Xaria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
 
A '''xaria'''<ref>Xavier Frías-Conde ''A transcrición dos arabismos en galego: unha proposta'' en ''Viceversa'' 12, 2006</ref><ref>V. Fresco Barbeito, ''Transliteración e adaptación do árabe: Aplicación terminolóxica'' en ''[[Cadernos de Lingua]]'' 29, 2007, p.23</ref> ou '''xariá'''<ref>{{Cita web|url=http://bernal.cirp.gal/ords/f?p=121:8:::NO::P8_IDT:244308|páxina-web=TERGAL|título=xariá|data-acceso=22/11/2019}}</ref> é a lei islámica. Nesta definición o concepto de lei abrangue unha idea moito máis ampla que no mundo occidental moderno, xa que implica non só aspectos legais, senón tamén relixiosos e morais.
 
==A ''Xaria'' e o ''Corán''==
O [[Corán]] é a máis importante fonte da xurisprudencia islámica ([[fiqh]]), sendo a segunda a [[Sunna]] (Vida e camiños do profeta). Non é posíbel practicar o islam sen consultar ambos.
 
Relacionada ca [[Sunna]] está a [[Ahadith]] (narracións do profeta). Unha ''hadith'' é unha narración acerca da vida do profeta ou o que el aprobaba, mentres que a Sunna é propiamente a súa vida. Como xa se dixo, as súas principais fontes son o Corán e a ''Hadith'', mais o ''[[ixma]]'', o consenso da comunidade, tamén se acepta como unha fonte menor. O ''[[Qiyas]]'', o raciocinio por analoxía, foi usado polos estudosos da lei/relixión islámica (''[[Muxtahid]]un'') para lidar con situacións onde as fontes sagradas non establecen regras concretas. As prácticas chamadas ''Charía'' teñen tamén algunhas raíces nos costumes locais (''[[Al-urf]]'').
Liña 30 ⟶ 29:
 
=== Violencia doméstica ===
Moitos musulmáns argumentan que o [[Corán]] lle permite ao home bater na muller.
 
O versículo en cuestión usa un termo ambiguo: ''daraba'' ضرب, que asume o significado "bater" (outros significados da palabra que son coñecidos son "ir aínda que" <ref>{{Cita web |url=http://www.geocities.com/WestHollywood/Park/6443/Wife/beating1.html |título=Copia arquivada |data-acceso=15 de xuño de 2004 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20040615121456/http://www.geocities.com/WestHollywood/Park/6443/Wife/beating1.html |dataarquivo=15 de xuño de 2004 |urlmorta=si }}</ref>. Yusuf Alí traduce o verso así:
Liña 37 ⟶ 36:
Este comportamento é severamente menosprezado en varias ''[[hadith]]'': "Como é que algún de vós bate na muller como bate no garañón camelo e despois a abraza (e dorme con ela)?"<ref>Al-[[Bukhari]], English Translation, vol. 8, [[Hadith]] 68, pp. 42-43.</ref>, "Eu fun ao apóstolo de Alá e pregunteille: Que di vostede (comanda) acerca das nosas mulleres? El respondeu: Dádelles a comida que teriades para vós mesmos, e a vestimenta que vós mesmos usades, e non as batades nin insultedes <ref>[[Sunan Abu-Dawud]], Book 11, Marriaxe (Kitab Al-Nika), Number 2139.</ref>. Os ''[[fuqaha]]'' (académicos relixiosos) xeralmente achan que bater na muller é errado. Porén, moitos din que está permitido baterlle levemente. Nesta última categoría atopase o Sheikh Muhammad Kamal Mustafa, o [[imán]] da [[mesquita]] da cidade de [[Fuengirola]], [[España]], que escribiu no seu libro ''La mujer en el Islam'':
 
:"A malleira [da muller] nunca debe ser en furia cega e esaxerada de xeito que se eviten danos serios... Está prohibido baterlle nas partes sensíbeis do corpo, tales como a cara, peito, abdome e cabeza. En vez diso, deberá batérselles nos brazos e nas pernas, usando unha "vara que non debe ser ríxida senón fina e leve de modo a non deixar feridas, cicatrices ou manchas. Da mesma forma, os golpes non deben ser fortes." [https://web.archive.org/web/20050506015718/http://www.worldnetdaily.com/news/article.asp?article_id=37690]
 
Afirma que en tales situacións, o obxectivo da malleira deberá ser causar á muller algunha dor emocional, sen a humillar ou magoala fisicamente. De acordo con el, as malleiras deben ser o último recurso que o marido debe usar para castigar a muller.