Afonso VIII de León e Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 194:
[[Ficheiro:University of Salamanca.jpg|miniatura|200px|A [[Universidade de Salamanca]] debe a súa existencia ao rei leonés.]]
 
Un dos actos máis importantes e destacábeis de Afonso VIII de Galicia e León foi a creación do [[Universidade de Salamanca|Estudo Xeral de Salamanca]], a partir das ''Escolas catedralicias'' que xa levaban funcionando desde case un século ates. Naqueles tempos eran normais as escolas nas catedrais de todos os reinos de España.
 
Entre [[1208]] e [[1214]], o bispo Tello Téllez de Meneses creara un [[Universidade de Palencia|Estudo Xeral]] en [[Palencia]] (que acabou converténdose en Universidade en [[1263]], cando estaba a punto de desaparecer), un Estudo onde os leoneses tiñan difícil acudir debido aos continuos choques entre León e Castela.