Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
Liña 739:
 
* En [[1913]] sábese, polo secretario da Casa de Galicia de Madrid, que se estaba a empregar un moderno escudo de Galicia composto por unha esfera xeográfica que facía referencia ao descubrimento de [[América]] polo «pontevedrés [[Cristovo Colón]]». Isto motivou a consulta á [[Real Academia Galega]], a cal rexeitou completamente ditas armas.{{Sfn|{{Versaleta|Sánchez Badiola}}|2010|p=283}}
 
* O independentista [[Fuco Gómez]], na súa obra ''Naciones Ibéricas'' do ano [[1931]], creou un novo escudo, alén dunha bandeira, para a súa adopción pola [[Primeira República Galega|República Galega]]. Trátase dun escudo cortado: na primeira [[Partición heráldica|partición]], unha barca de pesca no centro do mar dirixíndose cara ao horizonte, e no ceo o sol á esquerda e a lúa crecente á dereita; na segunda, terzado en pau: no cuartel central, sobre chan cuadriculado, unha [[bigornia]] e, arrimado a esta pola parte posterior e co cabo cara a riba, un [[martelo]]; nos flancos, un campo con dous [[Outeiro (orografía)|outeiros]] entre os que se ergue un [[piñeiro]] novo, coa copa brocante sobre a primeira partición. O escudo leva acolado un [[facho]] aceso con cinco chamas onduladas, así como un ramo de [[oliveira]] no seu lado esquerdo e un ramo de [[loureiro]] no seu lado dereito, atados cunha fita no extremo inferior do facho.<ref>{{Cita libro |nome=Fuco |apelidos={{Versaleta|Gómez}} |ligazón-autor=Fuco Gómez |título=Naciones Ibéricas |ano=1931 |lugar=[[A Habana]] |lingua=es |páxinas=103-106}}</ref>
 
* Após evitar representar a hostia do cáliz, Castelao, considerado un dos pais do [[nacionalismo galego]], decidiu deseñar en [[1937]], durante a [[guerra civil española]], unhas novas armas para Galicia, que publicou na revista ''[[Nova Galiza]]''. Explicábao deste xeito:
 
Liña 751 ⟶ 749:
 
* En [[1978]], [[José-Maria Monterroso Devesa-Juega]], baixo o pseudónimo de Sei-que-si e concordando coa opinión de Castelao sobre o simbolismo relixioso das armas, deu a coñecer nas páxinas de ''Galicia Socialista. Voceiro do Partido Socialista Galego'' un novo escudo «tradicional e revolucionario á vez» que ideara no outono de [[1976]] e que, a diferenza do de Castelao, representaría tódolos galegos independentemente da súa ideoloxía. Este escudo ten forma redonda e componse dun [[dolmen]] como figura principal, arrodeado de sete [[vieira]]s, arrodeadas á súa vez da divisa ''Deus Fratresque Galleciae''. O dolmen representaría «a antigüidade e o cerne granítico da Terra, a comunidade precéltica dos pobos extremo-atlánticos, e, por fin, o mundo labrego», mentres as cunchas representarían as antigas sete provincias, as peregrinaxes a Compostela e o mundo mariñeiro. A divisa como símbolo das [[revoltas irmandiñas]] aludiría, por conseguinte, á revolución, mais tamén ao mundo latino ao cal pertence Galicia, entre outros motivos por mor da súa [[lingua galega]]. O autor non descarta combinar a súa proposta coa de Castelao, facendo o escudo oval e incorporando a serea como soporte, e mesmo substituíndo un lema polo outro.{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|p=66}}<ref>{{Cita publicación periódica |nome=José-Maria [Sei-que-si] |apelidos={{Versaleta|Monterroso Devesa-Juega}} |ligazón-autor=José-Maria Monterroso Devesa |data=abril de 1978 |título=Encol de Simboloxía e Efemérides Galegas |revista=Galicia Socialista. Voceiro do Partido Socialista Galego |serie=2.ª xeira |páxina=7 |localización= |url=https://pbs.twimg.com/media/D38xYa-XoAA-DMs?format=jpg&name=4096x4096}}</ref>
 
* Xa no [[século XXI]], [[José Manuel Barbosa Álvares|José Manuel Barbosa]] fixo outra proposta na súa obra ''Bandeiras da Galiza'' do ano [[2006]]. Trátase dun escudo cuartelado: na primeira partición, sobre fondo de azur, o cáliz sumado da hostia e acompañado das sete cruces, tres a cada lado e unha enriba; na segunda, sobre fondo de prata, unha cruz de goles; na terceira, sobre fondo de prata, o león púrpura; e na cuarta, sobre fondo de [[sinople]], a cruz da [[Orde de Cristo]] ou [[cruz de Portugal]]. Como timbre, un [[Carballo común|carballo galego]]. Como soportes, o león encarnado e o dragón verde rampantes. Embaixo do escudo, unha fita amosa o lema: ''Gallaecia Lux et Libertas''. Ditas armas representan as diferentes simboloxías históricas de Galicia, isto é, nos cuarteis faise referencia á Galicia compostelá, á Galicia altomedieval ―coa primeira imaxe [[Vexiloloxía|vexilolóxica]] de [[Ramiro I de Oviedo|Ramiro I]]―, á Galicia imperial e ao vencello con Portugal, mentres nos soportes ao [[reino suevo]]. Á súa vez, o carballo alude «à força e ao enraizamento dos galegos à sua Terra e à sua Língua».{{Sfn|{{Versaleta|Barbosa Álvares}}|2011|pp=81-82}}