Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 26:
A súa orixe está nos Comités de Axuda á Loita Labrega creados en [[1971]] por iniciativa da [[Unión do Povo Galego]]<ref>[http://www.vieiros.com/opinions/opinion/253/lidia-senra-o-rural-galego-e-os-novos-caminos "Lidia Senra, o rural galego e os novos camiños"], artigo de [[Xoán Carlos Carreira]]. ''[[Vieiros (xornal)|Vieiros]]'', 27 de novembro de 2007.</ref> (UPG) que deron orixe ás Comisións Labregas{{efn|O nome máis utilizado era Comisiós Labregas, en galego central.}}, que a partir de [[1973]] cobrará protagonismo na loita contra os encoros. Esta organización formaba parte da estrutura frontista da [[Unión do Povo Galego|UPG]], na mesma liña ca o [[Sindicato Obreiro Galego]] (SOG) ou [[ADEGA]]. No inverno de 1973 aparece o xornal da organización, ''Fouce''. Durante estes anos CCLL participa nas loitas pola recuperación dos [[Man común|montes en mancomún]], contra as cuotas abusivas da [[seguridade social]] e contra a construción de encoros nos ríos galegos. En 1975 un sector do sindicato, cercano ao [[Partido Socialista Galego]] (PSG), escíndese e crea o Sindicato Agrario Galego<ref>Geada, A. D., & Casteleiro, A. T. (2014). [https://www.researchgate.net/publication/321335252_SINDICALISMO_NACIONALISTA_EN_EL_RURAL_GALLEGO_DEL_TARDOFRANQUISMO_Y_LA_TRANSICION_1973-1978_DISCURSO_Y_PRACTICA_PARA_LA_DEMOCRACIA_DESDE_EL_CAMPO<nowiki> Sindicalismo nacionalista en el rural gallego del tardofranquismo y la transición (1973-1978): discurso y práctica para la democracia desde el campo]. </nowiki>''Historia, trabajo y sociedad'', (5), 101-117.<nowiki></ref></nowiki>.
 
En 1976 CCLL crea a Asociación Agraria Galega como brazo legal, grazas a unha nova lei de asociacións máis permisiva. A pesar disto, a primeira Asemblea Xeral foi prohibida polas autoridades. O mesmo ano un grupo disidente, oposto ás políticas da [[Unión do Povo Galego|UPG]], abandona CCLL e forma Comisiós Labregas-Terra. Ese mesmo ano, CCLL cambia o seu nome a Comisiós Labregas-Sindicato Labrego Galego-Comisiós Labregas (SLG-CCLL).
 
=== Legalización e crecemento (1977–1986) ===
En primavera de 1977 por fin foi legalizado o sindicato. Este mesmo ano a organización participou nalgunhas mobilizacións sociais claves da [[Transición española|transición en Galiza]], en concreto o conflito das [[As Encrobas]], entre os veciños de dita parroquia e [[FENOSA]], que quería expropiar as terras dos veciños para extraer [[lignito]]<ref>{{Cita web|título=Vieiros: Galiza Hoxe - Bocixa: "O conflito das Encrobas ou foi mitificado ou esquecido"|url=http://www.vieiros.com/nova/56294/bocixa-o-conflito-das-encrobas-ou-foi-mitificado-ou-esquecido|páxina-web=www.vieiros.com|data-acceso=2020-05-01}}</ref>. O problema pasou de ser un conflito local a unha "cause celébre" en toda [[Galiza]] debido ás mobilizacións do SLG e do [[nacionalismo galego]] en xeral<ref>{{Cita web|título=Video �ntegro {{!}} As Encrobas - A ceo aberto {{!}}{{!}}{{!}} AVG {{!}}{{!}}{{!}} AudioVisual Galego|url=http://culturagalega.gal/avg/extra_audiovisual_estreas.php?Cod_extrs=1990|páxina-web=culturagalega.gal|data-acceso=2020-05-01}}</ref>. Os labregos locais estaban dirixidos por Moncho Valcarce, o cura da parroquia e militante da [[Unión do Povo Galego|UPG]]<ref>{{Cita libro|título=El conflicto de As Encrobas (1976-1979). La prensa gallega y la representación de la identidad campesina|url=http://worldcat.org/oclc/1134837497|editorial=Universidad de Sevilla|data=2008|OCLC=1134837497|apelidos=Herrero Pérez, Nieves}}</ref>. Esta loita rematou coa derrota dos labregos e a vitoria de [[FENOSA]], que poido comezar a extracción do lignito en 1978. Outro evento de grande importancia en 1977 foi a loita contra o proxecto de facer unha [[central nuclear]] en [[Xove]]. Tanto o SLG coma a organización ecoloxista [[ADEGA]] tiveron un papel clave nas mobilizacións sociais contra a central. O 10 de abril de 1977, 8.000 persoar marcharon entre [[Viveiro]] e [[Xove]] contra dito proxecto<ref>{{Cita web|título=Avantar - CIG: Confederación Intersindical Galega|url=https://www.cig.gal/|páxina-web=www.cig.gal|data-acceso=2020-05-01|lingua=gl}}</ref>. Esta loita continuou até 1979, cando os plans para a construción da central foron finalmente cancelados. A mobilización social foi clave, destacando unha manifestación de 20.000 persoas en 1978.
<br />
 
Ese mesmo ano foron as primeiras eleccións ás cámaras agrarias nas que o SLG puido participar de maneira legal, obtendo 545 representantes. Tamén en 1978 o sindicato lanzou unha campaña contra a "cuota empresarial", unha cantidade de diñeiro que os agricultures galegos tiñan que pagar á seguridade social, considerada abusiva polo sindicato<ref>Geada, A. D., & Casteleiro, A. T. (2014). Sindicalismo nacionalista en el rural gallego del tardofranquismo y la transición (1973-1978): discurso y práctica para la democracia desde el campo. ''Historia, trabajo y sociedad'', (5), 101-117.</ref>. Os principais métodos de protesta contra dita cuota foron o boicot e a [[desobediencia civil]], que continuaron até que o foi abolida en 1994.
 
=== Desde 1986: Loita contra a PAC e aumento da independencia da organización (1986-2020) ===
O SLG posicionouse, como a maioría do [[nacionalismo galego]], contra a entrada de [[Galiza]] no Mercado Común en 1986. Esta entrada supuxo a aplicación da [[Política agrícola común da UE]] e o desmantelamento de boa parte dos sectores produtivos agrícolas galegos. A loita contra as cuotas lácteas e os novos impostos foron o novo foco de atención do SLG.
En [[2009]] sufriu unha escisión coa creación da [[Federación Rural Galega]].
 
En 1989 o sindicato volveu cambiar o seu nome, desta vez a Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL). Ese mesmo ano a histórica activista [[Lidia Senra]] foi escollida secretaria xeral, cargo que ocupou até 2007. Durante esa época a organización foi gañando autonomía, desvinculándose da [[Unión do Povo Galego|UPG]] e do [[Bloque Nacionalista Galego]] (BNG). Durante os 90 o SLG uníuse a [[Via Campesina]] e acercouse ao movemento [[Altermundismo|altermundista]], adoptando novas políticas coma a defensa da [[soberanía alimentaria]]. No actual século o SLG participou en mobilizacións contra os proxectos macro-mineiros, coma o de [[Corcoesto]]<ref>{{Cita web|título=Una manifestación multitudinaria dice no a la mina de Corcoesto|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2013/04/14/manifestacion-multitudinaria-dice-mina-corcoesto/00031365942954901444128.htm|páxina-web=La Voz de Galicia|data=2013-04-14|data-acceso=2020-05-01|lingua=es}}</ref><ref>Fouce 298 - Setembro/outubro 2013</ref>.
 
En [[2009]] sufriu unha escisión coa creación da [[Federación Rural Galega]], líderada por Xurxo Álvarez<ref>{{Cita web|título=Vieiros: Galiza Hoxe - Constitúese a Federación Rural Galega baixo a presidencia de Xurxo Álvarez|url=http://www.vieiros.com/nova/77407/constituese-a-federacion-rural-galega-baixo-a-presidencia-de-xurxo-alvarez|páxina-web=www.vieiros.com|data-acceso=2020-05-01}}</ref>, entidade máis vinculada a [[Unión do Povo Galego|UPG]]<ref>{{Cita web|título=Nace a Federación Rural Galega como alternativa ó SLG|url=http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/nace-federacion-rural-galega-alternativa-slg/idNoticia-492222|páxina-web=www.galiciahoxe.com|data-acceso=2020-05-01|lingua=gl|nome=Grupo El Correo|apelidos=Gallego}}</ref>.
 
==Secretarias xerais==