Hospital Real de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 129:
 
== O Hospital no cinema ==
O vello Hospital Real, nos anos 50 do século XX, foi apresuradamente desaloxado, para transformalo no que se converteu desde entón, un hotel de luxo: o Hostal dos Reis Católicos. A arbitraria decisión das autoridades franquistas deixou na rúa enfermos, peregrinos perpetuos e pobres. Esta situación recréase no filme ''[[Doentes (filme)|Doentes]]'', película de [[Gustavo Balza]] que, tras ser presentada no [[Festival de Málaga]], foi seleccionada para participar na 33ª edición do [[Festival Internacional de CineCinema de Moscova]], na sección 'Focus on Spain'.
 
[[Xosé Manuel Olveira]] 'Pico' e [[Antonio Durán]] 'Morris', dous dos actores galegos máis populares, protagonizan este filme, baseado nun texto do dramaturgo [[Roberto Vidal Bolaño]], encarnando, respectivamente, a don Valeriano, vello cura, experto en vivir do conto, aqueixado de feridas de guerra invisíbeis, e a Cañete, tísico e compañeiro accidental do vagabundeo do primeiro. A busca dun teito baixo o que durmir e dunha ración de sopa acaba transformándose, para ambos os dous, nunha loita pola supervivencia nunha cidade na que os asedian os falanxistas.<ref>