Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
Liña 680:
Ficheiro:A Nosa Terra, 1907.jpg|Escudo de Galicia n'''[[A Nosa Terra (1907)|A Nosa Terra]]'', 1907.
</gallery></div>
 
==== Na procura das «verdadeiras» armas de Galicia ====
As diferentes variantes formais do escudo de Galicia provocaron o debate, as máis das veces acalorado, por parte dos autores galegos, que tentaron discernir cales eran as «verdadeiras» ou «auténticas» armas de Galicia, mais sen chegaren a comprender que heraldicamente este tipo de variacións son irrelevantes canto ao significado, estando a se representar unhas mesmas armas. Dous dos primeiros que trataron de esclarecer o asunto foron os propios Manuel Murguía e Bernardo Barreiro, como se pode ver nos seus respectivos traballos: «Armas y bandera de Galicia», publicado en ''[[Galicia. Revista regional]]'' en [[1887]], e «Insignias y blasones de Galicia», publicado en ''[[Galicia Diplomática]]'' en [[1888]]. Este fenómeno proviña, en realidade, xa desde os comezos do século XVIII, cando o padre Álvarez Sotelo na súa obra defendía acendidamente a custodia fronte ás demais figuras heráldicas, chegando a describir as armas para que «non poidan errar os ignorantes e desculpa ningunha teñan os maliciosos».{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|pp=47-48, 63-64}}
 
{{Imaxe múltiple
| posición_táboa = right
| foto1 = Escudo da Galiza no tomo 5 da Historia de Galicia de Murguia (1913).png
| ancho1 = 132
| foto2 = Escudo da Galiza em Nuestra afirmación regional de Antón Vilar Ponte (1916).jpg
| ancho2 = 120
| pé = Escudos de Galicia que atinxiron certa tradición no 1.º cuarto do século XX.
}}
Logo da creación da [[Real Academia Galega]] en [[1906]], a institución científica empregou na cabeceira do número 3 do seu [[Boletín da Real Academia Galega|Boletín]], publicado o [[3 de xullo]] dese mesmo ano, un escudo de Galicia conformado por unha custodia e seis cruces, tres a cada lado, amosando unha bordadura coa divisa ''In hoc misterium fidei firmiter profitemur''. Como adición orixinal, a composición sitúase sobre unha cartela, de posible orixe barcelonesa, cunha [[Aguia (heráldica)|aguia]] ou dragón pousado no seu lado esquerdo e unhas follas sobresaíndo polo lado dereito e a parte inferior. Estas armas aparecen, tamén en 1906, na reedición da referida ''Historia de Galicia'', impresa por [[Uxío Carré Aldao|Uxío Carré]], así como nun cartón postal da [[Liga Gallega na Cruña]],<ref>[[:Ficheiro:Cartom postal da Liga Gallega na Cruña (2).jpg|Cartón postal da Liga Gallega na Cruña.]]</ref> datado tamén contra ese ano. Posteriormente foron empregadas en diferentes obras impresas,<ref>{{Cita libro |nome=Francisco |apelidos={{Versaleta|Tettamancy}} |ligazón-autor=Francisco Tettamancy |título=La revolución gallega de 1846 |url=http://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000086647 |ano=1908 |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita libro |nome=Francisco |apelidos={{Versaleta|Tettamancy}} |ligazón-autor=Francisco Tettamancy |título=[[:Ficheiro:Los mártires de Carral 1912 Francisco Tettamancy Gastón.pdf|Los mártires de Carral]] |ano=1912 |lingua=es}}</ref> incluído o último tomo da Historia de Murguía ([[1913]]). Do mesmo xeito, coa mesma cartela, mais representando o cáliz sumado da hostia e as sete cruces, fíxose uso igualmente en diferentes obras,<ref>{{Cita libro |nome=Antón |apelidos={{Versaleta|Vilar Ponte}} |ligazón-autor=Antón Vilar Ponte |título=[[:Ficheiro:Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional 1916 2a ed.pdf|Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional]] |edición=2.ª |ano=1916 |lingua=es}}</ref><ref>{{Cita libro |nome=Francisco |apelidos={{Versaleta|Tettamancy}} |ligazón-autor=Francisco Tettamancy |título=[[:Ficheiro:La torre de Hércules, impresiones acerca de este antiquísimo faro, bajo su aspecto histórico y arqueológico Tettamancy Gastón.pdf|La torre de Hércules]] |ano=1920 |lingua=es}}</ref> e aínda na ''[[Geografía General del Reino de Galicia]]'' ([[1928]]).{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|p=77}}
 
Entre [[1918]] e [[1922]] o historiador [[César Vaamonde Lores]] publicou un detallado estudo onde, alén de analizar pormenorizadamente as diferentes características dun «notable» [[escudo da Coruña]], o cal fora descuberto polo propio autor había algúns anos, trataba tamén as armas galegas. Isto debeuse a que dito escudo, labrado en pedra e procedente das antigas casas consistoriais coruñesas, ten a particularidade de incluír na súa parte superior as armas de Galicia, isto é, o cáliz sumado da hostia. No entanto, Vaamonde Lores, alén de se centrar practicamente só nos escudos coruñeses coas armas galegas, rexeitou ademais aqueles cunha disposición diferente á do devandito escudo. Esta metodoloxía levouno a defender o cáliz coa hostia como as «únicas, verdadeiras e lexítimas» armas de Galicia, desbotando incondicionalmente o resto de fórmulas, incluíndo calquera modelo coas cruces. Con todo, aínda prescindindo das consagradas cruces, o coñecido estudo de Vaamonde Lores tería sen dúbida un grande impacto na estabilización formal ao reforzar o uso do cáliz coa hostia.{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|pp=47-48, 63-64}}
 
[[Ficheiro:Escusom da Galiza no Palacio de Cibeles de Antonio Palacios Ramilo (antes de 1919).jpg|miniatura|upright=0.6|O escusón de Galicia en Madrid.]]
No primeiro terzo do século XX, a significación relixiosa do símbolo heráldico de Galicia non estaba ben vista por algúns autores. Por iso, especialmente [[Alfonso Rodríguez Castelao]], entre outros, representaron o cáliz sen a hostia, tal como se pode ver na portada da revista ''[[Nós (revista)|Nós]]'' desde [[1922]],<ref>{{Cita web |título=Nós : boletín mensual da cultura galega |páxina-web=[[Galiciana]] |url=http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=7275}}</ref> no selo da [[Irmandade Nazonalista Galega]],<ref>{{Cita web |título=Castelao – Selo da Irmandade Nazonalista Galega ca 1922 |páxina-web=Fundación Isla Couto |data=30 de setembro de 2013 |url=http://fundacionislacouto.org/emprendemento/politica/castelao-selo-da-irmandade-nazonalista-galega-ca-1922/}}</ref> no Decálogo do nacionalismo galego<ref>{{Cita web |título=A "Irmandade da Fala de Betanzos" e o seu entorno (en colaboración con Xesús Torres) |páxina-web=Arquivo municipal de Betanzos |url=http://archivomunicipal.betanzos.net/IMAXES/IRMANDADES%20DA%20FALA%20FOTOS/galeria_irmandades_da_fala_arquivo_municipal_betanzos.htm}}</ref> ou no xornal ''[[Galicia. Diario de Vigo]]''.<ref>{{Cita web |título=1 e 2 de enero de 1925 |páxina-web=Páxinas da Guarda |data=26 de xuño de 2014 |url=http://paxinasdaguarda.blogspot.com/2014/06/1-e-2-de-enero-de-1925.html}}</ref> Tamén no selo do [[Seminario de Estudos Galegos]]<ref>{{Cita web |título=Aniversario do Seminario de Estudos Galegos |páxina-web=[[Real Academia Galega]] |data=15 de outubro de 2013 |url=https://academia.gal/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/id/189660}}</ref> ou no tomo 2 do ''[[Diccionario galego-castelán]]'' de [[Leandro Carré Alvarellos|Leandro Carré]], publicado en [[1931]],<ref>{{Cita web |url=http://oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com/2016/07/800x600-normal-0-21-false-false-false.html |título=Diccionario galego-castelán |nome=Xabier |apelidos={{Versaleta|Iglesias}} |ligazón-autor=Xabier Iglesias |data=2 de xullo de 2016 |páxina-web=Os libros de Ánxel Casal}}</ref> onde as cruces son ademais substituídas por estrelas. Outro persoeiro que evitou a hostia foi o arquitecto galego [[Antonio Palacios Ramilo]], quen durante a construción do antigo [[Palacio de Comunicacións de Madrid]] ―hoxe denominado Palacio de Cibeles―, inaugurado o ano [[1919]], fixo esculpir no [[escudo de España]] da fachada un escusón coas armas de Galicia. Segundo contou [[Alfonso Paz-Andrade]], fillo de [[Valentín Paz-Andrade]], foi este quen suxeriu incluír ese detalle nunha visita que fixo ao taller.{{Refn|group="lower-alpha"|«''Meu pai acostumaba ir a Madrid por traballo e, nunha desas viaxes, decidiu ir visitar o seu amigo. Palacios estaba preparando sobre unha mesa e a tamaño natural o bosquexo do escudo de España para Correos e o meu pai díxolle “plántalle aí o de Galicia”».''<ref>{{Cita publicación periódica |nome=Diego |apelidos={{Versaleta|Giráldez}} |data=11 de xuño de 2010 |título=O escudo de Galicia é un intruso |xornal=[[El País]] |url=https://elpais.com/diario/2010/06/11/galicia/1276251505_850215.html}}</ref>}} Igualmente, no interior do [[Teatro García Barbón]] de [[Vigo]], proxectado tamén por Antonio Palacios e inaugurado en [[1927]], o escusón de Galicia volve aparecer no escudo de España sen a hostia.<ref>{{Cita web |url=https://www.vigoenfotos.com/es/vigo/cultura/centro-cultural-novacaixagalicia/exposiciones |título=Teatro - Sala de conciertos - Centro Cultural Novacaixagalicia (Caixanova) |páxina-web=Vigo en fotos}}</ref> Posteriormente, Castelao iría máis aló, chegando a crear un novo escudo galego.
 
[[Ficheiro:Cáliz y Patena del Cebreiro.jpg|miniatura|esquerda|upright=0.5|O graal do [[O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro|Cebreiro]].]]
Por outra banda, desde os comezos do século XX tamén se produciu unha reinterpretación simbólica do cáliz coa hostia, identificándoo co [[cáliz do Cebreiro]], [[Santo Graal|graal]] que se acha no [[santuario de Santa María a Real do Cebreiro|santuario de Santa María a Real]], no concello de [[Pedrafita do Cebreiro]]. O primeiro autor que vencellou as armas galegas á lenda cebreirega foi [[Víctor Said de Armesto]], e axiña seguiron a nova corrente importantes persoeiros galegos como [[Xoaquín Arias Sanjurjo]], [[Antón Vilar Ponte]], [[Ramón Cabanillas]] ou [[Vicente Risco]]. Coñecido como o cáliz románico ou milagreiro, reflexouse claramente nalgunhas das representacións da época e finalmente acabaríase manifestando na propia Lei de símbolos de Galicia.{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|p=46}}
 
O salientable e prestixioso artista [[Camilo Díaz Baliño]] foi un dos que representou con clareza nalgúns dos seus traballos o cáliz do Cebreiro. Como un dos autores máis preocupados polo escudo de Galicia, as súas representacións destacaron pola súa gran calidade gráfica, mais tamén pola posición da sétima cruz, a cal era situada na punta do escudo. A súa preferencia incondicional por esta disposición é dificil de esclarecer, aínda cando non foi o único nin sequera o primeiro que colocou esa cruz na punta. En ocasións, Camilo Díaz tamén acolou ao escudo a cruz de Santiago. Os seus deseños ilustraron diferentes publicacións e carteis da época.{{Sfn|{{Versaleta|Cores Trasmonte}}|1986|pp=89, 93-94}}{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|p=64-65}}
 
<center>
<gallery caption="O escudo de Galicia por Camilo Díaz Baliño">
Ficheiro:A Nosa Terra, n.º 205 (1924).jpg|''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', 1924.
Ficheiro:Galicia, voto en cortes de Manuel Silva Ferreiro, Santiago, 1925.jpg|''Galicia, voto en cortes'', 1925.
Ficheiro:A Nosa Terra, n.º 228 (1926).jpg|''A Nosa Terra'', 1926.
Ficheiro:La gran cabalgata gallega del dia del Señor Santiago... de Camilo Diaz (1926) (1).jpg|''La gran cabalgata gallega del dia del Señor Santiago'', 1926.
Ficheiro:La gran cabalgata gallega... de Camilo Diaz (1926) (2).jpg|''La gran cabalgata gallega del dia del Señor Santiago'', 1926.
Ficheiro:Revista del Centro Gallego de Buenos Aires (1931).jpg|''[[Galicia (Buenos Aires)|Revista del Centro Gallego de Buenos Aires]]'', 1931.
Ficheiro:Cartaz de Camilo Diaz (1933).jpg|Cartel da 1.ª feira de mostras galega de Santiago, 1933.
Ficheiro:Camilo Díaz Baliño Estatuto de Galicia, sí.jpg|Cartel a prol do Estatuto de Galicia, 1936.
</gallery>
</center>
 
[[Ficheiro:Estatuto de Galicia, Camilo Díaz Baliño, Litografía e Imprenta Roel, Coruña, 1932.jpg|miniatura|Portada de Camilo Díaz para o ''Estatuto de Galicia'', 1932.]]
Durante o proceso de elaboración e aprobación en [[referendo]] do [[Estatuto de autonomía de Galicia de 1936]], levado a cabo desde [[1931]], empregáronse diferentes modelos de escudo, de xeito que a inestabilidade formal continuaba a se manifestar. Por unha banda, a Asemblea de Concellos de Galicia, na cal as corporacións municipais galegas, alén de diversas entidades do país, participaron para redactar e aprobar o proxecto de Estatuto, fixo uso dun escudo coa cruz de Santiago acolada, timbrado cunha coroa mural e composto por unha custodia e sete cruces, tres a cada lado e a última no xefe. Este escudo foi tamén incluído na portada dalgunhas das diferentes publicacións estatuarias, como algún anteproxecto e o proxecto final, do ano [[1932]]. A Asemblea empregaba ademais no seu selo outro escudo practicamente idéntico mais sen a cruz de Santiago. Por outra banda, o Comité Central de Autonomía de Galicia, constituído o [[8 de xaneiro]] de [[1933]], após a aprobación da Asemblea, tiña como armas un escudo timbrado tamén cunha coroa mural mais composto por un cáliz coa hostia e sete cruces, a última na punta. Deste escudo existen dúas versións: unha de Castelao e outra de Camilo Díaz. Deste xeito, na acta de escrutinio do referendo, con data do [[5 de xullo]] de [[1936]], aparecen tanto o da Asemblea de Municipios como o do Comité Central. Alén disto, cómpre advertir que nin o propio Estatuto nin os seus respectivos anteproxectos chegaron a tratar o escudo de Galicia.{{Sfn|{{Versaleta|Cores Trasmonte}}|1986|pp=93, 184-185}}
 
Após a [[guerra civil española]], o [[15 de novembro]] de [[1944]] constituíuse en [[Montevideo]] o [[Consello de Galiza]], o goberno galego no exilio que se lexitimaba no plebiscitado Estatuto de autonomía. Coa sede situada en realidade en [[Bos Aires]], ocupou a presidencia o propio promotor: Castelao. En [[1946]] a colectividade de Bos Aires, por iniciativa das delegacións de [[Chile]], [[Mendoza, Arxentina|Mendoza]], [[Rosario, Santa Fe|Rosario]] e Montevideo, entregaron a Castelao unha bandeira de Galicia que foi declarada a insignia oficial do Consello. Feita en seda, ten o escudo de Galicia bordado en ouro e prata, aínda cando a incorporación das armas non era daquela o máis habitual. A súa inclusión debeuse á evidente vontade institucional de crear unha imaxe simbólica. O escudo amosa en campo de azur unha custodia de ouro acompañada de sete cruces tamén de ouro, tres a cada lado e unha na punta. Dita composición sitúase sobre unha cartela de prata que posúe unha bordadura coa divisa (''In hoc misterium fidei firmiter profitemur''). Como timbre ten unha coroa mural tamén de prata. Ademais, tal como o escudo empregado pola Real Academia Galega en 1906, no lado esquerdo da cartela presenta acaroado unha aguia<ref name="galicia100"/> ou o dragón{{Sfn|{{Versaleta|Cores Trasmonte}}|1986|p=96}} suevo,<ref>{{Cita publicación periódica |nome=Pepe |apelidos={{Versaleta|Barro}} |ligazón-autor=Pepe Barro |ano=2020 |título=Simbólica galaica. Compendio dos símbolos identitarios do povo galego |revista=[[Terra e Tempo]] |número=181 |localización=Santiago de Compostela |páxinas=112-119, en 116 |issn=1575-5509}}</ref> mentres no dereito e na parte inferior sobresaen unhas follas.<ref name="galicia100">{{Cita web |url=http://galicia100.consellodacultura.gal/obxecto/view/77 |título=Bandeira do Consello de Galiza |páxina-web=[[Galicia 100]]. [[Consello da Cultura Galega]]}}</ref>{{Sfn|{{Versaleta|Cores Trasmonte}}|1986|pp=96-97}}<ref>{{Cita libro |nome-editor1=Ramón |apelidos-editor1={{Versaleta|Villares}} |ligazón-editor1=Ramón Villares |nome-editor2=Xosé M. |apelidos-editor2={{Versaleta|Núñez Seixas}} |ligazón-editor2=Xosé Manoel Núñez Seixas |título=Os exilios ibéricos: unha ollada comparada. Nos 70 anos da fundación do Consello de Galiza |url=http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2017_Os-exilios-ibericos-unha-ollada-comparada.pdf |ano=2017 |lugar=Santiago de Compostela |editorial=[[Consello da Cultura Galega]] |isbn=978-84-92923-88-5 |páxinas=49, 58}}</ref> Como escudo do Consello de Galiza pódese ver, por exemplo, nos seus manifestos,<ref>{{Cita web |url=https://academia.gal/documents/10157/730175/Manifesto+Consello+de+Galiza.pdf |título=Manifesto do Consello de Galiza |páxina-web=[[Real Academia Galega]] |data=Xaneiro de 1970}}</ref><ref>{{Cita web |url=https://www.todocoleccion.net/documentos-antiguos/consello-galiza-manifesto-solidaridade-cos-homes-e-mulleres-que-loitan-na-terra~x57955584 |título=Manifesto de solidaridade do Consello de Galiza aos homes e mulleres que loitan na terra |páxina-web=Todocolección}}</ref> así como no seu ''[[Consello de Galiza (boletín)|Boletín Oficial Informativo]]'', publicado entre [[1963]] e [[1967]]. Tamén aparece en diferentes obras publicadas en Bos Aires.<ref>{{Cita libro |nome=Avelino |apelidos={{Versaleta|Díaz Díaz}} |ligazón-autor=Avelino Díaz |título=Pallaregas |url=https://www.todocoleccion.net/libros-segunda-mano-poesia/pallaregas-poemas-galegos-1963-avelino-diaz~x182048741 |ano=1963 |lugar=Bos Aires |en=Portada}}</ref><ref>{{Cita libro |nome=Emilio |apelidos={{Versaleta|González López}} |ligazón-autor=Emilio González López |título=El águila gala y el buho gallego: la insurrección gallega contra los franceses |url=https://www.todocoleccion.net/libros-segunda-mano-historia-moderna/el-aguila-gala-buho-gallego-emilio-gonzalez-lopez~x138178953 |ano=1975 |editorial=[[Ediciones Galicia]] |lugar=Bos Aires |lingua=es |en=Contraportada}}</ref> Así e todo, non foi o único empregado polo Consello, pois tamén fixo uso destoutro moito máis sinxelo: un escudo sen coroa que ten simplemente o cáliz coa hostia e as sete cruces, a última no xefe.<ref>{{Cita publicación periódica |nome=Javier |apelidos={{Versaleta|Alvajar López}} |ligazón-autor=Javier Alvajar |ano=1989 |título=Apuntes sobre la Delegación del Consejo de Galicia en Europa (II) |revista=[[Anuario Brigantino]] |número=12 |páxinas=175-208, en 177 |localización=Betanzos |lingua=es |issn=1130-7625 |url=http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1989PDF/1989%20175_208.pdf}}</ref>
 
{{Galería
|lines=3
|Ficheiro:Escudo da Asemblea de Municipios de Galicia (1932).jpg|Escudo e selo da Asemblea de Municipios de Galicia, 1932-1936.
|Ficheiro:Selo da Asemblea de Municipios de Galicia (1932).jpg|
|Ficheiro:Escudo do Comité Central de Autonomia de Galicia (1933).jpg|Escudo e selo do Comité Central de Autonomía de Galicia, 1933-1936.
|Ficheiro:Selo do Comité Central de Autonomia de Galicia (1933).jpg|
|Ficheiro:Escudo da Galiza na bandeira do Consello de Galiza (1946).jpg|Escudo do Consello de Galiza, 1946-1976.
}}
 
Cara ao final do terceiro cuarto do século XX non era raro o emprego do modelo de escudo sen cruces defendido por Vaamonde Lores. Deste xeito, o escudo composto unicamente polo cáliz coa hostia aparece, entre outros, na portada do libro ''Galicia. Estructura y ritmo socioeconómicos'' de [[Antonio Taboada Arceo]], publicado en [[1971]]; no boletín de exposicións Expo-Galicia da [[Sociedade Filatélica da Coruña]], do ano [[1974]]; no mapa de Galicia editado polas caixas de aforros galegas en [[1976]] e nos impresos do Congreso Mundial da Emigración Galega celebrado en [[Vigo]] en xuño do mesmo ano.{{Sfn|{{Versaleta|Cores Trasmonte}}|1986|p=85}} Este tipo de escudo foi tamén un dos empregados pola Real Academia Galega. No entanto, tras unha proposición de [[Francisco Vales Villamarín]] en maio de [[1972]], dita institución encargou a [[Fermín Bouza-Brey]], [[Xosé Trapero Pardo]], [[Dalmiro da Válgoma]] e [[José Santiago Crespo Pozo]] a elaboración dun relatorio sobre o inestable escudo galego. Finalmente, na sesión plenaria do [[17 de decembro]] dese mesmo ano ficaron fixadas as armas de Galicia.{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|p=66}}
 
{{Cita|O Pleno, despóis dunha moi detida deliberación respeito do particular, adoptóu o acordo de aceptar por armas do noso antigo reino, por estimar ser as verdadeiras, as que se describen a continuación:<br/><br/>De azul, cálice de ouro somado de hostia de prata e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado, en pala, e unha no meio do xefe. Ao timbre, coroa real.<ref>{{Cita publicación periódica |ano=1973 |título=Acordo adoptado pola Real Academia Gallega na sua xuntanza do 17 de decembro do 1972 encol das verdadeiras armas do antigo reino de Galicia |revista=[[Boletín da Real Academia Galega]] |volume=31 |número=355 |páxina=195 |url=https://academia.gal/boletins-web/paxinas.do?id=2803}}</ref>}}
 
== Uso institucional ==