Camposancos, A Guarda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 34:
{{Artigo principal|Colexio dos xesuítas de Camposancos|Campo de concentración de Camposancos}}
O [[Colexio dos xesuítas de Camposancos]] foi fundado en 1876. Por primeira vez en España, os [[Compañía de Xesús|xesuítas]] intentaban instituír unha [[universidade]] privada, que finalmente só estivo en activo durante cinco anos. O colexio chegou a contar cun prestixio enorme ata o punto que del xurdiron dúas notables institucións como a [[Universidade de Deusto]] e a [[Universidade Pontificia de Comillas]]. Entre os alumnos avantaxados que saíron do colexio está o político pontevedrés [[Manuel Portela Valladares]], que chegaría a ser ministro e presidente do goberno coa República, ou o filósofo, escritor e político [[Antón Losada Diéguez]]. De 1916 a 1932 foi ocupado polos seus irmáns de relixión portugueses, nesta etapa contaría con estudantes como o director de cine [[Manoel de Oliveira]], pero baixo o mandato da [[Segunda República Española|Segunda República]] a orde dos xesuítas foi expulsada e o centro pasou a ser un sanatorio.
[[Ficheiro:Imaxe do pailebote Constantino Candeira en 1918, no que estivo embarcado o poeta Manuel Antonio.jpg|miniatura|O pailebote Constantino Candeira en [[1918]], nel estivo embarcado [[Manuel Antonio]] en 1926 e 1927.<ref>Saa González, Ignacio (2014/11/10). [http://puertocamposancos.blogspot.com/2014/11/constantino-candeira.html Constantino Candeira]. Porto de Camposancos ([[Río Miño]])</ref>]]
 
O recinto do Colexio dos Xesuítas convertido en hospital acolleu durante a [[guerra civil española]] e a posguerra o [[campo de concentración de Camposancos]]. Habilitado como centro de reclusión a finais de 1937, chegou a estar ocupado en 1938 por 1.066 reos cando a capacidade -segundo informe oficial do réxime [[Franquismo|franquista]]- era de 868 presos. As fontes diverxen en torno a poboación reclusa que pasou por el pero oscila entre os 2.000 e os 3.000 presos.