Lingua materna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
En Bélxica o bilingüísmo fóra de Bruxelas non é nada común.
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
problemas terminolóxicos da wikipedia en italiano, co engadido de referencias.
Liña 5:
 
O [[Día Internacional da Lingua Materna]] conmemórase internacionalmene o [[21 de febreiro]].
 
== Problemas terminolóxicos ==
A terminoloxía que se emprega para designar a lingua nativa presenta varios problemas e está suxeita a riscos de ambigüidade e incomprensión.
 
"Primeira lingua" (ou "L1") non é necesariamente a lingua que se aprende primeiro nin a lingua que mellor domina o falante, de feito un falante pode chegar á perda lingüística, total ou parcial, dunha lingua adquirida na infancia<ref>[Maria João Freitas e Ana Lúcia Santos (2017) ''Aquisição de língua materna e não materna: Questões gerais e dados do português''. Berlín: Language Science Press, p. 299]</ref>. Ademais, as linguas nativas poden ser máis que unha e adquirirse en períodos diferentes. '' Primeira lingua '' ou '' L1 '' oponse a [[Aprendizaxe de segunda lingua | '' segunda lingua '' ou '' L2 '']]<ref>Ignacio M. Palacios Martínez (2013) ''Dicionario de ensino e aprendizaxe de linguas''. Universidade de Santiago de Compostela, p. 32</ref>, unha expresión que designa cada unha das linguas que se aprenden despois da [[puberdade]], cando a capacidade para a adquisición lingüística espontánea é bastante menor que na infancia.
 
A expresión "lingua nativa" non se refire ó nacemento do falante, nin nun sentido xenético nin nun sentido xeográfico ou temporal. De feito, a lingua nativa dunha persoa non é necesariamente a mesma que os seus pais nin a lingua dominante da rexión de nacemento, como é o caso das adopcións internacionais; nin está intimamente ligada ó momento do nacemento, xa que a adquisición só comeza nos meses seguintes.
 
O termo "lingua materna" non deben suxerir que a nai do neno necesariamente teña un papel privilexiado na adquisición, aínda que si sexa frecuente. Así en certas sociedades patriarcais, onde a muller se traslada á casa do marido e pode ocorrer que teña un idioma propio diferente da lingua local falada pola familia do cónxuxe, que normalmente vai ser a única ou a principal lingua nativa fillos, aínda que algúns tamén aprenden a da nai.
 
== Importancia ==