Destrución do hábitat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
zonas húmidas
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 23:
Os "puntos quentes" (''hotspots'') de biodiversidade son fundamentalmente rexións [[clima tropical|tropicais]] que presentan grandes concentracións de especies [[endemismo|endémicas]]. É posible que todos os ''hotspots'' combinados conteñan máis da metade das especies mundiais de animais terrestres.<ref name="Cincotta">Cincotta & Engelman, 2000</ref> Estes ''puntos quentes'' están experimentando enormes perdas de hábitat, xa que cada un deles perdeu polo menos o 70% da súa vexetación primaria.<ref name="Cincotta" />
 
A maioría dos hábitats naturais de illas e lugares con alta densidade de poboación humana xa están destruídos (WRI, 2003). As illas que sufriron graos extremos de destrución do seu hábitat inclúen [[Nova Zelandia]], [[Madagascar]], [[Filipinas]] e [[Xapón]].<ref name="Primack">Primack, 2006</ref> O sur e leste de [[Asia]], especialmente [[China]], [[India]], [[Malasia]], [[Indonesia]] e Xapón, e moitas áreas en [[África occidental]] presentan poboacións humanas moi densas que deixan pouco lugar para os hábitats naturais. As zonas mariñas preto das cidades costeiras con poboación alta tamén presentan degradación dos seus [[arrecife de coral|arrecifes de coral]] e doutros hábitats mariños. Estas áreas inclúen as costas orientais de Asia e África, as costas norte de [[SudaméricaSuramérica]] e o [[Mar Caribe]] coas súas illas.<ref name="Primack" />
 
As rexións de [[Desenvolvemento sustentable|agricultura non sustentable]] ou con gobernos inestables —ambos están xeralmente relacionados— usualmente presentan os graos máis avanzados de destrución de hábitat. As principais rexións con agricultura non sustentable e con gobernos que realizan unha mala xestión ambiental están en [[América Central]], [[África subsahariana]] e na selva tropical chuviosa do [[Amazonia|Amazonas]].<ref name="Primack" />