Jorge Amado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Achegas da tradución da versión en españolː https://es.wikipedia.org/wiki/Jorge_Amado
Sen resumo de edición
Liña 15:
}}
 
'''Jorge Leal Amado de Faria''', coñecido como '''Jorge Amado''', nado en [[Itabuna]] ([[Baía, Brasil|Baía]]) o [[10 de agosto]] de [[1912]] e finado en [[Salvador, Brasil|Salvador]] o [[6 de agosto]] de [[2001]], foi un escritor [[brasil]]eiro.<ref>{{Cita web|título=Amado, Jorge|url=https://www.escritores.org/biografias/140-jorge-amado|páxina-web=www.escritores.org|data-acceso=2020-04-25|lingua=es-es|apelidos=Escritores.org}}</ref>
 
== Traxectoria ==
Naceu na Facenda Auricídia<ref>{{Cita web|título=Historia y biografía de Jorge Amado|url=https://historia-biografia.com/jorge-amado/|páxina-web=Historia y biografía de|data=2018-06-20|data-acceso=2020-04-25|lingua=es}}</ref>, na cidade de [[Itabuna]], situada ao sur do estado de [[Baía, Brasil|Baía]]. Fillo do dono da facenda, cando tiña 1 ano de idade, a súa familia estableceuse na cidade de [[Ilhéus]], litoral de Bahia, onde Jorge pasou a súa infancia. Fixo os estudos secundarios na cidade de [[Salvador, Brasil|Salvador]], capital do Estado. Neste período, comezou a traballar en xornais e a participar da vida literaria, sendo un dos fundadores da chamada ''Academia dos Rebeldes''.
 
Jorge publicou a súa primeira novela, chamada ''O País do Carnaval'' en [[1931]], cando tiña 18 anos. Casou con Matilde Garcia Rosa dous anos despois, e con ela tivo unha filla, Lila, que naceu en 1933. Neste ano, publicou a súa segunda novela, ''Cacau''.
 
Graduouse na Facultade Nacional de Dereito<ref>{{Cita web|título=Biografia de Jorge Amado|url=https://www.biografiasyvidas.com/biografia/a/amado.htm|páxina-web=www.biografiasyvidas.com|data-acceso=2020-04-25}}</ref> (en portugués, ''Faculdade Nacional de Direito'') na cidade do [[Río de Xaneiro]] en 1935. Militante [[comunismo|comunista]], foi obrigado a exiliarse na [[Arxentina]] e [[Uruguai]] entre os anos 1941 e 1942, período en que fixo unha viaxe por [[América Latina]]. Ao regresar a Brasil, separouse de Matilde Garcia Rosa.
 
No ano 1945, foi elixido membro da Asemblea Nacional Constituínte, polo Partido Comunista Brasileiro (PCB), sendo o deputado máis votado do [[estado de São Paulo]]. Como deputado, foi o autor da lei que asegura a liberdade de culto relixioso. En leste mesmo ano, cásase coa tamén escritora [[Zélia Gattai]].
Liña 37:
 
O 4 de decembro de 2014, recibiu (post mortem) da Asemblea Lexislativa de Bahia a dignidade de [[Cidadán Benemérito da Liberdade e da Xustiza Social João Mangabeira]], debido á súa traxectoria en defensa dos intereses sociais, o máis alto honor do Estado.<ref>{{cite web|URL=http://www.al.ba.gov.br/noticias/Noticia.php?id=18084|título=Jorge Amado é homenageado com a mais importante honraria da AL|autor=Institucional|data=|publicación=ALBa|data-acceso=05/12/2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160303195132/http://www.al.ba.gov.br/noticias/Noticia.php?id=18084|dataarquivo=03/03/2016|urlmorta=si}}</ref> <ref>{{Cita web |url=http://www.al.ba.gov.br/assembleia/Titulos-Lista.php?id=3 |título=Cidadáns Galardoados |data-acceso=12 de marzo de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141014213534/http://www.al.ba.gov.br/assembleia/Titulos-Lista.php?id=3 |dataarquivo=14 de outubro de 2014 |urlmorta=si }}</ref>
 
En 2012 Cultura e Educación homenaxeou o 12 de maio ao escritor Jorge Amado na segunda sesión do ciclo ‘Galicia, Ceo das letras’.<ref>{{Cita web|título=Cultura e Educación homenaxea o 12 de maio ao escritor Jorge Amado na segunda sesión do ciclo ‘Galicia, Ceo das letras’ Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional|url=http://www.edu.xunta.gal/portal/node/4701|páxina-web=www.edu.xunta.gal|data-acceso=2020-04-25}}</ref>
 
== Crenzas e estilo literario ==
Liña 98 ⟶ 100:
 
=== Literatura infantil ===
* ''O gato gaiado e a andoriña señá'', [[1976]]. En galegoː O ''Gato gaiado e a andoriña señá'' (1986). Xerais. Trad. de [[Xela Arias]].
* ''A bola e o goleiro'', [[1984]].