Décimo Xunio Bruto Galaico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Liña 4:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Bellum-Asturicum-Cantabricum.png|miniatura|360px|Operacions militares romanas no noroeste peninsular. A cor lila sinala a campaña de Décimo Xunio Bruto no ano 137 a. C.]]
Bruto, cónsul no ano B[[-138|138 a. C.]], dirixiu a campaña para estabilizar e castigar as tribos rebeldes do territorio ao norte do [[río Texo]] logo da morte de [[Viriato]]. Estableceu o seu cuartel nunha illa, identificada coa de [[Almourol]], nas beiras do Texo, e fortificou Olisippo ([[Lisboa]]). No seu avance cara ao norte tivo que facer fronte a numerosos enfrontamentos coas poboacións locais. Fundou Valentia cos superviventes do exército de Viriato e estableceu unha posición fortificada en [[Viseu, Portugal|Viseu]].
 
Xa como procónsul, no ano [[-137|137 a. C.]] cruzou o [[río Douro]] e entrou no territorio dos ''[[callaeci]]'' ou galaicos, arredor da actual O [[Porto, Portugal|Porto]], pero que deron nome a todos os pobos localizados máis ao norte, e chegou ao [[río Limia]] (Lethes). Ante a negativa dos seus soldados a cruzalo polo temor a perderen a memoria, Bruto cruzouno primeiro, e os seus soldados seguírono ao veren que chamaba por eles, e segundo conta [[Estrabón]] chegou ao [[río Miño]].