Bufo Gris: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1:
{{Biografía}}
'''Archibald Stansfeld Belaney''', nado o [[18 de setembro]] de [[1888]] e finado o [[13 de abril]] de [[1938]], máis coñecido como '''Bufo Gris''' ("Grey Owl"), foi un conservacionista, cazador de peles e escritor de orixe británica que finxiu ser [[Pobos indíxenas de América|nativo americano]]. Malia que conseguiu fama como conservacionista durante a súa vida, logo da súa morte revelouse que non era [[Pobos indíxenas de América|indíxena]], xunto con outras fabricacións autobiográficas, afectaron negativamente á súa reputación.
Belaney acadou a fama como escritor e relator notable, principalmente sobre temas medioambientais.<ref>[https://www.jstor.org/pss/1185502 John Sugden, review of Donald B. Smith, ''From the Land of Shadows: The Making of Grey Owl''], ''[[American Indian Quarterly]]'', verán de 1991, consultado o 4 de decembro de 2010</ref> Traballando coa rede de parques nacionais, Bufo Gris converteuse en obxecto de numerosos filmes, e foi nomeado como "'coidador dos parques de animais' no [[Parque Nacional Riding Mountain]] en Manitoba" en 1931.<ref>Donald B. Smith, ''From the Land of Shadows: the Making of Grey Owl'', (Saskatoon: Western Prairie Books, 1990), 92</ref> Xunto cos seus numerosos artigos, libros, filmes e lecturas, as súas visións sobre o conservacionismo acadou ó público máis aló das fronteiras do Canadá. O seu punto de vista sobre a conservación centrábase no impacto negativo dos humanos na natureza a través da modificación das fontes da natureza no seu beneficio, e na necesidade dos seres humanos en desenvolver un respecto polo mundo natural.<ref>Tina Loo, ''States of Nature: Conserving Canada's Wildlife in the Twentieth Century,'' (Vancouver: UBC Press, 2006), 113.</ref>
Os recoñecementos a Belaney inclúen biografías, unha placa histórica no seu lugar de nacemento e un filme titulado ''[[Grey Owl]]'' sobre a súa vida dirixido por [[Richard Attenborough]].<ref>[https://www.bbc.co.uk/films/2000/10/31/grey_owl_2000_review.shtml BBC - Films - review - Grey Owl<!-- Bot generated title -->]</ref>
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
|