Colectivo Loia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: + bibliografía
Dando algo de formato á bibliografía, + {{cómpre páxina}} {{cómpre páxina}}. Resucitanto ligazóns externas mortas.
Liña 2:
 
== Integrantes ==
O grupo estaba formado principalmente por [[Lois Pereiro]], [[Xosé Manuel Pereiro]], [[Manuel Rivas]] e [[Antón Patiño Pérez]]<ref>{{Cita webnovas | url=http://www.farodevigo.es/opinion/2010/07/12/lois-pereiro-2011/455366.html | título=Lois Pereiro 2011 |data=12/077/2010 |autor=Bragado, Manuel| dataaccesoxornal=12 de abrilFaro de 2015Vigo}}</ref>. Coñecéronse no ambiente universitario de Madrid, por compartir facultade (no caso de Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, estudantes da Facultade de Ciencias da Información), por lazos familiares (os irmáns Pereiro) e por amigos comúns. Todos eles formaron un equipo de novos talentos, de diferentes idades, no que se xuntaron arte, xornalismo e literatura.
 
A revista ''Loia'' contou, ademais, cunha longa listaxe de colaboracións, non soamente de escritores, senón tamén de artistas e mesmo colaboradores nin sequera ligados a eses campos naquel momento. Podemos mencionar as participacións de [[Fermín Bouza Álvarez]], [[Menchu Lamas]], [[Delfín Mariño]], [[Antón Pulido Novoa]], [[João Guisan Seixas|João Guisán Seixas]], [[Vicente Araguas]], [[Xosé Lois Bilbao]], [[Millán Neira]], [[Reimundo Patiño]], [[María Rivas]] e [[Pedro Iglesias]], entre outras.
 
== Traxectoria ==
'''O colectivo poético Loia''' (nome proposto por [[Manuel Rivas]]) naceu no ambiente universitario de [[Madrid]] nos anos setenta, formado por estudantes galegos residentes na capital de España<ref>[http://vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=50151 "Dez anos da morte de Lois Pereiro"], artigo en ''[[Vieiros (xornal)|Vieiros]]'' (24/055/2006). Consultado o 9 de Febreiro de /2/2015.</ref>. Tratábase dun conxunto de mozos galegos afincados fóra da súa terra, impulsores e partícipes dunha iniciativa cultural. Asociados á [[contracultura]] [[underground|''underground'']]'','' urbana e universitaria madrileña, apostaron pola innovación nun tempo de moitos cambios políticos, de experimentación e de procura de novos vieiros de expresión.
 
[[Ficheiro:ManuelRivas.jpg|miniatura|Manuel Rivas.]]
Liña 15:
Podemos destacar o [[Grupo Rompente]], que gardaba semellanzas con Loia nos seus obxectivos, actitude e posición ideolóxica. Compartían tamén o interese por autores da vangarda, poetas bohemios, teóricos revolucionarios e poetas galegos como [[Manuel Antonio]]. Os dous grupos tiñan diferenzas, mais asumían o compromiso coa memoria da nación e a denuncia dos totalitarismos. Caracterizábanse por crear unha estética propia, dando moita importancia ao aspecto visual, mediante a autoedición das súas publicacións.
 
'''O grupo Loia''' editou en [[Madrid]] unha revista cultural do mesmo nome, vangardista e experimental, na que apostaron pola periodicidade, a autoedición e un formato [[underground|''underground'']]. Esta publicación galega alternativa naceu do traballo de mozos e mozas con inquietudes culturais similares que pretendían que ''Loia'' fose distinta dos demais manifestos da época contrarios ao sistema.
 
O colectivo Loia desaparece despois da publicación do cuarto número da súa revista, no ano 1978, cando varios dos integrantes volveron a [[Galicia]] e outros ficaron en [[Madrid]], quedando no camiño de construír un grupo que podería considerarse sólido e xeracional. No tempo que durou o colectivo e a súa revista, conseguiron crear un espazo para a experimentación creativa e a expresión de novos autores e artistas. Anos despois o grupo reapareceu na [[A Coruña|Coruña]] nunha segunda etapa.
 
== A revista Loia ==
'''A revista ''Loia''''', creada polo colectivo poético do mesmo nome nos anos setenta, foi unha publicación monolingüe galega, de periodicidade moi irregular. É considerada un [[fanzine|''fanzine'']], non soamente unha [[revista literaria]], por tratarse dunha publicación alternativa en papel, autoeditada, autodistribuída e sen finalidade comercial. Foi unha iniciativa de [[Manuel Rivas]], os irmáns [[Lois Pereiro|Lois]] e [[Xosé Manuel Pereiro]] e [[Antón Patiño Pérez|Antón Patiño]].
 
''Loia'' foi o primeiro dos ''fanzines'' e revistas nos que participarían, por exemplo, [[Manuel Rivas]] e [[Xosé Manuel Pereiro]], que despois formarían parte de publicacións como [[La Naval|''La Naval'']], [[Revista Bravú|''Bravú'']] ou [[Luzes de Galiza|''Luzes de Galiza'']]. Varios integrantes do grupo, como [[Manuel Rivas|Rivas]] ou [[Lois Pereiro]], publicaron nesta revista as súas primeiras composicións.
Liña 32:
[[Ficheiro:Lois Pereiro.jpg|miniatura|Lois Pereiro.]]
 
Este [[fanzine|''fanzine'']] con contidos culturais tiña unha tiraxe moi pequena e contou con catro números publicados en Madrid entre [[1975]] e [[1978]]<ref>[http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/facsimile_loia.pdf Facsímile da revista ''Loia''. Mediateca do Consello da Cultura Galega]</ref>. O primeiro número da revista viu a luz a finais de [[1975]], cun cento de exemplares e unha portada coa filmografía de [[Tarzán]]. O segundo número sairía en xuño do ano seguinte, cunha foto dun cuarto na portada e con exemplares numerados, afondando no contido do primeiro. Estes primeiros números contaban con elementos feitos a man nos mesmos exemplares.
 
O terceiro número dobrou en número de páxinas aos anteriores, e nel apreciábase un gran traballo, tanto dos catro impulsores como dos seus colaboradores. A mellora de calidade foi notábel respecto aos números anteriores, feitos mediante sinxelas fotocopias. Este número introduciu, entre outras novidades, a numeración das páxinas, a impresión polas dúas caras e unha contraportada. Para o deseño empregaban, incluso, obxectos como follas secas, bolsas de té ou plumas, que incluían no proceso de impresión. Foi, ademais, o único número con título, ''S/n e outras rúas'', e tivo como portada unha páxina dunha revista literaria.
Liña 38:
Finalmente, o cuarto número, do que chegaron a editar 500 exemplares, tiña como portada unha foto de estudo dos avós paternos e o pai dos irmáns Pereiro. Contaba tamén con novidades, ademais das habituais colaboracións. Despois da publicación deste número'','' no ano [[1978]], ''Loia'' terminou por desaparecer. Os motivos principais foron a marcha de varios integrantes do grupo, xa que varios volveron a Galicia, e os problemas económicos.
 
No [[1996]], ano da morte de [[Lois Pereiro]], saíu a luz ''Poemas para unha Loia'', que recolle as súas publicacións na revista<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2010/06/26/galicia/1277567952.html "El poeta monfortino Lois Pereiro protagonizará el Día das Letras Galegas de 2011"] (en castelán), artigo en ''El Mundo'' (27/066/2010). Consultado o 16 de Febreiro de /2/2015.</ref>. Ademais, o Consello da Cultura presentou unha edición facsímile dos catro números da revista ''Loia'', con motivo do [[Día das Letras Galegas|Día das Letras Galegas 2011]], dedicado a [[Lois Pereiro]]<ref>[http://consellodacultura.gal/noticia.php?id=576 "O Consello da Cultura presentou o facsímile dos catro números da revista ''Loia'' cos primeiros poemas de Lois Pereiro, figura do Día das Letras Galegas 2011"], artigo do Consello da Cultura Galega (066/066/2011). Consultado o 10 de Febreiro de /2/2015.</ref>.
 
== Notas ==
Liña 45:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
{{Refempeza}}
* ''[[Enciclopedia Galega Universal]]''. Vigo, Ir indo, 1999-
* {{Cita enciclopedia |artigo=Loia |enciclopedia=[[Enciclopedia Galega Universal]] |ano=1999-2002 |volume=11 |páxina=236 |editorial=[[Ir Indo]] |isbn=84-7680-288-9}}
* ''[[Gran Enciclopedia Galega]]'' {{cómpre páxina}}
* {{cita libro|autorligazónautor={{Versaleta|[[Ana Acuña|apelidos=Acuña Trabazo, |nome=A.]]}}|ano=2014|título=Conciencia política e literatura galega en Madrid (1950-2000)|editorial=[[Edicións Xerais de Galicia|Xerais]]|páxinapáxinas=241-247|ref=harv}}
* [[Antón Lopo|Lopo, Antón]]: ''A palabra exacta: Biografía de Lois Pereiro'', Vigo, Galaxia, 2011
* [[IagoAntón MartínezLopo|MartínezLopo, IagoAntón]]: (2011). ''A palabra exacta: Biografía de Lois Pereiro'',. Vigo, Xerais,Editorial 2011Galaxia. ISBN {{cómpre páxina}}
* [[Iago Martínez|Martínez, Iago]] (2011). ''Lois Pereiro''. Vigo, Edicións Xerais de Galicia. ISBN {{cómpre páxina}}
* [[Xosé Manuel Pereiro|Pereiro, Xosé Manuel]] (coord.): ''Loia'', Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2011
* [[LoisXosé Manuel Pereiro|Pereiro, LoisXosé Manuel]] (coord.) (2011): ''Poemas para unha Loia'',. ASantiago Coruñade Compostela, Espiral[[Consello Maior,da Cultura Galega]]. 1997ISBN
* [[MaríaLois Xesús NogueiraPereiro|NogueiraPereiro, María XesúsLois]]: (1997). ''"Dicionario"Poemas Loispara Pereirounha Loia'', Santa Comba,. A Coruña, TresCTres,[[Espiral 2011Maior]].
* [[Chus Nogueira|Nogueira, María Xesús]] (2011). ''"Dicionario" Lois Pereiro''. Santa Comba, A Coruña, TresCTres. ISBN {{cómpre páxina}}
* Rodríguez Iglesias, F. (ed.): ''Galicia. Literatura''. A Coruña, [[Hércules de Ediciones]], 2000- (6 vols.)
* [[DoloresRodríguez Vilavedra|VilavedraIglesias, Dolores]]F. (coorded.):. [[Proxecto Galicia|''Diccionario daGalicia. Literatura Galega'',]]. VigoA Coruña, Galaxia[[Hércules de Ediciones]], 19952000-2003 (46 vols.) {{cómpre páxina}}
* {{Cita libro |apelidos-editor=Vilavedra |nome-editor=D. |máscara-editor= |ligazón-editor=Dolores Vilavedra |ano=2004 |título=Diccionario da literatura galega. Termos e institucións literarias |volume=IV |url=https://books.google.es/books?id=WIM1IJ4Vmz8C&lpg=PP1&hl=es&pg=PP1#v=onepage&q&f=false |páxina=364 |editorial=Galaxia |isbn=84-8288-656-8 |ref=harv }}
 
{{Reftermina}}
=== Ligazóns externas ===
 
* [https://web.archive.org/web/20160305042155/http://loispereiro.blogaliza.org/category/obras/revista-loia/ WebPáxina web oficial de Lois Pereiro] en [[Blogaliza]].
* [http://consellodacultura.gal/mediateca/documentopublicacion.php?id=1035%C3%A7 Loia. Estudo Crítico. Mediateca do] [[Consello da Cultura Galega]].
* [http://consellodacultura.gal/mediateca/documentopublicacion.php?id=1037 Descarga do facsímileFacsímile da Revista ''Loia''] Consello da Cultura Galega.
* [http://academia.gal/figuras-homenaxeadas/-/journal_content/56_INSTANCE_8klA/10157/13401#http://academia.gal/dicionario_rag/miniSearch.do? Boletín monográfico da Real Academia Galega] sobre Lois Pereiro].
 
{{Control de autoridades}}