Jan Mayen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
m aducieron => aduciron
Liña 41:
Jan Mayen é parte xeograficamente integrada de Noruega. Desde [[1995]] foi administrada polo gobernador (''fylkesmann'') do condado (''fylker'') de [[Nordland]], no entanto, parte da autoridade foi delegada a un comandante de estación do Servizo Noruegués de Comunicación de Defensa.
 
[[Henry Hudson]] descubriu esta illa en [[1607]] e chamouna '''Hudson's Tutches''' ou '''Touches'''. A partir de entón foi observada varias veces por navegantes que exitosamente se aducieronaduciron o seu descubrimento e a renomearon. Así, en [[1611]] ou un ano despois baleeiros de Hull chamárona '''Illa Trindade'''; en [[1612]] Jean Vrolicq, un baleeiro francés, chamouna '''Île de Richelieu''' (Illa de Richelieu); en [[1814]] Joris Carolus nomeou un dos seus promontorios '''Jan Meys Hoeck''' (Outeiro de Jan Mey) en honra do capitán dun dos seus barcos. O nome actual da illa provén disto último xa que a afirmación do descubrimento en [[1611]] por un navegante holandés de nome Jan Mayen non ten fundamento.
 
A illa está habitada por persoal que opera unha base de navegación de alto alcance (Loran-C) cun total de 14 empregados e unha estación de servizos climatolóxicos con persoal de 4. Os membros do persoal de ambas viven no centro de aloxamento da base de Loran-C chamado [[Olonkinbyen]] (Cidade de Olonkin).