Diferenzas entre revisións de «Era cuaternaria»

m
Arranxiños
m (Arranxiños)
A '''era cuaternaria''' ou '''Cuaternario''' é unha [[era xeolóxica]] que se estende dende o final do [[Noexeno]], é dicir, hai 2,588&nbsp;± 0,005 millóns de anos ata os nosos días (a IUGS cambiou recentemente o anterior límite de 1,64 millóns de anos).<ref name="ICS2013">{{cite web |last1=Cohen |first1=K.M. |last2=Finney |first2=S.C. |last3=Gibbard |first3=P.L. |last4=Fan |first4=J.-X. |title=International Chronostratigraphic Chart 2013 |url=http://www.stratigraphy.org/icschart/chronostratchart2013-01.pdf |website=stratigraphy.org |publisher=ICS |accessdate=15 June 2014 |ref=ICS2013}}</ref> Coñécese esta era tamén como '''antropozoica''' (iniciada hai 1 millón de anos) por ser nela cando apareceron os [[homínidohomínidos]]s.
 
O Cuaternario divídese en dous períodos, [[Plistoceno]] e [[Holoceno]]. Actualmente négaselle a cualificación de era xeolóxica, preferindo referirse ao cuaternario como un '''[[sistema xeolóxico]]''' (xunto co [[Terciario]]), dentro da [[Cenozoico|era cenozoica]].
 
Climaticamente caracterízase polo enfriamento xeral da [[Terra]], durante as [[glaciación]]s que son o fenómeno climático máis importante deste longo período e nas que o norte de [[Eurasia]] e [[América]] estaban cubertas cunha gran capa de [[xeo]]. Considérase que se produciron catro principais, cos seus consecuentes interperíodos. Estas glaciacións foron denominadas (seguindo a escola clásica que toma como referencia [[Europa central]]) co nome dos afluentes do [[río Danubio]] onde se determinaron as primeiras observacións: [[Glaciación de Günz]], [[glaciación de Mindel]], [[glaciación de Riss]] e [[glaciación de Würm]].
 
Os depósitos continentais e costeiros xunto cos fondos mariños permítennos un coñecemento dos fenómenos que ocorreron, como o desenvolvemento das formacións [[morrena|morrénicas]], fluvioglaciais, [[lago|lacustres]] e [[vento|eólicas]] ([[loess]]) ou a formación dos últimos [[relevo alpino|relevos alpinos]].
107.243

edicións