Irene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ca:Irene de Bizanci
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Irene, nacida en [[Atenas]] era, aínda que pobre, famosa pola súa beleza. Contraeu matrimonio co emperador León IV. Cando este morreu, o [[8 de setembro]] de [[780]], Irene asumiu a rexencia en nome do seu fillo [[Constantino VI]], que tiña só dez anos de idade. Durante os once anos seguintes, a emperatriz foi a única gobernante efectiva do Imperio
 
A súa decisión máis importante foi permitir a restauración do culto das imaxes, que fora prohibido por [[León III, Emperador|León III]] en [[726]]. Irene sempre fora partidaria dos iconódulos, aínda que se viu obrigada a renunciar publicamente ás súas crenzas en vida do seu marido. Nomeou [[patriarca de Constantinopla]] a [[Tarasio]], o seu antigo secretario, e convocou dous concilios. O primeiro comezou o [[17 de agosto]] de [[786]] na [[igrexa dos Santos Apóstolos]] de [[Constantinopla]], coa asistencia de delegados tanto do Papa [[AdrianoHadrián I, Papa|AdrianoHadrián I]] como dos patriarcas de [[Alexandría]], [[Antioquía]] e [[Xerusalén]], pero debeu interromperse debido á oposición do exército. O segundo, celebrado en [[Nicea]] en setembro de [[787]], celebrouse con éxito e declarou herética a doutrina iconoclasta, aínda que se especificou que as iconas só podían ser obxecto de veneración, e non de adoración. O éxito do concilio, coñecido como [[II Concilio de Nicea]], supuxo a reunificación coa Igrexa de Occidente.
 
En 790, Irene decretou que ela tería sempre prioridade no goberno fronte ao seu fillo Constantino, que xa era un adulto. Isto converteu ao seu fillo no principal foco de oposición contra o goberno de Irene, e tramouse unha conspiración para depoñer á emperatriz. Con todo, a conspiración foi desbaratada por Irene, quen castigou aos culpábeis, encarcerou a Constantino e obrigou ao exército a lle xurar fidelidade. Mentres que na parte europea do imperio, onde predominaban os iconódulos, conseguiuno sen problemas, os soldados de Asia Menor negáronse e comezaron unha revolta que culminou coa proclamación de Constantino VI como único emperador.