Dance Gavin Dance: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
básico de en:Dance Gavin Dance adaptando a intro da orixe na traxectoria
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de maio de 2020 ás 19:34

Dance Gavin Dance é un grupo de rock estadounidense con orixe en Sacramento, California, formado no ano 2005. O grupo está composto polos vocalistas Tilian Pearson e Jon Mess, o guitarra Will Swan, o baixo Tim Feerick e o batería Matthew Mingus. O grupo sufriu varios cambios de membros dende a súa formación, con antigos membros como os vocalistas Jonny Craig e Kurt Travis.

Dance Gavin Dance
OrixeSacramento, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período2005–
Xénero(s)
Selo(s) discográfico(s)Rise
Membros
Antigos membros
Artistas relacionados
Na rede
IMDB: nm9842136 Facebook: DanceGavinDance Twitter: DGDtheband Instagram: dancegavindance MySpace: dancegavindance Youtube: UCkmEoZbpH7jPCe1_Ym4XJdQ TikTok: dgdtheband Souncloud: dance-gavin-dance Spotify: 6guC9FqvlVboSKTI77NG2k iTunes: 204782507 Last fm: Dance+Gavin+Dance Musicbrainz: 16456fed-c9f2-4adf-b6ea-97b648c474d2 Songkick: 348492 Discogs: 1405649 Allmusic: mn0000480549 Deezer: 72709 Genius: Dance-gavin-dance Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

O grupo publicou o seu EP de estrea Whatever I Say Is Royal Ocean en 2006 e asinou co selo Rise Records. O seu álbum de estudio de estrea titulouse Downtown Battle Mountain e foi publicado en maio de 2007. Craig e o guitarrista Sean O'Sullivan deixaron o grupo sendo substituídos por Kurt Travis e Zachary Garren respectivamente. Publicaron o seu segundo álbum homónimo en agosto de 2008. O vocalista Jon Mess e o baixo Eric Lodge deixaron o grupo antes da publicación do álbum, sendo Jason Ellis o substituto de Lodge. Happiness, o terceiro álbum de estudio do grupo, publicouse en xuño de 2009.

No ano 2010 Jonny Craig, Jon Mess e Eric Lodge volveron ó grupo e gravaron o seu cuarto álbum de estudio, Downtown Battle Mountain II (2011). Craig e Lodge marcharon do grupo ó ano seguinte, mentres que o antigo vocalista de Tides of Man, Tilian Pearson, o baixo Tim Feerick e o guitarrista Josh Benton uníronse ó grupo. Publicaron o seu quinto álbum de estudio, Acceptance Speech en 2013. Benton deixou o grupo pouco despois da publicación deste álbum. O seu sexto álbum, Instant Gratification, publicouse en abril de 2015. Ó ano seguinte publicaron o seu sétimo álbum, Mothership, que chegaría ó posto número 13 da lista Billboard 200. En 2017 publicaron unha versión do sinxelo de Bruno Mars "That's What I Like" para o álbum Punk Goes Pop Vol. 7 e formaron parte da xira Vans Warped Tour. Publicaron o seu oitavo álbum de estudio titulado Artificial Selection en xuño 2018, que acadou o posto número 15 da lista Billboard 200.

Estilo musical

O seu estilo musical foi descrito dentro dos xéneros do post-hardcore,[1][2][3] math rock,[1][4] rock experimental,[5][6] rock progresivo,[1][7] screamo,[7] jazz fusión[7] e emo.[3] A crítica comparou o grupo con outros como the Fall of Troy, Alexisonfire e Circa Survive.[7]

Membros

  • Jon Mess – voz sucia (2005–2008; 2010–)
  • Matt Mingus – batería, percusión (2005–)
  • Will Swan – guitarra, teclado, coros (2005–), voz rapeada (2009–2016; 2020–), voz sucia (2008–2010)
  • Tim Feerick – baixo (2009–2010; 2012–)
  • Tilian Pearson – voz (2012–), voz sucia (2020–)

Liña temporal

Discografía

Álbums de estudio

EPs

Álbums de directos

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Dance Gavin Dance". Sputnik. Consultado o 19 de xullo de 2017. 
  2. "The 10 Best Dance Gavin Dance songs". altpress. 
  3. 3,0 3,1 Corey Apar. "Dance Gavin Dance". AllMusic. Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  4. "Dance Gavin Dance". exclaim.ca. Consultado o 17 de setembro de 2015. 
  5. "REVIEW: Dance Gavin Dance - 'Instant Gratification'". Under the Gun Review. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  6. "Dance Gavin Dance - Acceptance Speech (album review 5) - Sputnikmusic". sputnikmusic.com. Consultado o 7 de xuño de 2015. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Gregory Heaney. "Acceptance Speech". AllMusic. Consultado o 17 de setembro de 2015. 

 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.