Kim Ki-duk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 6:
 
== Traxectoria ==
Kim naceu en Bonghwa, na provincia de [[Gyengsang do Norte]], no senoseo dunha familia rural. Trasladados a [[Seúl]] cando tiña 9 anos, educouse para traballar na [[agricultura]], pero abandonou a súa formación para traballar como obreiro fabril ós 17 anos. Alistouse na infantería de mariña do exército surcoreano con 20 anos, e prestou servizo como suboficial ata os 25. Despois dedicouse á [[pintura]] —unha afección que tiña desde cativo—, gañándose a vida como acólito nun templo [[budismo|budista]].
 
Foi en París onde acudiu por primeira vez ó cine. Entre as primeiras películas que viu estaban ''[[The Silence of the Lambs]]'', de [[Jonathan Demme]], e ''[[Les Amants du Pont-Neuf]]'', de [[Leos Carax]], que lle causaron unha grande impresión. De regreso ó seu país, a súa recentemente descuberta afección levouno a presentarse a varios concursos de guións. En 1993 obtivo o premio maior do Instituto Nacional do Guión de Corea do Sur por ''Un pintor e un criminal condenado a morte''. En 1994 logrou a terceira praza do concurso organizado polo Consello Coreano de Cine (KOFIC) con ''Dobre exposición'', e ó ano seguinte o premio maior do KOFIC por ''Cruzamento imprudente''. Aínda que ningún destes guións se chegou a rodar, o seu éxito permitiulle obter un contrato con Joyoung Films para rodar ''Ag-o'' (악어), a brutal historia dun grupo de persoas sen fogar que viven baixo unha ponte sobrevivindo a forza de astucia e violencia. ''Ag-o'' anticipou a conxunción de fotografía delicada e trama brutal que caracterizaría á obra subseguinte de Kim. Obtivo pouco éxito coa prensa local, pero conseguiu unha praza no [[Festival Internacional de Cine de Pusan]], onde se proxectou na sección ''Panorama Coreano''.