Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Eduardo Pazos»

Boas Eduardo. En primeiro lugar, grazas polas túas achegas. Estiven a revisar a ortografía e o formato do artigo de talismán. Creo que neste caso o principal problema é o apartado de "Preparación de talismáns", que non ten fontes e cuxa redacción dá a entender que os talismáns realmente teñen propiedades máxicas. Se che parece, podo reescribir un pouco ese apartado, mais non son un experto no tema e non coñezo fontes para referenciar o que se di, polo que procederei a marcalo tamén. No caso do artigo de selo, deixarei que remates a tradución e despois metereille man tamén se che parece ben. Calquera dúbida só tes que escribirme. Saúdos.--[[Usuario:Breogan2008|Breogan2008]] ([[Conversa usuario:Breogan2008|conversa]]) 28 de abril de 2020 ás 15:57 (UTC)
:Feito, xa fixen a revisión que me pediches do Selo de Salomón.--[[Usuario:Breogan2008|Breogan2008]] ([[Conversa usuario:Breogan2008|conversa]]) 28 de abril de 2020 ás 18:28 (UTC)
 
Moitas grazas. [[Usuario:Eduardo Pazos|Eduardo Pazos]] ([[Conversa usuario:Eduardo Pazos|conversa]]) 28 de abril de 2020 ás 18:29 (UTC)
105

edicións