Escudo de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
One2 (conversa | contribucións)
One2 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 621:
| pé = Escudos nos selos da Xunta Suprema do reino de Galicia, 1808.
}}
Precisamente neste século produciuse en Galicia a introdución serodia do campo sementado de cruces. Isto poderíase explicar talvez por mor da influencia das xa vistas obras peninsulares que imitaban as pautas francesas, ou tamén debido á perda de importancia das sete provincias, primeiramente, por causa da creación da intendencia única galega en [[1785]] e, posteriormente, por causa do estabelecemento das catro provincias após a [[división territorial de España en 1833]] que abolía o antigo reino de Galicia.{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|ppp=57}} Por outra banda, o emprego de cruces en número de seis tornouse durante un tempo máis habitual.{{Sfn|{{Versaleta|Pardo de Guevara}}|2007|p=61}} Canto á súa cor, non é posible determinar se foi máis frecuente o ouro ou a prata.{{Sfn|{{Versaleta|Bugallal y Vela}}|1981|p=36}}
 
[[Ficheiro:Escudo de Galicia - Reino de Galicia 1808.jpg|miniatura|upright=0.7|esquerda|Escudo no estan­darte do Rexemento de Alarma do reino de Galicia, 1808.]]