cando é estimulado emite un tubo polínico para fecundar o óvulo.
# A flor de magnoliófita caracterízase por posuír un pedicelo que nace na axila dunha bráctea, que remata nun receptáculo portador dos verticilos ou espirais de sépalos, pétalos, estames e carpelos (nese orde). Os sépalos e pétalos son follas estériles non presentes no resto das espermatófitas. Polo xeral os '''sépalos''' son verdes e fotosintéticos, e teñen unha función de protección da flor cando aínda está en formación, mentres que os '''pétalos''' son vistosos e coloridos, e teñen unha función de atracción dos axentes polinizadores, case sempre animais. Xeralmente os '''estames''' constan dun filamento e unha [[antera]], e a antera posúe 4 microsporanxios (sacos polínicos) unidos por tecido conectivo. O [[gametófito]] masculino fica reducido a tres células (dúas son espermáticas e a terceira forma o [[tubo polínico]]). Polo xeral os '''carpelos''' son follas pechadas que manteñen os óvulos no seu interior, diferéncianse nunha superficie preparada para recibir o gran de pole chamada '''estigma''', unha gorxa ('''estilo''') preparada para facer medrar o tubo polínico cara ós óvulos, e unha cámara que contén os óvulos chamada '''ovario'''. O gametófito feminino ("[[saco embrionario]]") en xeral fica reducido a sete células. Os óvulos están unidos á parede do ovario cun tecido ás veces chamado "placenta", e o xeito de unión (ou "tipos de placentación") é útil para a determinación das familias. Non hai que confundir esta placentación coa placenta que une o embrión co gametófito feminino (característica de todas as embriófitas).
Liña 57:
== Outros caracteres morfolóxicos ==
 
Outras características morfolóxicas son:
* Moitas magnoliófitas posúen vasos [[xilema|xilemáticos]] en troques de [[traqueida]]s, [[apomorfía|carácter derivado]] dentro do grupo. Nos vasos, a auga pode fluír sen necesidade de atravesar unha membrana, o que os volve moi eficientes no transporte de fluídos dentro do esporófito mais probablemente tamén máis propensos a recibiren danos (en especial por embolias de ar) cando están suxeitos a estrés hídrico.
* O floema das magnoliófitas difire do de todas as demais plantas en que os elementos do [[tubo criboso]] (que son células vivas mais sen núcleo, encargadas do transporte de azucres) fican acompañadas por unha ou máis ''células acompañantes'', que nacen da mesma célula madre que o elemento.
Liña 115:
'''2.1.- A hipótese do troco ambiental fisicoquímico'''
 
As evidencias sinalan que un bo número de trocos na composición florística do Cretáceo (hai 140-80 millóns de anos) coinciden cunha época de trocos ambientais globais, que inclúe unha actividade tectónica elevada, unha diminución de oxíxeno nos océanos, e unha expansión do chan oceánico cunha definitiva ruptura da Panxea, coa consecuente formación dos continentes de África e SudaméricaSuramérica, e tornando distinguibles os pratos da India, Australia e a Antártida. Tamén houbo trocos importantes na composición da atmosfera debido á intensa actividade volcánica (principalmente aumento da concentración de dióxido de carbono), probablemente un subseguinte aumento da temperatura global, un aumento duns 100 metros no nivel do mar, e a desaparición dos xeos polares.
 
[[Ficheiro:Cretacico-isotermas-y-mapamundi.svg|miniatura|400px|'''Superficie terrestre durante o Cretáceo medio'''<small> (hai uns 100 millóns de anos). Nótense as isotermas, que anticipan que a temperatura global media era uns 4,8 °C máis alta que agora, e a ruptura da Panxea: cara ó norte obsérvanse Norteamérica e Europa, cara ó sur a Antártida, Australia e a India (aquí amplificados pola deformación do mapamundi), e no centro os continentes de África e Suramérica.</small>]]