Kim Ki-duk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 5:
Autor dunha ducia de obras ás veces altamente experimentais, é distintivo o ritmo pausado do seu cine, o forte contido visual moitas veces cruento, o parsimonioso uso do diálogo e o énfase en elementos criminais ou marxinais da sociedade. Isto último reflicte a posición de Kim dentro da sociedade surcoreana en xeral, e o ámbito fílmico en particular.
 
== BiografíaTraxectoria ==
Kim naceu en Bonghwa, na provincia de [[Gyengsang do Norte]], no seno dunha familia rural. Trasladados a [[Seúl]] cando tiña 9 anos, educouse para traballar na [[agricultura]], pero abandonou a súa formación para traballar como obreiro fabril ós 17 anos. Alistouse na infantería de mariña do exército surcoreano con 20 anos, e prestou servizo como suboficial ata os 25. Despois dedicouse á [[pintura]] —unha afección que tiña desde cativo—, gañándose a vida como acólito nun templo [[budismo|budista]].
 
Foi en París onde acudiu por primeira vez ó cine. Entre as primeiras películas que viu estaban ''[[The Silence of the Lambs]]'', de [[Jonathan Demme]], e ''[[Les Amants du Pont-Neuf]]'', de [[Leos Carax]], que lle causaron unha grande impresión. De regreso ó seu país, a súa recentemente descuberta afección levouno a presentarse a varios concursos de guións. En 1993 obtivo o premio maior do Instituto Nacional do Guión de Corea do Sur por ''Un pintor e un criminal condenado a morte''. En 1994 logrou a terceira praza do concurso organizado polo Consello Coreano de Cine (KOFIC) con ''Dobre exposición'', e ó ano seguinte o premio maior do KOFIC por ''Cruzamento imprudente''. Aínda que ningún destes guións se chegou a rodar, o seu éxito permitiulle obter un contrato con Joyoung Films para rodar ''Ag-o'' (악어), a brutal historia dun grupo de persoas sen fogar que viven baixo unha ponte sobrevivindo a forza de astucia e violencia. ''Ag-o'' anticipou a conxunción de fotografía delicada e trama brutal que caracterizaría á obra subseguinte de Kim. Obtivo pouco éxito coa prensa local, pero conseguiu unha praza no [[Festival Internacional de Cine de Pusan]], onde se proxectou na sección ''Panorama Coreano''.
 
O festival de Pusan foi un dos principais puntos de exhibición de Kim nos anos seguintes. O seu primeiro guión transformouse en ''Yasaeng dongmul bohoguyeog'' (야생동물 보호구역), rodada en 1996 nas rúas de París, que se exhibiu no Festival Internacional de Vancouver. En 1998 ''Paran daemun'' (파란대문) elaborouse sobre outro guión premiado por KOFIC e tivo máis exposición internacional, proxectándose na [[Berlinale]] e no [[Festival de CineCinema de Karlovy Vary]]; un cambio rotundo no estilo fílmico do autor, un híbrido entre melodrama adolescente e denuncia social, ambientado nunha pequena cidade portuaria onde unha moza prostituta é o único sustento da familia que mantén o pequeno hostal onde leva ós seus clientes. A relación agridoce entre a filla da familia empobrecida e a prostituta é un dos puntos centrais do filme, evocado logo noutras obras do autor.
 
No 2000 rodou dúas películas: a moi experimental ''Siljae Sanghwang'' (실제상황), rodada en apenas 200 minutos e montada en tempo real, acerca dun artista da rúa, a súa ex-moza, e outros personaxes que atravesan a praza na que este ofrece as súas obras durante a hora longa que dura a película. Tamén rodou a obra que lle representaría o salto á fama crítica internacional: ''Seom'' (섬). Unha amorosa narración da relación entre un fuxitivo da lei e a propietaria dun centro de pesca, na que os inquilinos habitan tendas flotantes no lago. ''Seom'' fíxose notoria entre outras cousas pola crueza dalgunhas escenas, que levaron ó desmaio dun crítico na súa ''premiere'' no [[Festival Internacional de Cine de Venecia]]. A presenza dunha prostituta, unha figura recorrente na filmografía de Kim, atraeu a ira do público coreano, e a violencia dalgunhas escenas provocou reaccións de desagrado, pero a obra estableceu firmemente ó seu autor como unha presenza significativa, proxectándose nunha ducia de festivais en todo o mundo. ''Suchwiin bulmyeong'' (수취인불명) abriu o festival de Venecia ó ano seguinte, e '' Nabbeun namja'' (나쁜 남자) —unha nova incursión no mundo da prostitución forzada e a violencia como vínculo amoroso— foi o seu primeiro éxito de público, entre outras razóns mercede á presenza de [[Jo Jae-hyeon]] no papel principal.