Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 139:
Xa desde o primeiro ano de reinado, Fernando II comezou a usar, para asinar os seus documentos, o signo ou sinal rodado coa insignia do león incorporada. Esta roda de orixe pontificia fora introducida en Galicia, por primeira vez na [[Península Ibérica]], polo [[Arcebispo de Santiago de Compostela|arcebispo compostelán]] [[Diego Xelmírez]] había máis de 40 anos.<ref group="lower-greek">[[Ficheiro:Signo-de-Diego-Xelmirez.png|miniatura|centro|Sinal rodado de [[Diego Xelmírez|Xelmírez]].]]</ref> O seu uso estendérase, alén de aos seus sucesores, a outros bispos e nobres do reino. Un destes nobres foi [[Fernando Pérez de Traba]], [[conde de Galicia]], quen fora o propio aio do monarca. Deste xeito, Fernando II introduciu a roda e orixinou un novo tipo de documento real que é denominado privilexio rodado.{{Refn|group="lower-alpha"|Desde [[1143]] a roda xa era empregada na documentación real do novo [[reino de Portugal]]. Nese ano, coa súa aceptación internacional, comezouse a usar na súa diplomática o sinal rodado ―non só polo rei, senón tamén pola raíña e o chanceler, así como polo correxente―, o que estabelecía un vencello entre o reino vasalo e o seu protector, a [[Santa Sede]].{{Sfn|{{Versaleta|de Francisco Olmos}}|2009|p=14}}<ref group="lower-greek">[[Ficheiro:Sinal rodado de Afonso Henriques (1153).png|miniatura|centro|Un dos primeiros sinais rodados de [[Afonso Henriques]] ([[1153]]).]]</ref>}} O emprego do sinal rodado foi continuo durante os reinados de Fernando II e Afonso VIII, non así o seu tamaño e deseño, que foron variando co tempo. A roda de Fernando, por exemplo, comezou cunhas dimensións duns 70 [[Milímetro|mm]], aumentou até uns 150–160&nbsp;mm no seu apoxeo ―contra [[1165]]― e finalmente diminuíu, aínda que superando adoito os 100&nbsp;mm. Canto ao deseño, o descoñecemento do aspecto do [[león]] por parte da xente da época fixo que a figura tivese unha gran cantidade de formas e estivese inspirada en [[gato]]s, [[can]]s ou [[cabalo]]s. A postura do león tamén variou, aínda que normalmente tivo unha actitude pasante ―isto é, en andamento e cunha pata dianteira levantada―, ás veces virando a cabeza para ollar cara a tras.{{Sfn|{{Versaleta|de Francisco Olmos}}|2009|pp=9, 29-31}}<ref>{{Cita publicación periódica |nome=José A. |apelidos={{Versaleta|Martín Fuertes}} |ano=2002 |ano-orixinal=1983 |título=El ''signum regis'' en el reino de León (1157-1230): Notas sobre su simbolismo (I) |revista=Argutorio. Revista de la Asociación Cultural "Monte Irago" |volume=4 |número=9 |páxinas=15-19 |lingua=es |issn=1575-801X |url=https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/2378298.pdf}}</ref> No reino, a roda foi exclusivamente empregada polo rei desde arredor de [[1175]], xa que os bispos deixaron de a usar e na nobreza só se manifesta unha en [[1176]] de [[Fernando Ponce de Cabreira o Menor|Fernando Ponce de Cabreira]] (fillo de Ponce de Cabreira e de María Fernández, filla de Fernando Pérez de Traba).{{Sfn|{{Versaleta|de Francisco Olmos}}|2009|p=34}}
 
[[Ficheiro:Alfonso IX Morabetino 92001525.jpg|miniatura|[[Marabedí]] de ouro de Afonso&nbsp;VIII.{{Refn|group="lower-alpha"|Segundo [[Serafín Moralejo]], os arcos que aparecen embaixo do león do [[marabedí]] de [[Afonso VIII de León e Galicia|Afonso VIII]] poderían facer referencia á ponte de [[Salamanca]] sobre o [[Río Tormes|Tormes]].{{Sfn|{{Versaleta|Moralejo}}|1992|pp=144-145}}}}]]
O emblema do león seguiu, como se dixo, a ser incorporado nas moedas, e Fernando II incluíuno tamén na nova moeda de ouro de gran prestixio: o [[marabedí]]. Con Afonso VIII a moeda continuou a ter un deseño moi semellante.{{Sfn|{{Versaleta|de Francisco Olmos}}|2009|pp=32-33, 36}} Noutra das moedas salientábeis figuraron dous leóns unidos polo tronco, dun xeito análogo á [[aguia bicéfala]], o que se suma ao paralelismo existente entre os que son os dous animais heráldicos por antonomasia.{{Sfn|{{Versaleta|Sánchez Badiola}}|2010|pp=56, 176-177}}