Diferenzas entre revisións de «Ángel Amor Ruibal»

(formato das referencias)
[[Ficheiro:Placa Amor Ruibal.jpg|miniatura|Placa.]]
Nace no lugar de [[Cangrallo, Barro, Barro|Cangrallo]], [[Barro, Barro|parroquia de San Breixo]] ([[Barro]]); no seo dunha familia labrega acomodada.<ref name="nos042020">{{Cita novas |url=https://www.nosdiario.gal/opinion/pilar-allegue/angel-amor-ruibal-sabio-poliglota/20200420142052095594.html |título=Amor Ruibal, un sabio políglota |nome=Pilar |apelidos=Allegue |ligazónautor=Pilar Allegue |data=21/4/2020 |xornal=[[Nós Diario]] }}</ref>
A pesar dos seus éxitos posteriores, non comezou os estudos con bo pé: os seus suspensos no acceso ó Seminario en xuño e setembro de [[1879]] e na convocatoria extraordinaria de setembro de [[1880]] probablemente non se deban á ignorancia, senón ó seu desacordo co ambiente intelectual romano e ós seus ataques contra o cardeal Billot, paladín da restauración escolástica. Mais logo comezaron os "benemeritus" (notables) entre [[1880]] e [[1882]] e sobe ós "meritissimus" a partir de entón (agás o derradeiro suspenso en [[Dereito romano]] en [[1886]]). Os seus estudos comezaron en [[Herbón, Padrón|Herbón]] (tres cursos de [[1880]] a [[1884]]) e só logo foi ó Seminario central de Santiago: alí permaneceu ata completar [[Teoloxía]], [[Filosofía]] e [[Código de Dereito Canónico|Canons]], ben complementadas con [[Humanidades]] e [[Ciencia|Ciencias]]. Nos anos [[1895]]-[[1896]] residu en [[Roma]] coa idea de facer o doutoramento na Pontificia Universidade Gregoriana, mais axiña volveu a [[Santiago]] onde rematou a súa preparación<ref name="no042020" />. O exame de grao para o título de Doutor en Teoloxía tivo por tema "Deus é inmenso e eterno" e realizouno en [[latín]] con citas [[Lingua hebrea|hebreas]] e [[Lingua grega antiga|gregas]]. Á parte do currículo oficial, sempre cultivou a investigación filolóxica.
 
FoiEn 1890 é premiado pola Sociedade Oriental Xermánica de Berlín pola tradución da gramática sirio-caldea. Posteriormente volveu ser premiado por esta sociedade no [[1893]]<ref name="nos042020"/>, sendo decisivo para el o terceiro premio obtido na categoría ''Altorientalische Geschellschaft'' en [[1893]], cando era aínda seminarista, cunha ''Memoria sobre as orixes e formas do caldeo''. O propio [[Ramón Cabanillas]] foi quen pasou a limpo o texto latino, cuxa existencia foi por fin confirmada no ano [[2004]] grazas ó libro de [[Lemos Montanet]]. A correspondencia habitual entre Amor Ruibal e [[Leipzig]] ou [[Friburgo, Alemaña|Friburgo]] de libros tanto mercados coma en empréstito confirma a atención e prestixio dos que gozaba no estranxeiro: Amor Ruibal recibiu a encarga da tradución e adaptación ao [[Lingua castelá|castelán]] do ''Kirchliches Handlexikon''. Máis tarde expresou o seu desgusto contra o [[Manifesto dos 93|Manifesto]] que os seus amigos e inspiradores alemáns ([[Herder]]) asinaron en [[1914]] en apoio ó [[Kaiser Guillerme II]] no empezo da [[Primeira guerra mundial]].
 
Falidas as súas aspiracións a coenxías en [[Santiago de Compostela]], [[Ourense]] e [[Granada]] (a onde nin foi), conseguiu a santiaguesa en [[1902]]. En [[1916]] presentouse para o [[Senado de España|Senado]] español sen quitar escano, máis ben como método para prestixiar algunha candidatura. Nunca aceptou ser declarado [[bispo]] e sempre preferiu centrarse no seu labor de profesor de [[Teoloxía]] Fundamental e [[Dereito canónico]].
1.486

edicións