Wikipedia:A Taberna (propostas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m Arranxiño
Etiqueta: edición de código 2017
Sobreira (conversa | contribucións)
Liña 159:
 
===Breviario de uso do Twitter (versión pra debater)===
#:1 Quen usa a conta: creo que debería ser usada por quen quixese facelo, independentemente de que sexa administradora ou non.
#:2 Quen debe ser depositaria dos contrasinais: creo que unha boa maneira de preservar a seguridade da conta é que o contrasinal sexa custodiado polas burócratas (que pase a ser unha función do seu traballo); que as burócratas manteñan unha lista de usuarias con acceso ao contrasinal, e que o muden cada seis meses.
#:3 Pode chiarse sobre actividades organizadas na Galipedia, para promocionalas.
#:4 Pode chiarse sobre temas de actualidade, para atraer público á Galipedia.
#:5 Pode chiarse sobre os artigos destacados, as imaxes destacadas, as efemérides e demais contidos da portada.
#:6 Non pode chiarse sobre cuestións que condicionen a imparcialidade da Wikipedia. Iso inclúe 'gústames' ou rechíos.
#:7 Poden rechiarse proxectos irmáns.
#:8 Non pode chiarse sobre votacións en curso, nin para chamar a atención do público sobre debates internos, vandalismos ou polémicas.
#:9 Pode chiarse sobre campañas de privacidade ou coñecemento libre que aceptase a comunidade (por exemplo, apagados da Galipedia, campañas de recadación, etc.).
#:10 Poden facerse 'amizades' con entidades culturais, empresariais, políticas ou sociais de Galicia, pero dun xeito imparcial (o máis imparcial que poidamos).
#:11 Poden responderse preguntas simples sobre o funcionamento da Galipedia, pero para cuestións complexas hai que redirixir á Taberna ou á política correspondente.
 
E máis nada. Agardo as vosas contribucións ao debate. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] <small>[[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]]</small> 27 de abril de 2020 ás 19:23 (UTC)
Liña 176:
::Eu creo que non sería preciso que ninguén máis que os que se designe teñan o control do contrasinal, logo cando a comunidade ou algún usuario entenda que é preciso facer un chío tería que indicarllo a eses usuarios, e se se considera axeitado eles publicarían o texto (non teñen que facer censura, se o chío cumpre as normas que se acaban de propor ou as que sexan farían o chío automaticamente, só teñen que validar que o chío cumpre as normas que se diten). É certo que se perde un pouco de "liberdade" de publicación pero auméntase o control tanto dos chíos como a seguridade da conta xa que só 2 ou 3 usuarios terían acceso a ela. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 27 de abril de 2020 ás 19:50 (UTC)
:::Punto un: non estou demasiado de acordo con mantela, pero polo sentido de: por que esta ferramenta e non outra? Porque se "herdou", supoño. Este tipo de canles de comunicación se ben como di Xabier, permiten ser un pouco máis directas, tamén están suxeitos a cambios, modas e tendencias de uso entre a poboación (sectores de idade etc.). Postos a pensar sobre o tema, tamén entraría a posibilidade de escoller aquela ferramenta de comunicación que mellor se axeite ao que buscamos. (Pregunta: que buscamos exactamente?) O do mal menor ou da "herdanza" de entrada non me convenceu, pero estou aberta a que se probe a resucitar a conta, digamos en modo piloto, sempre que se faga seguindo os procesos o máis transparentes e respectuosos co colectivo posibles. Moi atinado o breviario de uso, parabéns polo traballo.Punto dous: Só vexo un problema de argumento: '''volvemos''' ''escoller'' esta ferramenta de comunicación sobre a base de que vai ser máis directa, digamos, pero o certo é que para manter ese dinamismo hai que fiar moi fino que o breviario tampouco sexa un corsé. (Hei reflexionar sobre algún dos puntos máis polo miúdo). A maiores concordo co que vén de expoñer Elisardojm sobre primar a seguridade e a verificación dos criterios de uso de cada publicación. Carga cun pouco máis de traballo ás persoas responsables, pero é de entender que o texto só ten que ser verificado, non creado, e con poñer uns requisitos que faciliten o traballo de publicación abondaría. Quedaría tamén a segunda parte que sería como xestionar cando non se cumpren estes puntos ou como xestionar problemas de seguridade puntuais.--[[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 27 de abril de 2020 ás 20:17 (UTC)
:::Abstéñome. Non uso redes sociais e non sei moito como funciona Twitter, empresa privada (controlan contidos? censuran? pechan contas?). Ten razón a insinuación de MZ: E facebook? E YouTube? E instagram? E pinterest? Está ben para achegarse ás xeracións novas, pero cun ''community manager'' que fale o seu idioma, co cal alguén coma min faría o ridícalo. NPI. Deixaría o 10 tamén baixo decisión da comunidade. (cámbioche # por : para ver os puntos en edición) ※ [[Usuario:Sobreira|Sobreira]] ►〓 [[Conversa usuario:Sobreira|「''parlez'' 」]] 28 de abril de 2020 ás 02:18 (UTC)