Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
One2 (conversa | contribucións)
finalizo
Liña 1:
{{EnusoCADC}}
{{Escudo
|nome = Escudo de Galicia
Liña 753:
* En [[1978]], [[José-Maria Monterroso Devesa-Juega]], baixo o pseudónimo de Sei-que-si e concordando coa opinión de Castelao sobre o simbolismo relixioso das armas, deu a coñecer nas páxinas de ''Galicia Socialista. Voceiro do Partido Socialista Galego'' un novo escudo «tradicional e revolucionario á vez» que ideara no outono de [[1976]] e que, a diferenza do de Castelao, representaría tódolos galegos independentemente da súa ideoloxía. Este escudo ten forma redonda e componse dun [[dolmen]] como figura principal, arrodeado de sete [[vieira]]s, arrodeadas á súa vez da divisa ''Deus Fratresque Galleciae''. O dolmen representaría «a antigüidade e o cerne granítico da Terra, a comunidade precéltica dos pobos extremo-atlánticos, e, por fin, o mundo labrego», mentres as cunchas representarían as antigas sete provincias, as peregrinaxes a Compostela e o mundo mariñeiro. A divisa como símbolo das [[revoltas irmandiñas]] aludiría, por conseguinte, á revolución, mais tamén ao mundo latino ao cal pertence Galicia, entre outros motivos por mor da súa [[lingua galega]]. O autor non descarta combinar a súa proposta coa de Castelao, facendo o escudo oval e incorporando a serea como soporte, e mesmo substituíndo un lema polo outro.{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|p=66}}<ref>{{Cita publicación periódica |nome=José-Maria [Sei-que-si] |apelidos={{Versaleta|Monterroso Devesa-Juega}} |ligazón-autor=José-Maria Monterroso Devesa |data=abril de 1978 |título=Encol de Simboloxía e Efemérides Galegas |revista=Galicia Socialista. Voceiro do Partido Socialista Galego |serie=2.ª xeira |páxina=7 |localización= |url=https://pbs.twimg.com/media/D38xYa-XoAA-DMs?format=jpg&name=4096x4096}}</ref>
* Xa no [[século XXI]], [[José Manuel Barbosa Álvares|José Manuel Barbosa]] fixo outra proposta na súa obra ''Bandeiras da Galiza'' do ano [[2006]]. Trátase dun escudo cuartelado: na primeira partición, sobre fondo de azur, o cáliz sumado da hostia e acompañado das sete cruces, tres a cada lado e unha enriba; na segunda, sobre fondo de prata, unha cruz de goles; na terceira, sobre fondo de prata, o león púrpura; e na cuarta, sobre fondo de [[sinople]], a cruz da [[Orde de Cristo]] ou [[cruz de Portugal]]. Como timbre, un [[Carballo común|carballo galego]]. Como soportes, o león encarnado e o dragón verde rampantes. Embaixo do escudo, unha fita amosa o lema: ''Gallaecia Lux et Libertas''. Ditas armas representan as diferentes simboloxías históricas de Galicia, isto é, nos cuarteis faise referencia á Galicia compostelá, á Galicia altomedieval ―coa primeira imaxe [[Vexiloloxía|vexilolóxica]] de [[Ramiro I de Oviedo|Ramiro I]]―, á Galicia imperial e ao vencello con Portugal, mentres nos soportes ao [[reino suevo]]. Á súa vez, o carballo alude «à força e ao enraizamento dos galegos à sua Terra e à sua Língua».{{Sfn|{{Versaleta|Barbosa Álvares}}|2011|pp=81-82}}
 
=== O escudo desde 1978 ===
[[Ficheiro:Escudo pré-autonómico da Galiza (1978).jpg|miniatura|upright=0.8|Escudo oficial de Galicia, 1978-1984.]]
Após a constitución da [[Xunta de Galicia]] preautonómica mediante o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978, aprobados o [[16 de marzo]] de [[1978]],<ref>{{Cita web |url=https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1978-7435 |título=Real Decreto-ley 7/1978, de 16 de marzo, por el que se aprueba el régimen preautonómico para Galicia [BOE-A-1978-7435] |páxina-web=[[Boletín Oficial del Estado|BOE]] |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita web |url=https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1978-7439 |título=Real Decreto 474/1978, de 16 de marzo, por el que se desarrolla el Real Decreto-ley 7/1978, que aprueba el régimen preautonómico para Galicia [BOE-A-1978-7439] |páxina-web=[[Boletín Oficial del Estado|BOE]] |lingua=es}}</ref> o goberno galego que presidía [[Antonio Rosón]] publicou o [[1 de decembro]] o primeiro número ―o número 0― do ''[[Boletín Oficial da Xunta de Galicia]]'', no cal se estabelecía por fin o primeiro escudo oficial de Galicia.<ref>{{Cita publicación periódica |título=Escudo oficial de Galicia |obra=[[Boletín Oficial da Xunta de Galicia]] |número=0 |data=Venres, 1 de decembro de 1978 |editorial=[[Xunta de Galicia]] |url=https://www.xunta.gal/dog/Publicados/1978/19781201/Anuncio9B2_gl.html |páxina=12}}</ref> Foi publicado, por tanto, días antes da ratificación da [[Constitución española de 1978]] polo [[referendo]] celebrado o [[6 de decembro]], que supuña o recoñecemento das [[comunidades autónomas]] e do seu dereito a regular os seus propios símbolos.<ref>{{Cita web |url=https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1978-40005 |título=Constitución Española [BOE-A-1978-40005] |data=29 de decembro de 1978 |páxina-web=[[Boletín Oficial del Estado|BOE]] |en=Título preliminar, artigo 4.2 |cita=Os Estatutos poderán recoñecer bandeiras e mais enseñas propias das Comunidades Autónomas}}</ref>
 
No ano [[1981]] aprobouse o novo [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1981|Estatuto de autonomía de Galicia]]; porén, non incidiría nas armas e simplemente lembraría que «Galicia ten himno e escudo de seu».<ref>{{Cita web |url=http://simbolos.parlamentodegalicia.gal/galego/gfx/parte_4.pdf |título=Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, Estatuto de autonomía de Galicia |páxina-web=Os Símbolos de Galicia. [[Parlamento de Galicia]]}}</ref> Como en realidade non se ditara disposición normativa ningunha que legalizase o escudo, malia si estar oficializado, en [[1983]] comezouse a considerar a súa sanción legal após unha Proposición non de Lei sobre a bandeira galega presentada por [[Camilo Nogueira Román|Camilo Nogueira]] no [[Parlamento de Galicia]] o [[5 de abril]]. Segundo o propio Nogueira, inicialmente a proposta fora só sobre a bandeira porque consideraba que podía non haber consenso sobre o escudo. Posteriormente, o [[30 de decembro]] foi aprobado polo Consello da Xunta o Proxecto de lei de símbolos de Galicia, que tiña como obxectivo, alén de «lle dar carácter oficial á letra e á música do himno», «fixar definitivamente a composición do escudo». O [[9 de febreiro]] do ano seguinte entrou no Rexistro Xeral do Parlamento galego.{{Sfn|{{Versaleta|Cores Trasmonte}}|1986|pp=28, 35-37}}
 
{{Imaxe múltiple
| posición_táboa = left
| foto1 = Escudo da Galiza no Proxecto de lei de símbolos de Galicia (1984).png
| ancho1 = 124
| foto2 = Escudo da Galiza na emenda ao Proxecto de lei de símbolos de Galicia (1984).png
| ancho2 = 126
| pé = Propostas do escudo no Proxecto de Lei.
}}
José Antonio García Cotarelo, nalquel entón secretario xeral técnico da primeira Xunta de Galicia autonómica, presidida por [[Xerardo Fernández Albor]], encargou o deseño dun novo escudo oficial de Galicia a [[Luís Prego Carregal]], quen xa levaba realizando un traballo de documentación persoal sobre as armas galegas desde o ano [[1968]]. Prego tomou a decisión de representar o [[cáliz do Cebreiro]], do cal se chegaron a facer detallados debuxos para a elaboración do modelo oficial.<ref name="Prego">{{Cita publicación periódica |nome=Luis |apelidos={{Versaleta|Prego Carregal}} |data=1 de maio de 2016 |título=Escudo de Galicia. Historia reciente |xornal=[[El Correo Gallego]] |lingua=es |url=https://www.elcorreogallego.es/tendencias/el-correo2/ecg/escudo-galicia-historia-reciente/idEdicion-2016-05-01/idNoticia-995003}}</ref> Este foi aceptado e o [[7 de marzo]] acordouse a tramitación do Proxecto de Lei e a súa publicación no ''Boletín Oficial do Parlamento de Galicia'' dous días despois.<ref>{{Cita publicación periódica |título=Proxectos de Lei de Símbolos de Galicia (n.º 3.396) |obra=Boletín Oficial do Parlamento de Galicia |número=230 da I lexislatura |data=9 de marzo de 1984 |url=http://www.parlamento.gal/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B10230.PDF}}</ref> O Proxecto pasou á Comisión Institucional, que designou como membros do relatorio a [[Tomás Pérez Vidal]], [[Antonio Olives Quintás]], [[Ramón Piñeiro]], [[José María Pardo Montero]] e Camilo Nogueira, coa asistencia do letrado [[Baldomero Cores Trasmonte]]. Após o período de emendas,<ref>{{Cita publicación periódica |título=Proxectos de Lei de Símbolos de Galicia |obra=Boletín Oficial do Parlamento de Galicia |número=246 da I lexislatura |data=5 de abril de 1984 |url=http://www.parlamento.gal/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B10246.PDF}}</ref> o informe final redactado polo relatorio foi publicado no boletín oficial parlamentario o [[11 de maio]].<ref>{{Cita publicación periódica |título=Proxectos de Lei de Símbolos de Galicia - Informe da Ponencia |obra=Boletín Oficial do Parlamento de Galicia |número=267 da I lexislatura |data=11 de maio de 1984 |url=http://www.parlamento.gal/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B10267.PDF}}</ref> Deste xeito, dito boletín xa comezou a empregar o novo escudo a partir do número seguinte;<ref>{{Cita libro |título=Boletín Oficial do Parlamento de Galicia |tipo=268 da I lexislatura |data=12 de maio de 1984 |url=http://www.parlamento.gal/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B10268.PDF}}</ref> no entanto, sería o [[29 de maio]] cando o Parlamento de Galicia finalmente aprobaría a Lei de Símbolos.<ref>{{Cita publicación periódica |título=Lei de Símbolos de Galicia |obra=Boletín Oficial do Parlamento de Galicia |número=280 da I lexislatura |data=31 de maio de 1984 |url=http://www.parlamento.gal/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B10280.PDF}}</ref> Aínda o [[18 de abril]] do ano seguinte, co Decreto 73/1985, estabeleceuse a especificación técnica oficial das cores do escudo.<ref>{{Cita web |url=http://simbolos.parlamentodegalicia.gal/galego/gfx/parte_3.pdf |título=Decreto 73/1985, do 18 de abril, polo que se establece a especificación técnica das cores da bandeira e do escudo de Galicia |páxina-web=Os Símbolos de Galicia. [[Parlamento de Galicia]]}}</ref>
 
{{Imaxe múltiple
| posición_táboa = right
| foto1 = Coat of Arms of Galicia (Spain).svg
| ancho1 = 125
| foto2 = Escudo de Galicia 2.svg
| ancho2 = 130
| pé = Dúas versións do escudo de Galicia en [[Wikimedia Commons]].
}}
Observando as diferenzas entre o modelo proposto inicial do escudo, o das emendas e o final, pódese apreciar que se debeu debater polo miúdo unha serie de diferentes aspectos heraldicamente triviais, como a posición exacta da hostia e da coroa, tentando precisar se tiñan que ir sumadas ou superadas, isto é, apegadas ou separadas con respecto ao cáliz e ao escudo. Malia isto, os persoeiros todos opinaron positivamente do resultado final. Camilo Nogueira, que prefería un escudo «máis laico», salientou que aquel era «un momento histórico da recuperación da personalidade nacional de Galicia». Con respecto á laicidade, Antonio Olives Quintás fixo referencia ao «sentido polisémico dalgúns elementos do escudo», explicando que o cáliz «está dentro da tradición do caldeiro e de fórmulas precristiás» e que as cruces son a «expresión das sete provincias».{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|p=67}} Por outra banda, toda a documentación de Luís Prego foi entregada para a súa conservación; porén, acabou sendo destruída nos [[anos 90]].<ref name="Prego"/>
 
[[Eduardo Pardo de Guevara]], vicepresidente e asesor da [[Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia]] e académico de número da [[Académie internationale d'héraldique]],<ref>{{Cita web |url=https://www.ramhg.es/index.php/academicos/de-numero/243-17-ilmo-sr-donneduardonpardo-de-guevara-y-valdesn |título=Ilmo. Sr. Don Eduardo Pardo de Guevara y Valdés |páxina-web=[[Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía]] |lingua=es}}</ref> ten criticado en diferentes ocasións o actual deseño oficial do escudo galego. Na súa opinión, «máis que lamentábel resulta a pobreza e mal gusto do “modelo oficial”». Máis concretamente, por unha banda, o deseño seméllalle demasiado sinxelo, máis propio dun [[logotipo]] ca dun escudo heráldico; por outra, considera totalmente innecesaria a longa descrición da coroa, así como a propia especificación técnica das cores. O historiador explica que os emblemas heráldicos non teñen un modelo ríxido, senón que a súa representación depende do artista. Por conseguinte, na súa propia versión das armas de Galicia debuxa un cáliz máis adaptado á arte heráldica, así como unha coroa máis grande.{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|pp=67-69}}<ref>{{Cita publicación periódica |nome=Ana |apelidos={{Versaleta|Lorenzo}} |data=12 de maio de 2011 |título=Eduardo Pardo de Guevara sugiere cambios más heráldicos para el escudo de Galicia |xornal=[[La Voz de Galicia]] |lingua=es |localización=A Coruña |url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2011/05/12/eduardo-pardo-guevara-sugiere-cambios-heraldicos-escudo-galicia/0003_201105H12C10994.htm}}</ref>
 
== Uso institucional ==