Lope de Vega: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición |
m Desfíxose a edición 5447512 de Eratóstenes de Cirene (conversa) sen referencias para o cambio Etiqueta: Desfacer |
||
Liña 37:
}}
'''
O chamado ''Fénix dos enxeños'', ''Poeta do ceo e da terra''<ref>Chegouse a crear na súa época un [[credo]] paródico blasfemo que empezaba: «Creo en Lope de Vega todopoderoso, poeta do ceo e da terra...», ata que foi prohibido pola inquisición toledana en 1647.</ref> e ''Monstro da Natureza'' (por [[Miguel de Cervantes]]) renovou as fórmulas do teatro español nun momento no que o teatro comezaba a ser un fenómeno cultural de masas. Máximo expoñente, xunto a [[Tirso de Molina]] e [[Pedro Calderón de la Barca|Calderón de la Barca]], do teatro [[Teatro barroco|barroco]] español, as súas obras seguen representándose na actualidade e constitúen unha das máis altas cotas alcanzadas na literatura e as artes españolas. Foi tamén un dos grandes [[Lírica|líricos]] da [[lingua castelá]] e autor de varias novelas e obras narrativas longas en prosa e en verso.
Liña 57:
[[Ficheiro:Colofón de El piadoso aragonés.jpg|miniatura|Colofón de ''[[El piadoso aragonés]]'', manuscrito autógrafo, datado e asinado por Lope de Vega en Madrid o 17 de agosto de 1626.]]
Estudou por entón (quizais 1586) artes liberais co mestre [[Juan de Córdoba]] e matemáticas e astrología na Academia Real con [[João Baptista Lavanha]], cosmógrafo maior de Filipe II,<ref>{{cita web|título=Cronología de Lope de Vega|url=http://www.cervantesvirtual.com/portales/lope_de_vega/autor_cronologia/|obra=Portal Lope de Vega|editorial=Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes}}</ref> e serviu de secretario ao [[Marquesado de las Navas|Marqués das Navas]]; pero de todas estas ocupacións distraíanlle as continuas relacións amorosas. Elena Osorio, á que coñeceu en 1583, foi o seu primeiro gran amor, a «Filis» dos seus versos, separada entón do seu marido, o actor [[Cristóbal Calderón]]; Lope estivo catro anos con ela e pagaba os seus favores con comedias para a compañía do pai da súa amada, o empresario teatral ou ''autor'' Jerónimo Velázquez. En [[1587]] Elena aceptou, por conveniencia, establecer unha relación co [[nobreza|nobre]] Francisco Perrenot Granvela, sobriño do poderoso [[Antonio Perrenot de Granvela|cardeal Granvela]]. Un resentido Lope de Vega fixo entón circular contra ela e a súa familia uns [[libelo]]s:
::::::''Una dama se vende a quien la quiera''.
::::::''En almoneda está. ¿Quieren comprarla?''
|