Diferenzas entre revisións de «Volcán»

chuvia como desencadeante, formato numérico...
(chuvia como desencadeante, formato numérico...)
 
Polo xeral os volcáns están asociados aos límites de [[tectónica de placas|placas tectónicas]], aínda que hai excepcións como o vulcanismo de '''[[punto quente|puntos quentes]]''' ou '''hot spots''' situados no interior de [[tectónica de placas|placas tectónicas]] tal como é o caso das illas [[Hawaii]], teoría barallada tamén para a orixe do Arquipélago Canario.
 
No 2020 confirmouse que as erupcións volcánicas poden ser favorecidades por períodos de chuvias intensas.<ref>{{Cita web|título=Can rain trigger a volcanic eruption?|url=http://www.esa.int/Applications/Observing_the_Earth/Copernicus/Sentinel-1/Can_rain_trigger_a_volcanic_eruption|páxina-web=www.esa.int|data-acceso=2020-04-30|lingua=en}}</ref>
 
Os [[xeoloxía|xeólogos]] clasificaron os volcáns en tres categorías: [[volcán en escudo|volcáns en escudo]], [[cono de cinzas|conos de cinzas]] e [[cono composto|conos compostos]] (tamén coñecidos como estratovolcáns).
A saída de produtos [[gas]]osos, [[líquido]]s e [[sólido]]s lanzados polas explosións constitúe o paroxismo ou erupcións do volcán. A actividade consiste no desprazamento das rocas ígneas ou en estado de fusión, desde o interior da cortiza terrestre cara ao exterior. Estes materiais saen á superficie terrestre como ríos de rocas fundidas.
 
A actividade volcánica pode supor cambios do [[clima]], chegando a facer que durante un ano non haxa verán (como ocorreu en Europa e os Estados Unidos en [[1816]]). As emisións (gases e cinza) poden afectar á atmosfera facendo que baixan as temperaturas. Se estas emisións á atmosfera ocorren na [[zona de converxencia intertropical]], permite a súa expansión pola atmosfera do planeta.<ref name="Obiols">{{cita publicación|apelido=Obiols|nome=Lluís|título=Volcans i clima|publicación=À Punt|url=https://www.apuntmedia.es/va/L'oratge/Volcans-i-clima|dataacceso=17 de maio de 2018|data=17-5-2018}}</ref>
 
Os volcáns pódense clasificar de diferentes maneiras tendo en consideración varios factores. Unha maneira popular de clasificar os volcáns magmáticos é pola súa frecuencia eruptiva. Os que teñen erupcións de maneira regular dise que están activos. Os que entraron en erupción en tempos históricos, pero agora non mostran actividade dise que están latentes ou durmidos, e os que non entraron en erupción en tempos históricos considéranse extintos. Con todo, estas clasificacións teñen un carácter popular e, especialmente, supor a extinción dun volcán, non ten unha base demasiada científica. Os científicos usan clasificacións que se refiren aos procesos de formación e erupción dun volcán en particular e ás formas resultantes.
Non existe un consenso real entre os vulcanólogos para definir cando un volcán está activo. A vida útil dun volcán pode variar desde meses até varios millóns de anos. Esta distinción, a miúdo non ten demasiado sentido sobre todo cando se compara coa expectativa de vida dos [[seres humanos]] ou, mesmo, das [[civilizacións]]. Por exemplo, moitos dos volcáns da Terra activáronse ducias de veces nos últimos mil anos, pero actualmente non están a mostrar signos de erupción. Tendo presente, pois, a longa vida útil dos volcáns estes son moi activos. Pero en comparación coa duración da vida humana, algúns poden facer interpretacións diferentes.
 
Os científicos adoitan considerar un volcán activo se actualmente está en erupción ou, se non é o caso, porque presentan sinais de inestabilidade, como pode ser unha [[actividade sísmica]] inusual ou unha emisión significativa de gases. Hai un certo consenso ao considerar que un volcán está activo se entrou en erupción ao longo do período [[Holoceno]]. A definición do Smithsonian Global Volcanism Program é que un volcán activo ten que estalar nos últimos 10. 000 anos (o período Holoceno). Os tempos históricos son un prazo máis concreto para consideralos activos.<ref>"[http://pubs.usgs.gov/gip/volc/text.html Volcanoes]". U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.</ref> Con todo, é importante sinalar que o lapso da historia difire de rexión a rexión. Na [[China]] e no [[Mediterráneo]], a historia escrita remóntase a máis de 3.000 anos, pero no Noroeste Pacífico dos Estados Unidos e o Canadá, tan só é duns 300 anos, e en Hawai e Nova Zelandia, ao redor duns 200 anos.<ref>"''[http://books.google.cat/books?id=-P83AAAAIAAJ&pg=PA7&dq&hl=ca#v=onepage&q=&f=false Mountains of fire: the nature of volcanoes]''". Robert Wayne Decker, Barbara Decker (1991), p.7, {{ISBN|0-521-31290-6}}</ref>
 
Na actualidade no mundo hai preto de 500 volcáns activos, a gran maioría ao longo do [[Cinto de lume do Pacífico]]; e ao redor de 50 deles entran en erupción cada ano.<ref>"[http://www.esa.int/SPECIALS/Space_for_our_climate/SEM3XU2VQUD_0.html Volcanoes]". European Space Agency.</ref> Segundo algunhas estimacións, hai máis de 1.5001500 volcáns potencialmente activos.<ref>"[http://earthobservatory.nasa.gov/Features/monvoc/ Sensing Remote Volcanoes]". NASA Earth Observatory.</ref> Só nos Estados Unidos teñen controlados 50 volcáns activos.<ref>"[http://pubs.usgs.gov/gip/volc/environments.html Volcano Environments]". U.S. Geological Survey.</ref> Estímase que 500 millóns de persoas viven preto de volcáns en actividade.<ref>"[http://www.alertnet.org/db/crisisprofiles/VOLCANO.htm Volcanoes]". Reuters. 12 de decembro de 2009.</ref>
 
=== Volcáns durmidos e extintos ===
=== Volcán de escudo ou en escudo ===
[[Ficheiro:Dds40-097 large.jpeg|miniatura|300px|Volcán Kanaga en Alaska, o 27 de xaneiro de 1994]]
Cando a [[lava]] expulsada polo volcán é fluída, do tipo haiwaiano, o volcán adquire unha forma dunha estrutura ampla e abovedada, que pola súa aparencia son denominados “en escudo”. Un volcán en escudo está formado principalmente por lavas [[Basalto|basálticas]] (ricas en [[ferro]]) e pouco material [[Piroclasto|piroclástico]]. O maior volcán da [[Terra]] é o [[Mauna Loa]], un volcán en escudo nas illas [[Hawaii]]. O Mauna Loa nace nas profundidades do mar a uns 5.0005000 metros e elévase sobre o nivel do mar por uns 4.170 metros, cuns 9,5&nbsp;km de altura é maior que o [[Monte Everest]]. Os volcáns en escudo como o Mauna Loa fórmanse ao longo de millóns de anos grazas a ciclos de erupcións de lava que se van superpondo unhas con outras.
 
O volcán de escudo máis activo é o [[Kilauea]], localizado na Illa de Hawai á beira de [[Mauna Loa]]. No período histórico o Kilauea entrou unhas 50 veces en erupción e é, polo tanto, o volcán deste tipo máis estudado. O resultado das erupcións constantes por millóns de anos deu lugar á creación das montañas máis grandes da Terra (se se ten en conta a altura contando dende a base no leito mariño).
Os conos compostos prodúcense cando se extrúen lavas relativamente viscosas de composición [[Andesita|andesítica]]. Un cono composto pode expulsar lava viscosa por longos períodos, pero nun determinado momento poden cambiar o estilo de erupción e lanzar materiais piroclásticos.
 
Os conos compostos producen algunhas das actividades volcánicas máis violentas. O [[Monte Vesuvio|Vesuvio]] é un claro exemplo do poder de devastación deste tipo de volcáns. En efecto, o Vesuvio erupcionou no ano [[79]] dC logo de estar por varios séculos inactivo. O [[24 de agosto]], así a todo, e durante tres días a cidade de [[Pompeia]] (preto de [[Nápoles]]) e máis de 2.0002000 dos seus 20. 000 habitantes foron soterrados baixo unha capa de cinzas de 6 metros de grosor. 17 séculos despois os restos de Pompeia foron descubertos brindando os aspectos de vida dos romanos.
 
==== Nube ardente ====
Cando as erupcións dun volcán están acompañadas de gases quentes e cinzas prodúcese o que se coñece como fluxo piroclástico ou [[nube ardente]]. Tamén coñecida como ''avalancha incandescente'', a nube ardente desprázanse pendente abaixo a velocidades próximas aos 200&nbsp;km/h. A sección basal destas nubes conteñen gases quentes e partículas que flotan neles. Desta forma, as nubes transportan fragmentos de rochas que grazas ao rebote dos gases quentes en expansión deposítanse ao longo de máis de 100&nbsp;km dende o seu punto de orixe.
 
En [[1902]] unha nube ardente dun pequeno volcán chamado [[Monte Pelée]] na illa [[Caribe (rexión)|caribeña]] de [[Martinica]] destruíu á cidade portuaria de [[Saint Pierre (Martinica)|Saint Pierre]]. A destrución foi tan devastadora que morreu case toda a poboación (uns 28. 000 habitantes). A diferenza de [[Pompeia]], que quedou soterrada nun manto de cinzas nun período de tres días e as casas quedaron intactas (salvo os teitos polo peso das cinzas), a vila de Saint Pierre foi destruída só en minutos e a enerxía liberada foi tal que as árbores foron arrincados de raíz, as paredes das casas desapareceron e as monturas dos canóns se desintegraron. A erupción de Pelée mostra o distintos que poden ser dous volcáns do mesmo tipo.
 
==== Lahar ====
Os conos compostos tamén producen coadas de barro chamadas [[lahar]], unha palabra de orixe [[Indonesia|indonesio]]. Estes fluxos prodúcense cando as [[cinza]]s e derrubamentos volcánicos se saturan de auga e descenden pendente abaixo, normalmente seguindo os [[val]]es dos ríos. Algúns dos lahares prodúcense cando a saturación é provocada pola choiva, mentres que noutros casos cando grandes volumes de xeo e neve se derreten por unha erupción volcánica. En [[Islandia]] ao último caso denomínaselle [[jökulhlaup]] e son devastadores.
 
Destrucións importantes por lahares déronse en [[1980]] coa erupción do [[monte Saint Helens]], en Estados Unidos, que malia as desfeitas producidas, non produciu moitas vítimas debido a que a rexión é pouco poboada. Outro foi en [[1985]] coa erupción do [[Nevado do Ruíz]], en [[Colombia]], a cal xerou un lahar que matou a case 20. 000 persoas.
 
== Formas volcánicas relacionadas ==
Malia que as erupcións volcánicas están relacionadas a estruturas en forma de cono, isto non é así xa que a maior parte do material volcánico é extruído por fracturas na cortiza denominadas [[fisura]]s. Estas fisuras permiten a saída de lavas de baixa viscosidade que recobren grandes áreas. A [[chaira de Columbia]] no noroeste dos Estados Unidos formouse deste xeito. As erupcións fisurais expulsaron lava basáltica moi líquida. As coadas seguintes cubriron o relevo e formaron unha [[chaira de lava]] (''plateau'') que nalgúns lugares ten case 1,5&nbsp;km. de grosor. A fluidez evidenciase na superficie percorrida pola lava: uns 150&nbsp;km. dende a súa orixe. A estas coadas denomínaselles [[basaltos de inundación]] (''flood basalts'').
 
Este tipo de coadas sucede fundamentalmente no chan oceánico onde non poden verse. Ao longo das [[Dorsal oceánica|dorsais oceánicas]], onde a expansión do chan oceánico é activa, as erupcións fisurais xeran novo chan oceánico. [[Islandia]] está situada enriba da [[dorsal centroatlántica]] e experimentou numerosas erupcións fisurais. As erupcións fisurais máis grandes de Islandia ocorreron en [[1783]] e denomináronas [[erupcións de Laki]]. [[Laki]] é unha fisura ou volcán fisural de 25&nbsp;km. de longo que xerou máis de 20 chemineas separadas que expulsaron correntes de lava basáltica moi fluída. O volume total de lava expulsada polas erupcións de Laki foi superior aos 12&nbsp;km³. Os gases arruinaron as praderías e mataron ao gando islandés. A fame subseguinte matou preto de 10. 000 persoas.
 
=== Domo de lava ===
Os volcáns aliméntanse do magma a través de condutos denominados [[cheminea]]s. Estas tubaxes poden estenderse ata uns 200&nbsp;km. de profundidade. Neste caso, as estruturas provén de mostras do [[manto]] que experimentaron moi poucas alteracións durante o seu ascenso.
 
As chemineas volcánicas mellor coñecidas son as [[Suráfrica|surafricanas]] que están cargadas de [[diamante]]s. As rochas que enchen estas chemineas orixináronse a profundidades de 150&nbsp;km., onde a presión é o bastante elevada como para xerar diamantes e outros [[mineral|minerais]] de alta presión.
 
Debido a que os volcáns están sendo rebaixados constantemente pola [[erosión]] e a [[meteorización]]. Os [[Cono de cinzas|conos de cinzas]] son desgastados co tempo, pero non sucede o mesmo con outros volcáns. Conforme a erosión progresa, a rocha que ocupa a cheminea e que é máis resistente, pode permanecer de pé sobre o terreo circundante moito despois de que desapareza o cono que a contén. A estas estruturas chámaselles colo ou [[pitón volcánico]]. [[Shiprock]], en [[Novo México]], é un claro exemplo deste tipo de estruturas.
== Exemplos de volcáns ==
* [[Vesuvio]], preto de [[Nápoles]], [[Italia]], sepultando [[Pompeia]] no ano 79
* [[Etna]], de actividade ocasional ([[2001]], [[2009]]), e [[Stromboli]], tamén en [[Italia]]
* [[Teide]], nas [[Canarias]]
* [[Pinatubo]], nas [[Filipinas]]
* [[Monte Pelée]], na [[Martinica]], o máis devastador coñecido (30. 000 mortos en 1903[[190]]3)
* [[Mauna Loa]] (o maior do planeta [[Terra]]), [[Mauna Kea]] e [[Kilauea]], no [[Hawai]], [[Estados Unidos de América]]
* [[Monte Fuji]], no Xapón, extinto
* [[Krakatoa]], lugar dunha grande [[erupción volcánica]] en [[1883]]
* [[Socompa]], entre a Arxentina e Chile
* [[Monte Saint Helens]], [[estado de Washington|WA]], [[Estados Unidos de América|EEUU]] (non confundir coa volcánica illa británica de [[Santa Helena]]), en erupción en [[1980]]
 
==Notas==
14.783

edicións