Colombia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, replaced: <br /> → <br/> (4)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 89:
O estudo dos primeiros poboadores do territorio da actual Colombia dividiuse en tres etapas da época [[América precolombiana|precolombiana]]: o [[paleolítico]] (15&nbsp;000-7000 a.&nbsp;C.), o [[período arcaico andino]] (7000 a 2000 a.&nbsp;C.), e o [[Período formativo de América|período formativo]] 2000 a.&nbsp;C. até o século XVI. Os primeiros seres humanos que chegaron ó territorio da actual Colombia datan de arredor de 10 mil e 15 mil anos. Os [[Caza-recolección|cazadores]] e [[Caza-recolección|recolectores]] [[nómade]]s desta época empregaban aparellos líticos, ferramentas e armas feitas con pedra que datan de 10&nbsp;450 a.&nbsp;C., atopados en [[El Abra]], onde se comprobou que existían habitantes na [[sabana de Bogotá]] en 10&nbsp;500 a.&nbsp;C. No século XV existían tres grandes familias que poboaban Colombia. A [[Pobo caribe|cultura Caribe]] atópase na costa do mar Caribe, a [[pobos arauacos|arauaca]] nos ríos Caquetá, Amazonas e Putumayo, e os [[pobo muisca|muiscas]] na [[Serra Nevada de Santa Marta]] e o clima frío dos [[Altiplano cundiboyacense|altiplanos]] do centro do país. Esta última foi a que tiña máis poboación e un significativo deenvolvemento na agricultura, o uso de [[calendario]], os [[xeróglifo]]s e os rituais relixiosos.<ref name="Primeros pobladores">{{cita web|url=http://web.presidencia.gov.co/asiescolombia/|título=Primeros Pobladores|dataacceso=24 de xullo de 2013|editorial=Presidencia de la República de Colombia|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20140326212208/http://web.presidencia.gov.co/asiescolombia/|data-arquivo=26 de marzo de 2014|urlmorta=si}}</ref><ref name="Colombia indígena">{{cita libro|apelido=Suárez|nome=Carlos Alberto|título=Colombia Andina|editorial=Norma|editor=Clara Inés Quintín M|localización=Colombia|ano=2004|isbn=9580468060|páxinas=3-4}}</ref>
 
O [[cacicado]] foi a organización social que reinou antes da Era Cristiá. Caracterizábase pola súa orde social baseada nunha estratificación da sociedade, as [[tribo]]s agrupábanse de xeito semellante a como o facía o [[señorío]]. Así, o [[cacique]] era o que tiña o máximo poder. Atopáronse evidencias desta época nas que salientan as prácticas funerarias, a evidencia de diversos oficios e símbolos de mando, adornos persoais, templos, estatuas, sistemas de rego e notables avances na agricultura como os [[Andén (agricultura)|socalcos]], entre outros. As culturas [[Cultura San Agustín|San Agustín]], [[Cultura Tumaco-La Tolita|Tumaco]], [[Tierradentro]], [[pobo quimbaya|quimbaya]], [[Pobo zenú|zenú]], [[malagana]], [[Pobo pasto|pastos]], [[quillacingas]], [[Pobo guane|guanes]] e os [[pobo pijao|pijaos]], basearon a súa orde social no cacicado. Moitas destas xa desapareceran ou estaban a esmorecer á chegada dos españois. Culturas máis avanzadas na súa orde social xurdiron despois no [[Formativo Superior|formativo superior]], cuxa organización superou á do cacicado, pois era semellante a federacións de aldeas; os seus maiores representantes foron culturas coma os [[pobo tairona|taironas]] e os [[pobo muisca|muiscas]].<ref name="Primeros pobladores" /><ref name="Colombia indígena" />
 
=== Conquista española ===