Segar's Roll: Diferenzas entre revisións

armorial inglés
Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Manuscrito | nome = Segar's Roll | localización = College of Arms | imaxe = The Segar's Roll.jpg | descrición = Páxina da copia facsimilar do ''S..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de maio de 2020 ás 21:03

O Segar's Roll é un armorial inglés que data de arredor de 1282. O orixinal perdeuse contra mediados do século XVII, mais consérvanse varias copias, algunha delas en facsímile. Nel documéntase o testemuño máis antigo coñecido do escudo de Galiza.

Segar's Roll
College of Arms
Páxina da copia facsimilar do Segar's Roll
Tamén coñecido comoArmorial Segar
TipoArmorial
Datac. 1282
Lugar de orixeInglaterra
Lingua(s)Anglonormando
MaterialPergamiño
Dimensións2,97 m × 15 cm
FormatoRolo
CondiciónDesaparecido
Contido212 armas
Posesións previasSegar
IdentificadorL.14/1 (1600)
Harl.6137 (1605)
ms.664/8/r22 (1640)
modificar datos en Wikidata ]

Características

Este armorial era un auténtico rolo de armas (roll of arms)[a] cuxo pergamiño medía uns 2,97 m de longo e 15 cm de largo. Recibe o nome do seu último propietario e foi datado grazas á aparición dun personaxe que sucedeu na súa casa en 1281 e doutros dous que finaron no ano seguinte.[1][2]

Aínda que o orixinal desaparecera a mediados do século XVII, del fixéronse cinco copias, catro ilustradas e unha brasonada. A máis fiel e temperá copia facsimilar foi realizada contra 1600 e consérvase na que é a máxima autoridade heráldica de Inglaterra: o College of Arms. Unha segunda copia facsimilar, mais de inferior cualidade, áchase na Society of Antiquaries of London e data de 1640. Das dúas ilustradas que restan, ambas sen corar, unha está tamén no College of Arms e a outra na Biblioteca Británica, datando dos anos 1600 e 1605 respectivamente. Por último, a brasonada atópase no Stratford Shakespeare Trust.[3]

Tiña pintados 212 escudos de armas en ringleiras de catro, pertencentes a reis e a diferentes estamentos da nobreza inglesa.[3] Xunto a outros escudos de monarquías europeas aparece a primeira representación coñecida do escudo de Galiza: tres cálices de ouro sobre un campo de azur. Trátanse dunhas armas falantes, pois indubidabelmente o autor do Segar atribuíu ó «rey de Galyce» o símbolo do cáliz debido á proximidade fonética existente na lingua anglonormanda entre «Galice» (Galiza) e «calice» (cáliz).[1][2]

Galería de imaxes

Notas

  1. O termo roll of arms acabou en inglés denominando calquera armorial, indenpendentemente do seu formato.
Referencias
  1. 1,0 1,1 Menéndez Pidal 1999, p. 288-289.
  2. 2,0 2,1 Pardo de Guevara 2007, p. 34, 38, 74.
  3. 3,0 3,1 Clemmensen 2017, p. 101-102.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos